Somos un grupo de nais voluntarias que tratamos de dar apoio coa lactancia materna ás mulleres que así o precisen e o desexen, e de compartir experiencias en torno á maternidade con outras nais.
Contacto
bicodeleite@yahoo.es
En Lugo: Esther 629 83 60 08 (so tardes) Belén 620 74 77 33 Laura López 646 53 63 05
Na Mariña: Montse 649 75 59 81 Laura 635 97 91 88
A nosa páxina no Facebook
lunes, 7 de febrero de 2011
Posturas
Na rede demos con esta imaxe e gostamos ben dela! Mais as nais que levamos un tempo aleitando a nosos nenos e nosas nenas xa coñecemos moitas máis posturas... Animádesvos a contárnolas?
Nesto das postursa a min sempre me fixo moita gracia a típica recomen dación inicial de "busca un lugar cómodo e relaxado...." e despois atópaste dándolle teta na cola do súper agarrando ao bebé tipo saco de patacas mentres coa outra man vas sacando as cousas do carro....ou en 10 cm que che quedan de cama xusto no borde mentres dormes á irmá maior, ou mentres lle atas os zapatos ao grande o bebé métese por medio dos brazos e alcanza o pezón a unha distancia considerable como para conseguir estiramentps de pezón inimaxinables.....En fin que isto de aleitar ten o seu aquel de cratividade non si?. Catuxa (despois de dúas longas lactancias e continuamos en proceso de creación postural)
Pois á miña filliña xa hai tempo que lle encanta mamar á pata coxa, ás veces véxolle futuro no Circo do Sol;)
ResponderEliminarBiquiños
Susana
A miña postura preferida non ven no debuxo...é "A Cabaliño" soe axudar cando hai dificultades
ResponderEliminar.
Patricia
Nesto das postursa a min sempre me fixo moita gracia a típica recomen dación inicial de "busca un lugar cómodo e relaxado...." e despois atópaste dándolle teta na cola do súper agarrando ao bebé tipo saco de patacas mentres coa outra man vas sacando as cousas do carro....ou en 10 cm que che quedan de cama xusto no borde mentres dormes á irmá maior, ou mentres lle atas os zapatos ao grande o bebé métese por medio dos brazos e alcanza o pezón a unha distancia considerable como para conseguir estiramentps de pezón inimaxinables.....En fin que isto de aleitar ten o seu aquel de cratividade non si?. Catuxa (despois de dúas longas lactancias e continuamos en proceso de creación postural)
ResponderEliminarxa temos tema para o vindeiro concurso de fotografía :O)...que risas....
ResponderEliminarrosana