Bico de Leite somos mulleres, somos nais, e tamén somos nenas e nenos, pais, avós e avoas, amigas e amigos...
Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, algunhas respostas, pero tamén alguns interrogantes... para seguir aprendendo.
Bico de Leite é unha parte, un nó dentro dunha rede global, dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, algo que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo mais sobre o que iso significa, para as nenas e nenos, para ás nais, para as familias, e para toda a sociedade.
Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren, onde o sistema sanitaro e o entorno social e familiar están para axudar, para aplaudir e para alentar, e non para xulgar, prexuzgar e poñer trabas.
Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...
O noso nome
Bico de leite é un xogo de palabras que expresa o sentido profundo do acto de aleitar...
Por unha banda está o significado de bico na expresión "bico do peito", facendo referencia á mamila, como reflexo do aspecto fisiolóxico da lactancia, a lactancia como proceso nutritivo...
E por outra está o sentido de bico coa súa acepción habitual, coma aloumiño, recollendo o aspecto emocional do feito de aleitar, o vínculo de contacto íntimo, ese bico físico que nai e fillo intercambian con todo o seu ser e que convirte a lactancia materna en moito máis ca un proceso nutritivo.
Algunhas de nós
Susana
Vanessa
Mari
Arantxa
Raquel
Catuxa
Rosana
Patricia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola a todas, estiven pensando que na carpeta de libros recomendados podemos abrir unha sección de libros infantís e meter "Eu tamén son fonte", por exemplo, que vos parece?
ResponderEliminarrosana
por certo entrei como anónima porque non dei doutra maneira...Raquel please ....:O)
ResponderEliminarEncontreivos hoxe de casualidade lendo algun post nun foro de crianza, non sabia deste blog.
ResponderEliminarSon unha nai de 30 anos que teño tres fillas, a primeira xa ten 7 anos e tívena con 23 anos, ninguén me dixo daquela que podía dar teta e daquela apenas vias a ninguen facelo...pero saiu de mín querer darlle o peito.
Dinlle durante 6 meses xustos, ela non quixo chupar máis...daquela foime dificil, pois ninguen me explicou nada e na residencia nin me dixeron como tiña que facer, tiven que idear eu como facelo e lendo do pouco que encontrei nas revistas e libros.
A segunda filla ten agora 2 anos e toumou teta ata os seis meses e medio, empezei a traballar cando ela tiña catro meses, votei man do mail voso e explicástesme moi ben como tiña que sacar o leite e como logo ir dándollo a ela, pero foise acabando o non ter a demanda suficiente. Ós quince días de deixalo quedei embarazada e naceu a terceira nena fai agora oito meses e medio, tomou teta ata fai uns quince días, esta foi a demanda pois non vou a traballar, agora son unha ama de casa encargada de criar a tres fillas, pero tivemos que ingresar por unha luxacion de cadera quince días no hospital e alí non podía darlle peito pola mala postura na que tiña que estar, así que saqueime o leite pero acabouse e para ela non era suficiente.
Con todo esto quero apoiarvos en todo o que facedes e animar a que as mulleres den o peito todo o tempo que poidan.
Gracias e saudos a todas
hola, tengo una niña de 18 meses y aun le doy el pecho, me acabo de enterar de que estoy embarazada de nuevo, y me han asaltado las dudas, puedo seguir dandole el pecho a mi niña? se puede dar el pecho a las dos al mismo tiempo? gracias de antemano.
ResponderEliminarOla, noraboa pola vosa lactancia e agora por este novo embarazo! Non hai problema en que lle sigas dando peito á túa nena todo o tempo que queiras se non queres destetala, por suposto que se lles pode dar peito ós dous ó mesmo tempo, no grupo fomos varias as mamás que o fixemos, chámase tándem, podes ler algo máis aquí http://bicodeleite.blogspot.com/2010/03/reunion-tematica-de-marzo-fertilidade.html
ResponderEliminarPor que non te pasas por unha reunión e así podemos falar en persoa? Este venres estaremos de 17 a 19 e ademáis teremos unha pequena charla inicial.
Un bico