Para calquera consulta podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico no enderezo: bicodeleite@yahoo.es
E tamén nos teléfonos de consultoría:
En Lugo:
Esther 629 83 60 08 (so tardes)
Belén 620 74 77 33
Laura López 646 53 63 05
Na Mariña:
Montse 649 75 59 81
Laura 635 97 91 88
Na Mariña:
Montse 649 75 59 81
Laura 635 97 91 88
Ola, para as consultas é mellor que escribas ó enderezo de correo electrónico.
ResponderEliminarDe calquera xeito xa che digo que respecto a esa tema podes estar tranquila que o teu bebé seguirá ben alimentado so co teu leite aínda que che veña a regra.
Moitas grazas por nos visitar.
Teño un neno de 1 mes e medio que ó tumbalo despois de darlle a toma e facelo eructar, empeza a moverse incómodo e vomita. A pediatra dixo que o deixaramos unaha medio hora en vertical antes de deitalo paro ainda así esto tampouco nos funciona ben, non sei si é porque de noite igual non pasa ese tempo ou porque vomita por outra causa.
ResponderEliminarAgradecería que me comentárades que `podemos facer, xa que, o neno está francamente incómodo.
Gracias,
María
Ola María, eu son Raquel, por desgracia o refluxo é bastante común nos bebés e si que están incómodos.
ResponderEliminarConsellos de mamás: darlle de mamar en posicións verticais (ó cabaliño sobre unha perna, na posición clásica pero co corpo máis vertical, sobre as pernas da mamá...), non movelos moito, se despois de mamar está tranquilo non intentar quitarlle gases (nin a estes nin a outros bebés de peito), telos no coliño todo o tempo que se poida é o que mellor resultado dá: usar portabebés ergonómicos (fular, bandoleira,...) en posicións verticais de raniña, ter a superficie sobre a que estean deitados lixeiramente inclinada na zona alta do corpo (calzar o colchón ou a cama, se usades hamaquiña non poñela en horizontal...)
Moitas veces estes bebés fan tomas curtas e moi frecuentes, tratar de non insistirlles porque canto máis cheo teñen o estómago máis refluxo lles produce.
O certo é que non hai solucións máxicas, pero algunha cousiña se pode intentar, e saber que cando madure o seu sistema dixestivo este problemiña se soluciona. Moito ánimo papá e mamá!
Normalmente as consultas respostámolas por correo electrónico bicodeleite@yahoo.es
O mes que vén faremos unha mostra de portabebés por se vos interesa, nós non os vendemos, é só para dalos a coñecer porque nos parecen moi útiles, porémolo no blogue por se estades interesados.
Pasade algún día polas reunións, veredes como hai máis bebés con esta molestia e as súas mamás pódenvos dar algunha idea máis.
Un biquiño e contádenos como vai, vale?
Raquel
Moitas grazas pola resposta, imos aplicar os vosos consellos e xa vos contamos por mail.
ResponderEliminarBicos
Hola!, tengo una niña de 4 meses y 1 semana y estoy un poco desesperada porque lleva cerca de un mes que en algunas tomas (sobre todo a partir del mediodía y hasta la que hace antes de acostarla) que llora mucho al poco tiempo de ponerla al pecho,la cambio de pecho ,mama 2 minutos y vuelve a llorar.Con la deseperación he probado a darle algún biberón y estos sí los quiere.Me da la sensación de que cada vez rechaza el pecho más pronto y no se qué hacer.Agradecería mucho vuestro consejo experto.Muchas gracias.
ResponderEliminarOla! Eu son Raquel, non sei como vos chamades :)
ResponderEliminarO que contas pode ser por varias razóns, hai nenos que teñen intolerancia á proteína do leite de vaca, se é moi forte ó caerlles o leite no estómago dóelles e quéixanse. E ti dirásme, pero é o meu leite, non de vaca, pois é que as proteínas do leite de vaca pasan ó leite, e os nenos que teñen unha intolerancia moi alta aféctalles. Paréceme raro que sexa isto xa que dis que cos biberóns de leite artificial (que é leite de vaca) non lle pasa. De todas maneiras a forma de comprobalo é retirar unha semana polo menos todos os lácteos da túa dieta (mirando todas as etiquetas dos produtos, sorprenderíaste ó saber todo o que leva leite de vaca), se pasados estes días mellora, habería que comprobar que realmente foi isto e non casualidade, así que a maneira sería que volveras tomar lácteos, se se pon roncha outra vez, era iso.
Outra cousa que podería pasar sería que tiveras un reflexo de eyección moi forte, que o leite lle saíra a chorro demasiado forte, pero isto pasa normalmente dende as primeiras semanas, se dis que hai un mes que che pasa non é probable que sexa isto.
O máis probable no teu caso é o que chamamos "a crise dos tres meses". Ós tres meses pasan un conxunto de cousas na lactancia: por un lado a forma de funcionar a produción de leite cambia: ata agora o leite producíase seguido, a todas horas, mamara o bebé ou non os peitos íanse enchendo, a partir aproximadamente dos 3 meses o peito se fai máis eficaz e produce leite no momento xusto en que mama o bebé. Ata agora cando puñas ó bebé ó peito o leite estaba aí, o único que tiña que facer era sacala, aínda que ó mesmo tempo se ía producindo máis, agora o bebé ten que chupar arredor de un ou dous minutos ata que empeza a sair leite, é el o que lle di ó peito que se poña a funcionar, pero claro, ata agora o leite estaba aí agardando, e chegar e que non saia á primeira os enfada. Por iso case todos os bebés, uns máis e outros menos, pasan por unha época na que pelexan coa teta, enfádanse ata que comeza a saír o leite, estiran o pezón botando a cabeza cara atrás, sóltanse e engánchanse repetidas veces,... pero pásalles. Normalmente dúralles un par de semanas (a uns bebés máis e a outros menos) ata que se afán á nova situación e se dan conta de que a partir de agora van ter que chupar un rato antes de que o leite saia con forza. Por desgracia se xunta con outras dúas situacións que fai que moitas veces as nais comecen un destete sen querer: os peitos están máis blandos debido a este cambio no momento de producirse o leite e os bebés aumentan o seu tamaño e teñen que aumentar a frecuencia das tomas para que o corpo produza máis leite. Por desgracia moitas veces isto se malinterpreta: "teño os peitos brandos, o bebé chupa e se enfada porque non sae leite, e me pide cada pouco, así que debe ser que non teño leite", e non é así, simplemente é un reaxuste para todos que leva un tempo, ofrecéndolle cando pida, e deixando pasar un tempo para que o bebé asimile a nova situación todo volve á normalidade.
Cres que pode ser este o voso caso?
Normalmente as dúbidas as respondemos por correo, por que non nos escribes alí e nos contas como vos vai? Ou se queres xa sabes que podes pasar polas reunións dos venres, o segundo e último de mes pola tarde de 17 a 19 e o resto polas mañás, no mesmo local da Rúa garcía Portela 11, baixo.
Un biquiño e non deixes de contarnos como vos vai.
raquel
hola,tengo una niña de 6 meses y estoi dandole pecho pero tengo que dejarla un dia con mi familia y no consigo sacarme mucha leche.podria darle artificial sin tener que dejar la lactandia luego.agradeceria vuestro consejo.
ResponderEliminarPerdoa que non respostaramos, é mellor que as consultas as realicedes no noso enderezo de correo electrónico bicodeleite@yahoo.es
ResponderEliminarSinto non chegar a tempo.
Hola, soy Elimar, mamá de Gabriel y Santiago. El viernes pasado quise visitaros, pero estuve mala y no pude ir al final. Quería compartiros que estoy de 20 semanas esperando mi tercer bebé :-O (!!!). En fin, a ver que me contais las que habeis amamantado in tandem. Este viernes 15 toca en la mañana, verdad?. Un abrazo!.
ResponderEliminarHola, me gustaria que me dieseis vuestra opinion a cerca de lo que me pasa que es lo siguiente: Tengo una niña de 2 añitos que fue amamantada, solamente y muy a mi pesar, durante cuatro meses,no me pinche para dejar de prodicir leche por que la niña no mamaba y na fue necesario y hasta ahora todo bien pero llevo semanas notando que mojo el camison, y si aprieto un poquito, sale como calostro es posible que todavia produzca leche o calostro? estoy intrigadisima muchas gracias de antemano.
ResponderEliminarHola. Me gustaría saber que puedo hacer porque mi niña nació el 30 de noviembre con 4.070 grs. y ya en el hospital me dijeron que era muy glotona y que por eso lloraba tanto, porque no le llegaba mi leche con lo cual le empecé a dar el biberón después de el pecho y se lo tomaba entero. La cuestión esque se acostumbró a tomar biberón y el pediatra me dijo que si quería que tomase leche materna que le retirase el biberón por completo y eso hice el martes 20 de dic. pero lleva una semana de perros, apenas duerme y aunque yo la pongo a mamar continuamente, tiene un hambre canina, desde el martes le he tenido que dar 3 veces un biberón para conseguir que durmiera unas horas cada día. Yo quiero que se alimente de pecho pero no se como hacerlo porque mama un par de minutos y luego lo usa como un chupete, sólo traga una vez cada vez que me estrujo el pecho.
ResponderEliminarAgradecería que me pudieseis aconsejar cómo lograr que coma de lo que yo le doy porque "creo" que hoy por hoy si que tengo leche sufiente despues de tanta estimulación... ejejej..
Por cierto, esos dos minutos que mama no son siempre que la pongo.
Un saludo y muchas gracias.
Ana
Ola Ana, noraboa polo teu bebé e grazas por contar connosco. PAra outras ocasións se o necesitas é mellor que nos escribas ó noso enderezo de correo electrónico bicodeleite@yahoo.es que é onde adoitamos respostar as vosas dúbidas.
ResponderEliminarSemella que a túa bebé non é pequeniña, e ademáis xa ten un mes polo que non parece que teña un problema co tamaño da boquiña ou que se canse como ás vees lles pasa ós bebés máis pequeniños. Pode ser que non teña nada ou pode que teña algunha dificultade na boquiña para mamar que faga que estea moito máis tempo na teta, estaría ben poder vela e ver como mama. No voso caso eu creo que o máis probable é que despois dun mes tomando biberón despois de tomas as tomas afíxose a que despois de tomar teta tocase tomar biberón onde o leite ten un fluxo moito máis rápido, e ademáis a produción do peito non era a máxima que el necesitaba posto que parte do leite que tomaba ó día non o estabas producindo ti. Nestes casos, cando se dan moitos suplementos, para retiralos recomendamos ilos retirando pouco a pouco, para que non noten tanto o cambio nin el nin o teu corpo, xa que o que pasa se retiras todos os suplementos de golpe é que o día que non llos deas o teu corpo terá que producir todo ese leite a maiores de repente, e como o fai? Como sabe o teu corpo que ten que producir ma´si leite? Pois porque o bebé estará contínuamente pedindo teta, canto máis se estimula o peito máis leite se produce. Posiblemente ese sexa a razón de que durante esta semana se pasara o día mamando continuamente, pero estaría ben que vos visemos para comprobalo. Se vives en Lugo temos reunión este venres de 17 a 19 no local do centro Lug II, na esquina das rúas ARmando Durán e Pintor Corredoira.
Polo tamaño do teu bebé non debería ser un problema, pensa que o peso co que naceu é un peso normal en moitos bebés dun mes ou dous meses e seguen tomando teta de maneira exclusiva, así que os bebés grandes poden alimentarse só co peito perfectamente, polo que no hospital deberon indicarte que o teu bebé ó ser grande necesitaba mamar máis os primeiros días, ou ben puideron comprobar que non tiña dificultade para mamar, pero non recomendarche darlle leite artificial por ser grande ou "glotona" sen máis.
En canto ó que contas de que só mama un par de minutos e logo segue estimulando sen tragar... pois o primeiro mes a sensación normal de todas as nais é que non dá tempo a nada, que están seguido na teta, cando acaban de mamar volven comezar de novo e casa nunca se soltan, pensa que é algo que fan ó mellor 10 veces ó día e que lles leva tempo cando son pequeniños... a partir do mes a cousa cambia un pouco e como son máis grandes e máis rápidos mamando pode ser que en 10 minutos mamen, se non quedaron cheos poden facer dúas cousas, ou ben quedar na teta succionando como ti dis durante vinte minutos ata que se produza outra subida e volva sairlles leite a chorro ou ben soltar a teta e volver pedir ó pouco tempo, cando sexa, á media hora, á hora,... canto máis mame máis rápido aumentará a produción. O que fas de "estrujar" o peito é unha forma de suplementar co peito, apretas a teta preto do corpo e o bebé traga, cando deixa de tragasr soltas e volves apretar de novo e el volve mamar outra vez. TEn en conta tamén que os bebés pasan cada vez menos tempo espertos, pero en canlquera caso todo o que nos dis é moi subxectivo, difícil de cuantificar, ou de valorar, así que o que estaría ben é vela a ela mamando para ver que non teña problema e para darche máis confianza en que ti podes alimentala só co teu corpo :)
Nos bebés pequeniños, ata as 4 semanas, para saber se maman abondo recoméndase mirar o número de pises, 6, e cacas, 4, que fan ó día, pero a túa nena está xa no límite, o outro valor que nos di se stán mamando o que necesitan ou non é o peso, se gañan peso dentro do normal non hai que preocuparse. Os aumentos de peso aproximados son
0-6 semanas: 20 g/día
menos de 4 meses: 100-200 g/semana
4-6 meses: 80-150 g/semana
6-12 meses: 40-80 g/semana
DIgo aproximados porque pode ser que unha semana gañen algo menos e a seguinte algo máis, non é algo exacto, pero debe ser orientativo, un bebé que ten algún problema gañará menos peso.
ResponderEliminarE outra cousa importante a ter en conta é que os bebés teñen crises de crecemento, ou estiróns, varios ata os seis meses, o máis importante é os 3 meses, pero hai outros que antes que pidan seguido durante uns días, coma se nunca tivesen abondo, e tamén é normal, se cadra se vos xuntou un pouco todo.
Se cres que non mama ben podes probar a darlle noutras posturas, adoitan ir ben a de rugby, co bebéco corpo pasando por debaixo do teu brazo do mesmo lado da teta e sobre todo a de cabaliño, co bebé sentado sobre unha das pernas da nai, incorporado e mamando en vertical da teta.
Bueno, Ana, agardo que vaia todo ben, pásate por algunha reunión se podes, e se non segue a contarnos como vos vai por correo.
Un bico de leite.
Raquel
Hola escribo aqui porque mandei e-mail ó enderezo electrónicocon unha consulta de abandono de lactancia por recomendación facultativa e non me respondeu ninguén. Solucioneino consultando a unha experta ex biqueira, Patricia Lopez na lista de ElPartoEsNuestro, gracias de todas formas pero para a próxima vez gostaríame saber a ónde envialo.
ResponderEliminarBoeno xa sei que podería chamar pero era finde e fíxome algo vergoñento molestar a sábado pola noite.
Cristina, son Susana, responsable do correo de Bico dende hai 6 meses e asegúroche que non recibimos o teu mail.unha aperta.
EliminarPode ser que falle o correo, eu fixen unha consulta a semana pasada e tampouco recibín resposta.
ResponderEliminarnon temos consultas pendentes no correo...podedes volver mandárnolas ou chramarnos? grazas!
ResponderEliminar