Hoxe pasamos unha tarde ben enriquecedora, como ben sabedes, celebramos a Semana Mundial da Lactancia Materna cun acto conmemorativo que consistiu na repartición de grobos brancos como pingas de leite, música, maquillaxe, e a venda das bolsas de Bico, e os libros Pel con Pel, e 5 anos de Bicos.... de Leite.
Este ano é a vixésima edición da SMLM e ademáis celebrase os 10 anos da Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e o Neno Pequeno promovida pola OMS e por UNICEF.
Os obxectivos deste ano son:
1- Lembrar o que sucedeu nos últimos 20 anos de apoio ó aleitamento materno.
2- Conmemorar os éxitos alcanzados a nivel nacional, rexional e global; compartir traballos e casos nacionais co mundo.
3- Evaluar a execución da Estratexia Global para A Alimentación do Lastante e do Neno Pequeno.
4-Chamar á acción para cerrar as feridas nas políticas e programas sobre lactancia materna, alimentación do lactante e do neno pequeno.
5- Chamar a atención pública sobre o estado das políticas e programas sobre lactancia materna e alimentacióndo lactante e do neno pequeno.
Moitas grazas a tod@s e moitos bicos... de leite
No hay comentarios:
Publicar un comentario