martes, 9 de junio de 2009

Contos con tetas I

En Bico de Leite , pensamos que o dar a teta ten que ser algo natural, normal e aprendido dende a infancia.

Algo que non estrañe a ninguén , porque dende pequenos o temos presente no dia a día.

Para iso unha boa ferramenta é que os cativos o vexan así nos seus contos e libros dende sempre.

Aló polo ano 1974 cando moitas das Biqueiras aínda non naceramos, publicouse unha colección preciosa chamada “Os primeiros libros dos nenos” (de edicións Altea), Titulados todos “Eu son..., o sol, o aire, unha arbore, o lume...”.

Dous destes títulos seguramente quedaron para sempre na miña cabeciña e no meu corazón de nena, e contribuíron a que hoxe sexa quen son; “Eu son un neno” e “Eu son unha fera”, en ámbolos dous aparece ilustrada e explicada a lactación materna...

Eu son un neno ( lactancia humana)

Estas de arriba son unhas páxinas de “Eu son un neno”

E aquí abaixo de "Eu son unha fera"

Porque era un mamifero

Tamén hai outro libro, se cadra máis popular e coñecido por moitos, onde aparece unha imaxe entrañable dunha nai dando teta, e por partida dobre!:

Gnoma amamantando

“Los Gnomos” de Edicións Montena 1982 , (aínda que o orixinal holandés é do 76)

Por iso en Bico de Leite estamos sempre atentas ás publicacións que aparecen sobre ó tema, e mesmo ás alentamos dende a nosa Federación de grupos de apoio de Galicia (Fedegalma) , como é o caso dun dos dous libros editados por Galaxia escritos por Teresa Moure e ilustrados por Leandro Lamas:

“Eu tamén son fonte”, do que contamos con moitos exemplares gratuítos para agasallar ás nais, especialmente as que están preñadas, xa que é un libro especialmente pensado para elas, e auspiciado pola Consellería de Sanidade xunto cos Grupos de Apoio á Lactación Materna

Eu tamén son fonte 001

Desta fermosa obra temos tamén unha exposición que está sendo itinerante polos grupos galegos e unha unidade didáctica para presentarlle a lactación materna ós pequenos de educación infantil e ós seus mestres.

O segundo libro é :

Mamá ti sí que me entendes

“Mamá ti si que me entendes”, outra visión dos primeiros días da crianza, vistos cos ollos do neno, e dende a perspectiva dunha nai que se sinte insegura e pouco apoiada a aleitar, mais que finalmente con vontade e convicción, e a inestimable axuda do seu fillo, logra alimentalo co seu leite.

Este é un conto co que moitas mulleres se senten identificadas porque reflicte a realidade social da lactación, e un dos porques de que sexan precisos grupos como o noso

Para a próxima seguirémosvos contando de outros “contos con tetas” editados en España, que merece a pena ter e coñecer.

Bicos de leite e con moito conto para tod@s
Patricia

No hay comentarios:

Publicar un comentario