lunes, 22 de junio de 2009

Reunión temática do mes de Xuño con merendola!!

CHARLA SOBRE OS PRIMEIROS DÍAS DOS BEBÉS

Para todas as mulleres embarazadas, pouco a pouco, achégase o gran día: axiña nacerá o bebé. Que ilusión! Que ledicia! Pero tamén... que medo!
Todo son dúbidas…
Como será o parto?
Irá todo ben no hospital?
Serei quen de coidar ben do meu pequeniñ@?
Collerame ben o peito?
Mancarame?
Pedirá moito? Ou pouco?
Apañareime eu soa? Darei feito todo?

uxia3

En Bico de Leite tentaremos dar resposta a estas e outras preguntas que poden xurdir respecto ós primeiros días de vida dos nenos, e tamén das mais.
Haberá algunhas suxestións prácticas, e agardamos que bastante información de interese para aquelas familias que desexan aleitar ós seus fillos e fillas.
Sobre todo darémosvos moito ánimo, porque cun pouquiño de apoio, todas podemos saír do paso e ser capaces de gozar da crianza dende ó primeiro día.

Tamén celebraremos que xa está aquí o verán cunha pequena festa, haberá refrescos e algunha cousiña de picar.
E coma sempre os nenos son moi benvidos, e tamén os pais, avoas, e todo aquel que teña interese nos temas a tratar.

Todo isto terá lugar o vindeiro día 26 de Xuño, no noso local habitual.

Agardámosvos!!!

Bico de Leite

1 comentario:

  1. Alí estaremos na charla e na festiña, e moitas grazas por recordarme eses momentos tan bonitos coa foto :O)
    rosana

    ResponderEliminar