sábado, 22 de diciembre de 2012

Sigamos soñando...


esto no

Con que na sociedade (incluído o estamento médico) se recupere a cultura da lactancia...

Con que nos libros todos os bebés mamíferos sexan aleitados...

Con que os establecementos comerciais cumpran o Código de comercialización de sucedáneos...

E sobre todo, con que as nais volvamos crer en nós mesmas e recuperemos o PODER de parir e de aleitar aos nosos fillos e fillas.

mamabebe

Queda aínda moito por facer, mais no 2013 seguiremos traballando...


BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

jueves, 20 de diciembre de 2012

O NADAL CHEGA Á TRADESCOLA!!!



O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).
-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.
-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación.
-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!
Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.
Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.
Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!

martes, 18 de diciembre de 2012

Colaboración de Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta



Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta humanista integrativa, formada con Laura Guttman
comezará a colaborar coas socias de Bico de Leite facéndolles ás mesmas un desconto en
todas as terapias que se ofertan no Centro de Terapias Estelae Moisso de Lugo.

Aquí tedes información máis ampliada sobre Carmen e as outras terapias ás que podedes
aceder no centro. http://www.carmensirvent.com/

Se queredes disfrutar destes descontos solicitádenos a través do correo electrónico o carné
que acredita a vosa asociación a Bico de Leite e despois poderédelo recoller no local de
reunións. Cada ano se renovarán.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Crises de crecemento II


(traducido e adaptado de www.lactaranda.org.es)

2011-12-16 20_00_03

CRISE dos 6 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés. 
-Ao introducir a alimentación complementaria (AC), algúns apaixóanse con ela e teñen pouca gana de mamar. Entón a nai intenta darlle e o bebé négase, anóxase, podendo mesmo mordela.
- Case non maman polo día, enfádanse e morden o peito... Así as nais interpretan que rexeitan o peito porque xa non o precisan... Porén, un bebé desta idade aínda precisa un grande aporte de leite. Cómpre ter paciencia e agardar a que recupere o interese por mamar. Non se trata de perseguir ao bebé coa teta, senón de favorecer o contacto físico (p.e. mediante o porteo), coa finalidade de que vexa o peito coma unha opción, non coma unha obriga.

CRISE dos 8-9 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés
- Pode manifestarse de dous xeitos opostos:
1. Hai bebés que prefiren gatear, experimentar, tocar… antes que mamar. Cando a nai lles ofrece o peito, enfádanse, choran... Non queren teta, senón fuxir facer outras cousas...
- Máis ca o peito o que rexeitan é a postura: aleitalos de pé é máis efectivo (xa non gostan da posición de berce)
- Poden morder o peito con insistencia. 
- Dormidos ou adormiñados maman ben. Só rexeitan o peito cando hai acción. 
2. A outros bebés pásalles o contrario. Comezan coa angustia de separación e maman moitísimo: fan constantes "chupitos" de peito para impedir que súa nai desapareza, pois sinten que pode desaparecer en calquera momento.

CRISE do ANO
- Ao ano só maman, non comen doutros alimentos.
- Os que comían AC deixan de comer e só maman, e los que non comían doutras cousas, seguen querendo só mamar. 
- Isto débese a que ao ano deixan de crecer durante un período duns 6 meses, e só coa enerxía aportada polo leite materno e un pouquiño de AC teñen dabondo.

CRISE dos DOUS ANOS
- Aos dous anos parecen acabados de nacer.
- É unha etapa complicada e a maneira de reencontrarse coa nai é o peito. Con el consólanse e pasan unha tempada de altísima demanda.
Moitas nais que superaron as anteriores crises viven os dous anos con grande angustia. Afortunadamente, é a derradeira crise.

Susana
bicodeleite@yahoo.es

martes, 11 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE PORTEO




Este venres día 14 de decembro de 17 a 19 horas, na Aula Maternal do Sergas, Bico de leite organiza un obradoiro de porteo, onde se explicará as vantaxes que conleva levar ós nosos nenos nun portabebés, e Irene nos explicará como se colocan da maneira mais fácil.
Vos esperamos a todas!!!!

sábado, 1 de diciembre de 2012

Reflexo disfórico da exección do leite

dmer

É unha abrupta disforia ou unha aparición de emocións negativas que sucede xusto antes da subida do leite e dura uns poucos minutos.
O seu espectro de gravidade é o seguinte:
-Nivel 1 (suave): melancolía
-Nivel 2 (moderado): ansiedade
-Nivel 3 (severo): gran axitación
Non é depresión postparto nin ten orixe psicolóxico. Tampouco é axitación do aleitamento (da que vos falamos noutra entrada), xa que o DMER:
.tamén se dá en bebés acabados de nacer
.só dura ao comezo da toma
Malia que de momento se carece de estudos concluíntes, todo apunta a que a súa causa sexa fisiolóxica: un desaxuste dos niveis de dopamina no momento da subida do leite.
Perante estas situacións as asesoras debemos, coma sempre:
. Validar os sentimentos da nai
. Facerlle ver que non é culpa súa
. Animala a buscar información
. Apoiala nas súas decisións

+info en www.d-mer.org (web da IBCLC Alia Macrina)

Susana 
bicodeleite@yahoo.es

sábado, 24 de noviembre de 2012

Exposición no Centrad

DSC01352

Se aínda non tivestes a oportunidade de ver a exposición Pel con Pel , que estivo no hall do Hospital Lucus Augusti até o pasado martes, podedes gozar dela até o 30 de novembro na Sá de exposicións do Pavillón 4 do CENTRAD (entrada pola rúa Chantada, en Lugo) en horario de mañá (de 8 a 15h).

Aproveitamos para agradecer a súa implicación neste proxecto tanto ao Hospital Lucus Augusti coma ao CENTRAD, organismo pertencente ao INLUDES e dependente da Deputación luguesa. É un pracer traballar xuntos para a promoción do aleitamento materno.

Agardámosvos!

Cartaz

jueves, 15 de noviembre de 2012

Crises de crecemento I


(traducido e adaptado de www.lactaranda.org.es)

2011-12-16 19_59_13

Estas crises, debidas ben á necesidade de aumentar a produción de leite, ben á maduración do bebé, adoitan facer dubidar ás nais da súa capacidade para aleitar, polo que consideramos preciso informarvos sobre elas.

CRISE dos 15-17 DÍAS 
- Franxas amplas ( hai nenos/as que a comezan entre os 12 e os 20 días).
- O bebé precisa máis leite, cómpre aumentar a produción. Nestes días vai recibir a maior cantidade de leite da súa lactancia, en torno a 1’5 litro ao día. 
- Mama de xeito constante. 
- Dura 3-4 días.

CRISE das 6-7 SEMANAS
- Hai un cambio de composición do leite que fai que momentaneamente estea máis salgado.
- O bebé amósase amolado por ese cambio da composición e tén un patrón de conduta bastante habitual: comeza succionar e inmediatamente se pon tenso, arquea as costas, tensa as pernas, tira da mamila... 
- Resólvese nunha semana, dúas como moito.

CRISE dos 3 MESES 
- É a máis coñecida. 
- É a crise que máis abandonos rexistra.
- Os bebés neste momento saben mamar moi ben, moi rápido. En 2-5 minutos poden baleirar o peito. Cando a nai tenta volvelo ofrecer, o bebé está inquedo, protesta… e a nai víveo coma un rexeitamento directo.
- O bebé comeza ter máis conexións neuronais e empeza ver máis aló da cara e do peito da mamá e distráese con facilidade. Desengánchase deseguido, mira a nai, sorrí... O bebé fai un parón no crecemento, que a nai vive como que queda con fame, mais non é así.
- Aos 3 meses só maman ben cando están dormidos ou cansos, cando non hai estímulos que os distraian.
- É unha crise bastante desesperante porque é bastante longa. Pode durar un mes ou mes e medio, que é o que tarda o bebé en aprender que súa mamá produce leite cando el a pide. Até entón a nai fabrica leite deseguido, mais a partir dos 3 meses fabrícaa no momento en que o bebé lla pide. 
-Algúns nenos sófrena aos 4 meses.

Susana
bicodeleite@yahoo.es


jueves, 1 de noviembre de 2012

A axitación do aleitamento

11032011-IMG_1151

(traducido e adaptado de http://www.llli.org/lang/espanol/lvaugsep03c.html de Hillary Flower, autora do marabilloso libro "Adventures in tandem nursing")

A axitación do aleitamento é unha fase moi dura para as nais, constituíndo un dos tabús da maternidade, mesmo dentro do movemento prolactancia, polo cal decidimos facernos eco aquí deste tema.

O embarazo parece ser a etapa específica na que se dá este sentimento, afectando a máis dun terzo das mulleres, sobre todo na segunda metade da xestación. Para moitas nais a axitación diminúe ao final do embarazo, mentres que para outras este parece ser o período no que é máis intensa.
Porén, a axitación pode ocorrer tamén a calquera nai que aleita ininterrompidamente, mesmo sen estar embarazada.

A natureza precisa da axitación varía enormemente de muller a muller: algunhas nais describen un sentimento de irritación (tensión, enfado, ansiedade), para outras é unha sensación de grima, mesmo noxo.
A severidade da reacción varía de lixeira (“Por que xa non gozo de aleitar a meu filliño?") a extrema (“Ahhhhhh! Quítenme de aquí a este neno!”). 

A axitación do aleitamento pode vir das nosas raíces coma mamíferas: a agresión maternal é común no mundo animal durante o tempo de destete, e é posíbel que o embarazo faga que os nosos corpos pensen que é tempo de destetar. 

En todo caso, a axitación non é un reflexo da relación materno-filial nin dos sentimentos da nai cara á lactancia.

Quizais o enfoque máis axeitado radique na toma de conciencia persoal sobre estes sentimentos, no diálogo co neno ou nena e na posibilidade para a nai de ter máis tempo para ela.

+info aquí e aquí

E ti, nai lactante, sentiches algunha vez algo parecido?

Susana
bicodeleite@yahoo.es

martes, 30 de octubre de 2012

EXPOSICIÓN PEL CON PEL




Pois Sí!!! xa temos a exposición de PEL con PEL na nosas máns. Estará exposta no HULA do 5 ó 20 de novembro de 2012.

Animádevos a ir a vela, é preciosa!!!

viernes, 26 de octubre de 2012

Mesa TIRANDO MITOS - QUEBRANDO TABÚS (reeditada)

lm

Hoxe, venres 26 de outubro, ás 17.30 horas na Casa da cultura de Foz celebraremos unha mesa redonda sobre lactación materna, na que intervirán:

Belén García Iglesias, anestesista do Hospital da Costa

Lucía Valea, nai de xemelgos amamantados coa lactación prolongada

Beni Martinez, sexóloga e parteira no CAP de Vilalba

Contaremos tamén coa presenza dun@ d@s pediatras da Costa

Ao final do coloquio podedes facer preguntas e aclararemos dúbidas.

Agardámosvos!

Cartaz


jueves, 25 de octubre de 2012

Reunión temática de Outubro: Lactancia e Sono

Ola!

Este venres día 26 de outubro pola tarde, de 17:00 a 19:00, celebraremos a nosa xuntanza temática mensual.

Faleremos sobre o tema do sono d@s nen@s e os retos que nos pode plantexar.

Estamos dispostas tamén a falar de calquera outra inquedanza que teñades sobre lactancia.

A cita é no noso local.

Esperámosvos!

lunes, 15 de octubre de 2012

O LEITE MATERNO É O OURO BRANCO




Atentas Nais, que os vosos pequenos xa teñen o seu tesouro.
Agora tócavos probar por se a sorte toca a vosa porta, e de paso colaborar coa asociación, pois xa temos á venda a lotaría  de Nadal, anotade o número: 13954, pode ser o premiado!.

Se queredes conseguila achegádevos algún venres polas nosas reunións en Lugo, Foz y Burela.

Sorte para todas!

lunes, 8 de octubre de 2012

ZOA DE ALEITAMENTO MATERNO




Celébranse as festas do San Froilán, e como nos anos anteriores, Bico de Leite, está presente cunha caseta  dispoñible para calquera mamá que a necesite para aleitar o seu bebé, ou tamén para cambiar o cueiro.







Todo o material que hai no interior esta cedido por nais que pertencen a Bico, polo que pedimos dende aqui tamén que o coidedes coma se fose voso.

Felices festas!!!

miércoles, 3 de octubre de 2012

FESTA DA SMLM





Hoxe pasamos unha tarde ben enriquecedora, como ben sabedes, celebramos a Semana Mundial da Lactancia Materna cun acto conmemorativo  que consistiu na repartición de grobos brancos como pingas de leite, música, maquillaxe, e a venda das bolsas de Bico, e os libros Pel con Pel, e 5 anos de Bicos.... de Leite.










Este ano é a vixésima edición da SMLM e ademáis celebrase os 10 anos da Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e o Neno Pequeno promovida pola OMS e por UNICEF.

Os obxectivos deste ano son:

1- Lembrar o que sucedeu nos últimos 20 anos de apoio ó aleitamento materno.
2- Conmemorar os éxitos alcanzados a nivel nacional, rexional e global; compartir traballos e casos nacionais co mundo.
3- Evaluar a execución da Estratexia Global para A Alimentación do Lastante e do Neno Pequeno.
4-Chamar á acción para cerrar as feridas nas políticas e programas sobre lactancia materna, alimentación do lactante e do neno pequeno.
5- Chamar a atención pública sobre o estado das políticas e programas sobre lactancia materna e alimentacióndo lactante e do neno pequeno.








Moitas grazas a tod@s e moitos bicos... de leite


viernes, 28 de septiembre de 2012

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA

A primeira semana de outubro celébrase a SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA, este ano celébrase o 20º Aniversario.
O lema deste ano é:

Compresión do pasado - Planificación do futuro

Tamén celébrase o décimo aniversario da Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e do Neno Pequeno (OMS Unicef)

En Bico de Leite tamén queremos celebrar esta semana, asi que o día 2 de outubro nos soportais da praza de España (Lugo) de 17 a 19h, repartiremos grobos brancos coma se foran gotiñas de leite.

Animate a participar con nós !!! Esperámosvos

viernes, 14 de septiembre de 2012

REUNIÓNS TEMÁTICAS DO CURSO 2012-2013



Estas son as reunións temáticas que temos preparadas para o curso 2012-2013 de Bico de Leite.

Celebraránse o último venres de cada mes en horario de 17-19 horas, no noso local sito na Aula de Educación maternal do SERGAS, na rúa Doutor García Portela nº 11 baixo.
Alí vos esperamos!!!!!!!!!!!!

REUNIÓN ESTA TARDE






BIQUEIRAS !!!!!!!!!!!!!!! Esta tarde temos reunión
na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo, de 17a 19 horas.
Animádevos a vir! estarán as nosas asesoras encantadas de axudar no que necesitedes.

Bicos ... de leite

viernes, 7 de septiembre de 2012

TENDA BICO DE LEITE



Gustaríanos lembrarvos que temos a venda os libros de Pel con Pel da editorial Galaxia a 12 € ; o libro de 5 anos de Bicos... de Leite a 10 € e mailas bolsas de algodón a 5 €.

Veña animádevos !!! É unha maneira tamén de colaborar ca asociación. Se estades interesadas, soamente tedes que pasar por algunha das nosas reunións ou chamarnos por teléfono.

Moitas grazas
Bicos .... de leite

martes, 28 de agosto de 2012

A ESPERA




A ESPERA, é como se chama esta escultura, obra de Iria Rodriguez, que me atopei estas vacacións en Laxe (A Coruña). Sei que non é sobre lactancia materna, pero queria compartila con tod@s porque pareceume tan bonita e con tanto sentimento....

Esta escultura amosa a unha nai co seu fillo no colo que se achega á costa para buscar o barco que nunca volverá.
A Espera, resite o paso do tempo do mesmo xeito cas familias superan con forza e valentía a ausencia dos mariñeiros desaparecidos.


Gústavos? Pois se queredes compartir algunha fotografía anímovos a que nola enviedes o noso correo electrónico bicodeleite@yahoo.es asi como calquera relato ou historia.... o que queirades.

Un bico... de leite




jueves, 16 de agosto de 2012

Ansiedade da Separación

E xa que estamos preto da volta ao cole, deixámosvos este articulo que pode ser de utilidade para as nais que precisamos levar aos máis pequenos as escolas infantís. Despois das vacacións, pode que volvan mostrarse ansiosos á hora da despedida .

Ademais das recomendacións que se expoñen neste artigo, eu engadiría recordar que, estar dispoñibles canto sea posible para ofrecer teta, brazos e atención, pode ser a mellor forma de facelos sentir seguros e acompañados:

http://www.espaciocrianza.cl/wp/ansiedad-de-separacion-que-es-y-como-enfrentarla/?fb_action_ids=10151066368869486&fb_action_types=og.likes&fb_source=aggregation&fb_aggregation_id=246965925417366

miércoles, 1 de agosto de 2012

REUNIÓNS EN BURELA


A nosa compañeira Maria José esta apuntiño de ser mamá outra vez, polo que as xuntanzas que se levaban a cabo en Burela suspéndense ata o 5 de outubro.
De tódolos xeitos en Foz, Montse si atenderá o terceiro venres de cada mes de 18-20 h.

Moitisima sorte e que todo saia ben... que seguro que si.
Esperámoste en outubro
Un bico... de leite

lunes, 30 de julio de 2012

TENDA BICO DE LEITE


Xa está á venda as nosas bolsas personalizadas de BICO DE LEITE, son 100% algodón, e moi cómodas para calquera situación, ir a tenda, levar os xoguetes dos nenos, ir a praia, a piscina.... o prezo é de 5€, baratiñas non si? O diseño é de Noemí López, dende aqui moitisimas grazas polo teu traballo e por colaborar gratuitamente con Bico.

Tamén aproveito para lembrar que temos a venda o libro de " 5 anos de Bicos... de leite", é un resumo das moitisimas consultas que recibimos via internet, a un prezo de 10€ e mais o de "Pel con Pel" da editorial Galaxia, fermoso libro de fotografias basadas na lactancia materna e poesía en a 12€.

O fin é o de sempre, difundir un pouco mais a lactancia materna, e colaborar con Bico de Leite.
Se estades interesadas non tendes mais que acudir a algunha das nosas reunións.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración

martes, 3 de julio de 2012

Nova dirección



Vos informamos que dende este venres día 6 de xullo de 2012, reunirémonos na Aula de Educación Maternal do Sergas sita na rúa Doutor Portela nº 11 baixo, nos mesmos horarios.

Esperámosvos... coma sempre!!!!
Un bico ... de leite


martes, 19 de junio de 2012

IV Certame de Debuxo de Bico de Leite na Mariña




Despois dunha longa espera, moitos preparativos e viaxes aos coles, na Mariña,se celebrou o IV certame de debuxo de Bico de Leite.

Participaron 5 colexios da zona:
CEIP de Cervo (Cervo), con 10 alumnos.
CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), con 26 alumnos.
CEIP Fondo Nois (Nois, Foz), con 34 alumnos.
CEIP Castro de Ouro (Alfoz), con 20 alumnos.
CEIP Santa María de Valadouro (Ferreira), con 27 alumnos.

Coa colaboración moi especial de Pablo, de 9 anos.

Un total de 115 nenos, foron os participantes nesta ocasión.
Pasamos unha tarde moi agradable con Caxoto, que nos contou, despois de que Hugo (fillo da nosa compañeira Chus) puidese dominar o seu ataque de risa, cómo Sabela encontrou o instrumento musical que lle gustaría tocar, ademais de agasallarnos con diversas figuriñas de globos, ata un spiderman fíxonos. Tamén fué o encargado de dar os regalos aos pequenos artistas que se animaron a pasar a tarde connosco.

Un día para recordar por moitos.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración, presenza e companía.


lunes, 18 de junio de 2012

CHARLA EN FRIOL


Hoxe 18 de xuño de 2012 celebróuse en Friol a primeira charla informativa sobre lacatancia materna, organizada pola asociación Bico de Leite en colaboración co Excmo. Concello de Friol.

A relatora foi Eva Fernández Busto, matroa do Centro de Saúde de Palas de Rei. tratásonse moitismos temas, entre eles os beneficios da lactancia materna tanto para o bebé como para a nai, pautas básicas para dar o peito, posturas mais cómodas, dificultades que poden aparecer e como solucionalas, métodos de extracción do leite e a súa conservación, mastite etc.

Remautouse cunha animada participación das nais asistentes, e ás que dende aqui lles damos as grazas, tanto a elas como a Eva e a Isabel, que nos axudou tanto na publicidade do evento.

Moitas grazas a todas por participar.

sábado, 9 de junio de 2012

CHARLA INFORMATIVA SOBRE LACTANCIA MATERNA EN FRIOL






O próximo día 18 de xuño ás 10:30 h, vos esperamos no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol, onde estaremos xunto con Eva Fernández Busto, matroa do Centro de Saúde de Palas de Rei, para falar sobre lactancia materna, dos seus beneficios, e mais se tendes algunha consultiña que facernos.

Pasaremos un ratiño moi agradable, animádesvos???


jueves, 7 de junio de 2012

Día dos Dereitos do Nacemento


“Lo que ocurre en los paritorios se parece tanto a un nacimiento
como la inseminación artificial a la relación sexual,
o la alimentación a través de un tubo al acto de comer”
R. Laing, psiquiatra


Hoxe 7 de xuño celébrase o día dos Dereitos do Recén Nacidos.

A Plataforma Pro Dereitos do Nacemento foi formada fai xa unha década por un grupo de pais e profesionais de diversos campos co obxectivo de crear unha "Nova Cultura do Nacemento", denunciar publicamente a situación que viven moitas madres e os seus recén nacidos no momento de dar a luz, achegar información e formación sobre estes temas e apoiar aos pais que queren proporcionar ao seu fillo unha mellor benvida á vida.
A presidenta da Plataforma, Angeles Hinojosa, explica nesta entrevista a situación actual dos partos, as súas consecuencias e as súas solucións:

http://www.elblogalternativo.com/2009/06/07/angeles-hinojosa-y-como-influye-la-forma-de-nacer-en-la-persona-y-la-sociedad-22/

Dereitos que deberían ser respectados en todos os centros sanitarios do noso país:

(fonte: http://pdn.pangea.org/plataforma.html)

1º O bebé ten dereito ao recoñecemento e ao respecto da súa capacidade física e mais das súas necesidades emocionais, tanto na súa vida intrauterina como na extrauterina e especialmente durante o tránsito entre ambas.

2º O bebé ten dereito a ser atendido persoalmente pola súa nai, como mínimo, durante o primeiro ano de vida. A nai ten dereito a gozar do contacto íntimo co seu bebé durante a súa estada no hospital.

3º O bebé e a súa nai teñen dereito á intimidade e ao respecto. O lugar, o ambiente e mais a compañía no momento do parto/nacemento deben coidarse con esmero. (1)

4º O bebé e a súa nai teñen dereito a ser os principais protagonistas do parto/nacemento, e a que se respecten o seu momento e mais o seu ritmo.

5º O bebé e a súa nai teñen dereito a que o seu nacemento/parto transcorra de xeito fisiolóxico e sen intervencións innecesarias, como recomenda a OMS. (2)

6º O bebé ten dereito a ser acollido pola súa nai tras o nacemento e a ficar xuntos nas horas seguintes e durante toda a estada no hospital. Ningunha exploración de rutina xustifica a separación do bebé da súa nai. (2)

7º O bebé e a súa nai teñen o dereito a que durante a súa estada no hospital se respecten os “10 pasos para unha lactación feliz”, establecidos por UNICEF mais a OMS e asumidos pola Asociación Española de Pediatría, e a gozar da lactación materna a demanda como mínimo até os 2 anos. (3)

8º O pai e a nai teñen a obriga de buscar e o dereito a recibir toda a información e, ben asesorados, tomar persoalmente todas as decisións relacionadas co benestar do bebé.

9º O bebé intraútero ten dereito a que se evite toda situación que poida provocar a perda de benestar emocional na súa nai. O exceso e abuso de controis durante a xestación poñen en perigo a confianza da xestante e ameazan o lugar de benestar natural que supón o útero. (4)

10º O bebé prematuro ten dereito a ficar pegado ao corpo da súa nai até que acade o peso e as condicións óptimas de saúde. Ningunha unidade de neonatoloxía é máis saudábel para o bebé ca a pel materna. Todo bebé prematuro ten dereito a ser incubado co Método Nai Canguro. (5)

Referencias
1.Principios OMS sobre coidado perinatal
http://www.elpartoesnuestro.es/index.php?option=com_content&task=view&id=112&Itemid=81

2."Cuidados en el parto normal: una guía práctica"
http://www.elpartoesnuestro.es/components/com_docman/documents/Cuidados_parto_normal.pdf)

3.Iniciativa pola humanización da asistencia ao nacemento e pola lactancia
http://www.ihan.org.es/

4."El posible efecto nocebo del cuidado perinatal" , Dr. Michel Odent
www.birthworks.org/primalhealth

5.Dereitos do neno hospitalizado
http://hospitalalassia.com/burocratica/Derechoninosinternado.htm






lunes, 28 de mayo de 2012

FELIZ CUMPREANOS BICO !!!





Hoxe BICO DE LEITE cumpre 7 anos.

Sete anos de ilusión, de cariño, de apoio, de incertidumbre, de risas, de choros, de proxectos cumplidos .... e os que quedan por cumplir.

Gracias a todas polo voso traballo, polo voso tempo e por estar ahi cando se vos reclama.

Seguiremos aqui loitando día a día, porque non é fácil pero temos moita ilusión por este proxecto, BICO DE LEITE, porque xa axudamos a moitas mamás e a moitos papás pero quedan moitos mais que precisan da nosa axuda, do noso apoio e das nosas experiencias.

Gracias a tod@s
Un bico ... de leite




martes, 22 de mayo de 2012

Charla Temática este Venres 25 de Maio


O próximo venres 25 de maio teremos a nosa reunión temática de mes, orientada a informar sobre a Lactación Materna ás futuras mamás e os seus acompañantes, así como resolver as dúbidas existentes.
Falarase sobre temas como: Beneficios da lactación para a mamá e o bebé, coidado das mamas, aleitamento, frecuencia e demanda, recomendacións da OMS, retos no camiño.
A muller que se informa e prepara durante o embarazo ten maior posibilidade de ter unha lactación máis satisfactoria e con menos inconvenientes.
Nos Grupos de Apoio á Lactación procuramos transmitirlles confianza e seguridade no seu propio corpo e na súa capacidade de aleitar.
Animarvos a vir, a informarvos e a compartir con outras mamás que xa están inmersas neste fermoso Camiño.

Será de 17 a 19 h no noso local do Centro Lug II (r/ Pintor Corredoira 4, Lugo).

Agardámosvos!

jueves, 17 de mayo de 2012

SEMANA MUNDIAL DO PARTO RESPETADO




Do 21 ó 27 de maio celébrase a Semana Mundial do Parto Respetado, e celebrámolo ca proxección do documental " THE BUSINESS OF BEING BORN".

En Foz o venres 25 de maio ás 18:00 h no Centro Cenima e en Lugo será o sábado 26 de maio ás 11:00 h co Centro Social Maruja Mallo.


Para mais información:

http://blogelpartoesnuestro.com/2012/05/08/semana-mundial-por-un-parto-respetado-21-27-de-mayo-del-2012/#more-7020


Esperámosvos!!!!!!!!!!!!

domingo, 6 de mayo de 2012

DIA DA NAI







As primeiras celebracións do Dia da Nai remóntase a antiga Grecia, onde se rendían honores a Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades.
O moderno Día da Nai foi creado por Julia Ward Howe, en 1870, orixinalmente como un día da nais pola paz, que logo converteuse nun día para que cada familia honrase a súa nai. Finalmente foi aceptado como festividade en moitos lugares do mundo, e celébrase en diferentes datas, dependendo do país.

Bico de Leite é como una nai…. Nai de tódalas nais …. Na que encontramos agarimo, refuxo, consuelo… nai que nos da consellos, nai que nos apoia nas nosas decisións , nai que nos ensina a forza de querernos…..

 A FORZA DE QUERERTE

Esas mans que respiran
Aferradas ao meu peito
Son o latexo dun soño
No que quedo pendurada
Como brisa sobre o mundo
Necesito atarme a ese instante
No que os días son auga
De océano alado
E o teu abrazo a clave
Que detén o tempo

Necesito que esta fotografía
Do corazón
Palpite dentro do álbum máis íntimo
Que una nai pode construir
A forza de quererte


Ledicia Costas, Agosto 2010
“Pel con Pel” Galaxia, 2010
  

FELIZ DIA DA NAI A TODAS!!!!

martes, 1 de mayo de 2012

Cambios

camiño

Despois dun ano e medio detrás deste blog, déixoo para centrarme no meu labor como asesora, o que tamén supón continuar coa miña formación en lactación materna. A partir de agora contestarei as consultas que nos remitades por correo electrónico.

Aproveito para agradecer a Raquel o seu labor de cubrir o asesoramento vía mail durante anos, e a Elimar e a Vanessa o seu xesto de ofrecerse a tomar o relevo neste blog, que é o principal instrumento de visibílización do traballo da nosa asociación.

E Bico de leite segue a súa andaina...

Susana

viernes, 20 de abril de 2012

Reunión temática de abril

2011-12-16 20_00_39

O derradeiro venres de abril dedicaremos a nosa xuntanza temática mensual ao DESTETE.
A idade en que o neno ou nena deixa de mamar de xeito espontáneo é variable, mais cando chega ese momento, a nai adoita ter sentimentos ambivalentes: dunha banda, sente fachenda por ter cumprido a súa función, mais doutra, sente mágoa porque bota de menos os momentos do aleitamento.
Non obstante, tamén hai situacións nas que a nai, por diversos motivos, desexa destetar. Nelas recoméndase non ofrecer e non negar, coa finalidade de que o destete sexa paulatino e respectuoso co neno ou nena, xa que se trata dun gran cambio, tanto desde a perspectiva nutricional como emocional.
Aquí tendes información máis polo miúdo.
Lembrámosvos que, sexa como sexa o voso destete, natural ou dirixido, podedes buscar apoio na nosa asociación.
Deste tema falaremos máis ampliamente o venres 27. Coma sempre, tamén resolveremos as vosas dúbidas sobre outros aspectos da lactación materna.
Será de 17 a 19 h no noso local do Centro Lug II (r/ Pintor Corredoira 4, Lugo).
Agardámosvos!

sábado, 31 de marzo de 2012

Un soño

8m

O sábado 10 de marzo tiven a honra de representar, xunto coa Iria, outra mamá do grupo, a Bico de leite - A Mariña, na homenaxe que fixeron conxuntamente Ferreira e O Valadouro, dirixida por Pepe Peinó, co gallo da celebración do Día da Muller. Nese acto participamos máis de vinte mulleres de distintas procedencias.

As mais delas tiñan estudos universitarios e mesmo cargos importantes, tanto políticos coma laborais e sociais. Eu, como moitas xa sabedes, non teño estudos superiores, empecei traballar moi nova (era a segunda de 5 irmáns) e o meu posto de empregada a tempo completo non deixaba moito para o estudo, así que tiven que elixir e preferín a remuneración inmediata á de longo prazo.

Isto vén a conto porque alí todas falaban do decreto número non-sei-que/2008 e da lei de igualdade... mais ninguén falou do RESPECTO á outra persoa, sen importar nivel, cultura, ideoloxías políticas ou sociais... De que hai moitas mulleres que, de haber realmente igualdade de oportunidades á hora da reincorporación ao traballo, optarían polas excedencias por maternidade, e posiblemente nosos fillos e nosas fillas o día de mañá nolo agradecerían, e ao mellor a sociedade tamén, xa que eles e elas serían distintos (máis felices) de adultos, e nós, ao reincorporarnos, poderiamos dar moito máis de nós mesmas, xa que non teriamos a testa posta noutras cousas que non fosen o traballo, co conseguinte beneficio para a empresa. Ao igual que debemos respectar á que precisa ir traballar porque así se sinte realizada, hai moitas mulleres que non ousan pedir a excedencia, non tanto porque durante ese tempo terán que apretar o cinturón, senón máis ben porque saben que á súa reincorporación "as cousas non serán iguais". Habería moito menos absentismo laboral, xa que como o neno ou a nena sería algo maior, non enfermaría tanto, e así tamén gañaría a Seguridade social, porque non habería baixas fraudulentas.

Eu falo dende o punto de vista dunha muller parada que grazas a esta circunstancia puido ser nai, xa que polo meu horario laboral e o feito de que non teño a ninguén da miña familia preto, érame imposíbel compatibilizar ambas cousas. Eu son da opinión de que os fillos e as fillas debemos crialos os pais e as nais, e, se me trabuco, fágoo eu. Con isto non quero dicir que eu sexa "a máis mellor" nin moito menos. Cada persoa é moi libre de facer o que lle pareza mellor. BASTA XA de ter que demostrar cada día que valemos para o traballo que realizamos. ISO É RESPECTO.

En resumo: RESPECTO PARA TODAS AS MULLERES.

Montse

Máis sobre conciliación (para reflexionar nas vacacións;)...

Plataforma CONCILIACIÓN REAL YA
Segundo Alejandro Busto
Segundo Ibone Olza
Segundo Ileana Medina

sábado, 24 de marzo de 2012

Reunión temática de marzo

2011-12-16 19_32_46

O venres 30 de marzo no noso local de Lugo trataremos estes tres temas:

1- Lactancia e fertilidade
O aleitamento materno é un bo anticonceptivo durante os primeiros 6 meses sempre que se cumpran as seguintes condicións:
- ausencia de menstruación
- lactancia materna exclusiva
- lactancia materna frecuente e a demanda
 
2- Lactancia e embarazo
Pódese continuar aleitando durante a xestación, agás que exista unha amenaza real de parto prematuro. Porén, cómpre saber que as hormonas diminúen a produción de leite cara ao terceiro mes e cambian o seu sabor contra o quinto mes. Algúns nenos e nenas notan tales cambios e destétanse, outros non.

3- Aleitamento en tándem
Neste punto animámosvos a ler a experiencia da nosa Raquel.

Podedes aprender máis sobre estas cuestións aquí e, por suposto, na nosa xuntanza do vindeiro venres - coma sempre, de 17 a 19 horas no noso local do Centro Lug II... Nela falaremos ademais doutras dúbidas de lactancia que nos plantexedes.

Agardámosvos!

sábado, 17 de marzo de 2012

Unha carta

11032011-IMG_1146

Benqueridas biqueiras:

Hai tempo que desexaba enviar unhas palabriñas de agradecemento para todas vós e algunha apertiña individualizada, con permiso de todas… E é que me gustaría deixar constancia do ben que me sentín en Bico de Leite cando tiven ocasión de recibir a vosa acollida, a axuda, o apoio, a información, os sorrisos, … todo esto que tanto nos enriqueceu a Martiño e a min.

A nosa entrada en Bico de Leite foi aos poucos días de ter él nacido. Martiño tiña apenas dúas semanas e un día, ben pasadas as 10 da noite, despois de botar chorando toda a tarde sen consolo posible, mamando e vomitando todo o tempo, decidinme a chamar. Abrín o blog de Bico de leite, vin os números de teléfono e chamei ao de Patricia, quen contestou axiña e calmou nuns minutos de conversa o noso abatemento e as nosas dúbidas.

Comezamos a ir ás reunións semanais e todo foi mesmo mellor do que xa sabiamos por outras persoas que ía ser. En Bico atopamos non só información e apoio, senón tamén unha deliciosa acollida e a sensación de estar nun lugar e cunhas persoas que entendían o idioma que nós falabamos intuitivamente, pero no que elas eran verdadeiras expertas.

En Bico recibimos moito de Patricia (que sensación ao enterarme que cambiou de póla … ), de Esther e de Raquel. E ademais, tamén recibimos o apoio de todas, porque o esforzo común nótase. Mesmo un día lembramos outra nai e eu a Chus, da que eu descoñecía que fose biqueira. Tivemos a sorte de que nos tocase en planta na “Residencia”, e falamos da súa profesionalidade, de cómo se ofreceu a axudarnos e de cánto nos aportou… cómo non ía ser biqueira!

Así que a todas vós, moitas grazas e moito ánimo na vosa andaina. Sabede que o voso tempo e a vosa entrega fan que moitas e moitos aprendamos con vós e que sexamos máis conscientes dos nosos pasos, o cal nos fai moi felices. E se hai algo que conmove especialmente é ver cómo recibides ás novas nais e pais que se achegan a Bico de Leite coas súas nenas e nenos: sempre coa misma atención, co mesmo agarimo e coa mesma dedicación que eu percibín.

Para as biqueiras, moitos bicos.

B.

jueves, 8 de marzo de 2012

No Día da muller

ducha

Pola auténtica promoción do aleitamento e do vínculo...

Pola visibilización e revalorización do labor de coidar...

Pola auténtica conciliación entre familia e traballo remunerado...

... Seguiremos loitando. 

BO DÍA A TODAS!

sábado, 3 de marzo de 2012

Elimar

elimar

Eses días no hospital, malia a cesárea, foinos ben coa lactancia.
Tamén sobrevivemos cando o bebé comezou xogar nas tomas e por mor do mal agarre ocasionoume fendas.
Mais segundo pasaban os días, todas esas historias de que o coleito era algo moi malo facíanme insistir en que o bebé durmise no berce.
Dormía pouco, choraba deseguido. O cansanzo facíame escoitar o son de vidros molidos na testa. Pasaba todo o día a soas co peque. O bebé durmía e eu corría curarme a ferida da cesárea, prepararme a comida, lavar e secar a roupa e pasar a vasoira.
Entón o bebé espertaba para porse 5 minutos ao peito, o xusto para desencadear o reflexo de baixada, e volvía durmir sobre min. Deixábame os peitos doridos e repletos. O meu sacaleites manual estragouse ás dúas semanas.
Un día sentinme con febre. Fun ao médico temendo infección nun punto da sutura. Era unha obstrución na mama esquerda. Receitáronme antibióticos. A pediatra mandoume suspender o aleitamento polo “peito malo”.
O leite empezou diminuír. O bebé intentaba pegarse e choraba. Démoslle leite artificial e tampouco o quería. Pasaba até 6 horas sen comer. Tiña mes e medio.
Eu só sabía que quería recuperar a lactancia como ao comezo. “Ti dalle o biberón, se logo non quere o peito non pasa nada, segues a darlle fórmula”, dicíame a pediatra. Eu choraba. O bebé choraba. “É que o teu leite só non o atura”, dicía miña nai. Eu choraba máis. “Polo menos conténtate de darlle ese mes e medio” dicía meu home. E a miña cuñada moi satisfeita, despois de que o bebé tomaba o biberón, dicíame: “Ves?, despois do peito daslle o biberón e así xa si que queda ben”.
- “Pero eu quixera darlle só peito alomenos até os 6 meses”
- “Iso é moi difícil” dicíame miña irmá. “Eu intenteino con meu fillo e el deixouno soíño aos 5 meses”
- “Pero tamén lle dabas biberón, non si?”. “Si, é que el quedaba con fame”
Alguén me falou dunha consultora de lactancia. Eu choraba e choraba porque quedara sen leite, porque o bebé rexeitaba o peito. Ela explicoume que iso era unha condición reversible chamada “Confusión de Pezóns”.
Seguín o tratamento, consistente en: Paciencia, Amor, Confianza e Agradecemento. En tres días Gabriel mamaba como se xamais se tivese “confundido”.
Cambieime a unha pediatra pro-lactancia (de feitos, non só de palabras, porque todos din “a lactancia é o mellor”, mais logo non se cortan á hora de receitar fórmula para que “durman mellor” ou para que “non queden con fame”).
A miña nova pediatra refiriume a un grupo de crianza pro-lactancia. Alí creei vínculos con outras mulleres coas que me identifiquei ou non, conseguín reforzo ás miñas conviccións e instintos, e malia que seguía a estar decotío soa co meu bebé, sentíame máis segura e apoiada.
Para cando ía a ter o meu segundo bebé, asegureime de ter axuda doméstica contratada na casa, un bo extractor de leite, e non dubidaba de que ía coleitar todo o que fose necesario se iso me axudaba a durmir mellor e ter máis disponibilidade para o bebé (agora sei que o coleito é moito, moito máis ca durmir mellor).
E malia que non volvín ter grandes problemas coa lactancia, asegureime de pertencer a un grupo ao que puidese acudir. E así tamén poder compartir a miña experiencia.