lunes, 7 de febrero de 2011

Posturas



Na rede demos con esta imaxe e gostamos ben dela! Mais as nais que levamos un tempo aleitando a nosos nenos e nosas nenas xa coñecemos moitas máis posturas... Animádesvos a contárnolas?

4 comentarios:

  1. Pois á miña filliña xa hai tempo que lle encanta mamar á pata coxa, ás veces véxolle futuro no Circo do Sol;)
    Biquiños
    Susana

    ResponderEliminar
  2. A miña postura preferida non ven no debuxo...é "A Cabaliño" soe axudar cando hai dificultades
    .
    Patricia

    ResponderEliminar
  3. Nesto das postursa a min sempre me fixo moita gracia a típica recomen dación inicial de "busca un lugar cómodo e relaxado...." e despois atópaste dándolle teta na cola do súper agarrando ao bebé tipo saco de patacas mentres coa outra man vas sacando as cousas do carro....ou en 10 cm que che quedan de cama xusto no borde mentres dormes á irmá maior, ou mentres lle atas os zapatos ao grande o bebé métese por medio dos brazos e alcanza o pezón a unha distancia considerable como para conseguir estiramentps de pezón inimaxinables.....En fin que isto de aleitar ten o seu aquel de cratividade non si?. Catuxa (despois de dúas longas lactancias e continuamos en proceso de creación postural)

    ResponderEliminar
  4. xa temos tema para o vindeiro concurso de fotografía :O)...que risas....
    rosana

    ResponderEliminar