viernes, 20 de febrero de 2009

Reunión temática de febreiro

O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar no local da rúa García Portela 11, baixo, de 17 a 19 horas a reunión temática deste mes que tratará o tema da volta ó traballo e a extracción do leite.

Haberá unha pequena charla inicial con información sobre este tema e despois poderemos conversar das nosas experiencias sobre este ou outros temas, así como plantexar dúbidas que teñamos sobre calquera aspecto da lactancia.

Este ano editouse un Manual de extracción, conservación e utilización do leite materno por parte de FEDEGALMA coa colaboración da Consellería de Sanidade e co apoio da Iniciativa Hospital Amigo de los Niños, UNICEF, o Comité de Lactancia Materna da Asociación Española de Pediatría e a Asociación Galega de Matronas.
Podedes atopalo en pdf aquí na sección difúndeo da coluna dereita e máis na sección de recursos da páxina web de FEDEGALMA, e ademáis en edición impresa no voso grupo de apoio máis próximo en Galicia.

Agardámosvos o venres cos vosos meniños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario