jueves, 13 de junio de 2019

As Obstetrix coa lactancia materna

Este ano estaremos de novo coas Obstetrix no Arde Lucus.

O domingo 16 de xuño a partires das 13 horas Bico de leite, o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo e a Asociación Galega de Matronas organizan un aleitamento público conxunto no posto das Obstetrix na Praza Maior. Agardámosvos a todas!!!

domingo, 31 de marzo de 2019

Novas datas para as reunións de Lugo


A partires do día 01 de abril as reunións de Lugo pasarán a ser o segundo venres de mes de 11 a 13 horas e o último venres de mes de 17 a 19 horas no sitio de sempre. Seguiremos atendendo tamén as vosas consultas nos teléfonos de contacto e no noso correo electrónico bicodeleite@yahoo.es

Moitas gracias, agardámosvos.

viernes, 8 de febrero de 2019

Charla sobre atragantamentos en Foz

Hoxe tivemos en Foz unha charla sobre atragantamento en bebés e nenos pequenos impartida por Carmen Pernas Ferreiro, médico especialista en medicina familiar e comunitaria, instrutora de sopoerte vital e que desenvolve o seu traballo no centro de Saúde de Mondoñedo, onde ademais é responsable do programa de tabaco. Deixámosvos unhas fotiños da charla. 










jueves, 3 de enero de 2019

Reunión do día 4 de xaneiro en A Mariña

Por ausencia da asesora de A Mariña, mañá non haberá reunión de nais en Burela. Para o que precisedes podedes atoparnos nos teléfonos e no correo electrónico. Graciñas e feliz ano.

domingo, 4 de noviembre de 2018

Reunión de nais en Burela

Boas, finalmente confirmámosvos que a reunión de nais de Burela terá lugar o próximo venres día 9 de novembro no lugar e hora habitual. E o 16 de novembro, xa como sempre, a reunión en Foz.

Graciñas.

jueves, 25 de octubre de 2018

Reunión Burela 2 de novembro

Por motivos persoais da asesora que leva as reunións en A Mariña, o venres día 2 de novembro, non haberá reunión en Burela. Se fose posible, tería lugar o venres seguinte. 

En calquera caso, manterémosvos informadas.

Graciñas.