viernes, 19 de junio de 2009

Fallo do concurso fotográfico

Este pasado sábado día13, celebramos o fallo do concurso de fotografía sobre lactación materna de FEDEGALMA (da que en Bico de leite formamos a directiva)-Noia.

Ía ser a entrega de premios, pero... tivemos tanta repercusión -mesmo internacional- e unha participación tan boa (117 persoas participantes e máis de 300 fotografías).

Que finalmente ós gañadores resultaron ser:

Un de Alicante, primeiro premio, para Laura Gómez Ramón:

1ºpremio(58)texto

Un de Navarra, o segundo , para Álvaro Martínez González:

2ºpremio(69)texto

Outra de Valencia, o cuarto premio, para César de Andrés Gil:

4ºpremio

E o mais próximo, de Lugo, o terceiro premio, para Alfredo Bongianni:

3ºpremio(16)texto2peq

De xeito que os galardóns non foron fisicamente entregados nesta ocasión.

Houbo, iso si, unha mostra das fotografías a concurso mais salientables.

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

Aínda que elixir entre tanta beleza e expresividade nunca é doado, e quedaron moitas no tinteiro... que agardamos poder utilizar en próximas ocasións, como dicían as bases do concurso para seguir a promover e a difundir a imaxe da lactación materna.

Contamos para celebrar o evento, coa inestimable colaboración do pediatra do Hospital do Barbanza Dr. José Manuel Martín Morales, que é membro do Comité de Lactancia da Asociación Española de Pediatría, e que sempre está disposto a explicar e difundir as bondades da alimentación ó peito, e non só iso senon tamén da importancia dos Grupos de Apoio e do resto da sociedade, os profesionais e a familia para alentar e soster ás nais nesta fermosa pero ás veces dura tarefa da crianza.

Tamén salientou o traballo que queda por facer para lograr normalizar algo tan indubidablemente san e natural, ero que se atopa a cotío con tantos obstáculos.

Quedo cunha das súas primeiras reflexións:

“Pode que ver mamar a un pequeno de 4 ou 5 anos non sexa algo habitual, pero temos que ter claro que NON é nada malo”

E tamén coa perspicaz visión da discriminación da lactación materna respecto ó leite artificial que se fai nos medios de comunicación. Poñendo e seguinte exemplo de actualidade:

Cando se deu a traxedia do leite chinés contaminado que causou a morte e a enfermidade a milleiros de nenos, en ningún lugar se criticou ou cuestionou que o leite de biberón fose algo malo ou perigoso.

Mais cando apareceu UN só caso dun pequeno de raza negra aleitado que sufría raquitismo debido a non suplementación con vitamina D; especialmente necesaria para estes pequenos porque nas latitudes do norte (como era o caso) non reciben luz solar dabondo para sintetizar esta vitamina na súa pel; non se tardou en achar como a culpable ó leite materno que tomaba, e mesmo en especular abertamente sobre que o mellor alimento para os bebé podería traer de volta enfermidades do pasado como raquitismo...

En fin.

Tamén proxectou ó final da charla un pequeno vídeo spot publicitario, sobre a lactación, que merece a pena mirar, e que levaron a cabo os grupos de nais, porque de momento os poderes públicos non viron preciso gastar un peso en facer este traballo de promoción audiovisual, como pola contra se ten feito en moitas ocasións para outros hábitos de vida saudable, coma ao consumo de froitas e verduras ou o exercicio físico. E tamén en defensa da infancia coma a bonita campaña para previr o castigo físico ou os abusos a menores:

Podédelo ver aquí:



Agardamos que vos guste, ogallá poidamos velo nas canles de televisión e non so por internet.

Patricia

Nota: Queremos facer tamén unha chamada de atención sobre a falta de normalidade ante a lactancia, xa que este vídeo foi marcado por algún dos usuarios de youtube como de contido para maiores de 18 anos!!!

1 comentario:

  1. A foto gañadora é realmente fantástica: tanto a imaxe como a mensaxe.
    Sinto debilidade polas fotos de Alfredo Bongianni,(ten o seu estudio ao carón da miña casa)e alégrome moito polo seu premio.
    En realidade son todas moi bonitas (con ese tema non poden ser doutro xeito).
    Apúntome a difundir ese vídeo.

    ResponderEliminar