domingo, 7 de marzo de 2010

Unha máis

Este era o título da mensaxe que nos enviou Vanessa hai xa dous meses e medio. Co seu permiso e coa súa xenerosidade compartiuno con nós primeiro e agora convosco tamén.

Ó fío do tema da reunión do pasado mes de febreiro vos deixamos a experiencia de Vanessa e o seu pequeno Xan.

Hola, bos días,
chámome Vanessa e despois de algún tempo decídome a escribirvos para contarvos a miña historia.
Todo comenzou o 18 de agosto cando din a luz a cousiña máis bonita do mundo, Xan, o meu meniño.
Despois de ir a unha charla dunha colaboradora vosa nas clases de preparto, animoume máis ainda a darlle o peito ó meu neno.
Asi que naceu, e púxenme a iso. O principio foi complicado, lastimábame, fíxome gretas e estiven a piques de deixalo. Pero a miña ilusión e tamén gracias o meu marido pois seguín. Despois de 4 meses, estou feliz por unha parte porque conseguín algo que sempre tiña na miña mente, poder darlle de comer ó meu fillo co meu leite, pero agora que comencei a traballar pois faise máis duro, estou coa reducción de xornada, asi que a base de ordeñarme co sacaleites e de moito esforzo, a miña sogra lle pode dar un bibe a media mañá e despois xa estou eu, que correndo de un lado para outro consigo estar para as tomas na casa, porque ainda encima vivo en Friol e traballo en Lugo, polo q teño que sumar o tempo que me leva ir a casa.....

Agora teño algo de medo, porque non sei se conseguirei manter a lactancia, empecei a ordeñarme dúas semanas antes de empezar a traballar polo que de momento teño reservas, e máis tamén sigome ordeñando, pero o meu medo é que como agora Xan mama menos, chegue o momento en que esto se acabe (cousa que non me gustaria nada, a verdade...)

En fin que seguirei intentando manter a lactancia, porque considero que é o mellor regalo que lle podo dar o meu neno.

Unha aperta e bicos.
Vanessa

Xan e Vanessa


Seguro que moitas de vós tivestes sentimentos semellantes durante a vosa lactancia, se cadra cun comezo difícil, ó mellor con medos malia que as cousas ían funcionando, outras se cadra non, porque todas as lactancias son diferentes, pero sempre senta ben recoñecerse un chisquiño nas demáis mamás, saber que non es ti a única que se sinte así, poder compartilo con xente na mesma situación ca ti e que te comprende ou que che pode botar unha man, e incluso ser ti a que bota unha man a outra mamá simplemente aportando a túa experiencia.

Iso somos os grupos de nais.

Grazas Vanessa (e grazas Xan) :)

1 comentario:

  1. Boas son Luis o marido de Vanessa e pai de Xan, o meu comentario solo é para seguir animando a miña muller, xa que o traballo que fai dia tras dia e sen descanso é extraordinario.
    Tamen decirlles as mulleres que vallan a ser nais,que como pai,o que fixo a miña muller ousexa darlle o peito o noso fillo, e a cousa da que me sinto mais orgulloso, xa que non encontro nada millor que regalar a un fillo.

    Moitas grazas MAMA, un biko XAN.

    ResponderEliminar