lunes, 16 de diciembre de 2013


Aquí tedes un abrebocas da exposición "Amar, Aleitar, Vivir". Mañá ás 12 hs no HULA, non volo perdades!.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Inauguración da Exposición Fotográfica "Amar, aleitar, vivir".


Dende Bico de Leite desexamos convocarvos á próxima inauguración da exposición fotográfica "Amar, aleitar, vivir".

O acto terá lugar na Sala de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti, o martes 17 de decembro, ás 12 hs.

Esta exposición permanente, témola que agradecer á xenerosidade de Purriños fotógrafos e da matrona de Vilalba, Benita Martínez.

As irmás Purriños, fotógrafas de prestixio recoñecido alén das nosas fronteiras, e nais que amamantan, quixeron amosar a fermosura que existe no acto de aleitar. Quixéronnolo regalar a Bico de leite.

Dende a nosa asociación, que ten como unha das súas finalidades a normalización social da lactancia materna, quixemos aproveitar este xeneroso ofrecemento para facer algo grande, algo dirixido á toda a sociedade luguesa...E así foi como naceu este fermoso proxecto, no que xa levamos traballando dende febreiro deste ano.

Todos sabemos a importancia social e sanitaria que ten o aleitamento materno, e tamén que unha imaxe vale máis ca mil palabras. O noso benquerido Hospital é unha porta aberta a toda a sociedade, un lugar perfecto onde amosar estas fermosas fotografías.

Dende o Hula acolleuse a osa iniciativa con todo o entusiasmo dende o principio e a colaboración ten sido un éxito.

O noso máis sinceiro agradecemento a todas as familias que aceptaron posar para as fotógrafas e regalarnos a todosos lugueses a súa imaxe.

Esperamos que sexa desfrutada por todo Lugo, porque é unha exposición dende o noso corazón para que chegue ao corazón de todos e todas.

Amar, aleitar vivir:
No devir da vida alimentamos aos nosos fillos,... non só co xantar, senón con agarimos, con fermosas historias, coas artes todas.
Nestas fermosas imaxes, que din máis que mil palabras, amósasenos ese fermoso fluir de vida que se regala no aleitamento materno, unha arte humana, que outorga a mellor herdanza.”

Graciñas a todas polo voso apoio día a día.

lunes, 9 de diciembre de 2013

Coma sempre, o pasado xoves 5, o obradoiro de masaxe a cargo da nosa Belén foi todo un éxito.

Déixovos algunhas fotos:




A nota da prensa

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Este venres 6 de decembro non haberá reunión de Bico de Leite, nin en Lugo nin na costa por ser día festivo. Nos veremos na próxima xuntanza o día 13 pola tarde ;)

Recordarvos que podedes facer consultas vía correo electrónico a: bicodeleite@yahoo.es e que tedes a vosa disposición os nosos números para consultas telefónicas:
http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html



Temos que informar que están cubertas as prazas para o obradoiro de masaxe infantil. Se alguén se quere apuntar pode deixar o seu teléfono e quedará en lista de espera por se hai cancelacións.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Obradoiro de MASAXE INFANTIL.



xoves 5 de decembro ás 11.00 na Casa da Xuventude (Xesús Bal e Gay, 10)  a nosa socia e fisioterapeuta Belén García Iglesias impartirá un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Ver mapa pinchando aquí

Segundo a Asociación Española de Masaxe Infantil (AEMI), as palabras Masaxe Infantil engloban unha serie de técnicas de tacto, voz e mirada, que se foron entrelazando, dando unha estrutura suficientemente axeitada como para constatar uns beneficios para pais e nais e/ou coidadores/as e os/as seus nenos/as. Estes beneficios non se quedan tan só no ámbito fisiolóxico, senón que chegan máis alá, onde as fibras sensibles do sistema emocional son estimuladas e fortalecidas para poder crear un marco de confianza, seguridade e aceptación emocional. Isto favorecerá un crecemento máis equilibrado en todos os ámbitos da súa persoa.

Para obter información máis detallada sobre estes beneficios, podedes botar un ollo no seguinte ligazón:

A qué esperades?. Inscribídevos antes do mércores 4 en bicodeleite@yahoo.es

As prazas son limitadas.

Ese día vide co voso bebé, unha mantiña (levar unha esteira ou colchón se o teñen xunto coa mantiña) e aceite de masaxe preferiblemente vexetal, e a disfrutar desta experiencia! :)

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Xuntanzas Temáticas 2013

Son o derradeiro venres do mes de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.

Entrada libre e gratuíta

Setembro: A falta de Leite

Outubro: Lactancia e sono

Novembro: Alimentación complementaria

Xaneiro: O peso do bebé

Febreiro: Lactancia e reincorporación ao traballo remunerado

Marzo: Lactancia e fertilidade, embarazo e aleitamento en tandem

Abril: O destete

Maio: Reunión especial para futuras nais e futuros país

Xuño: Festa de fin de curso

Para máis información: bicodeleite@yahoo.es

www.bicodeleite.blogspot.com

jueves, 31 de octubre de 2013

Así foi o paso de Carlos González por Lugo


Onte despedimos a Carlos González logo de dous días moi ben aproveitados, con dúas charlas no Pazo de Feiras e Congresos: Necesidades Afectivas e Alimentación Infantil, outra charla no Colexio de Médicos, Farmacéuticos e de Enfermaría dirixida a persoal sanitario e asesoras de lactación sobre Uso de Fármacos durante a Lactación Materna e unha mesa redonda, luxazo que gozamos as socias de ambas as dúas asociacións (Bico de Leite e MEL) que asistimos a algunha das xornadas de Crianza con Apego, onde o destrozamos a preguntas e puidemos gozar do seu eterno bo humor.

Se 
tivesemos que resumir o que nos deixaron estas intensas xornadas diría que ningún esforzo por levar adiante unha lactación é pouco comparado co beneficio para o/a neno/a aleitado/a, que o desexo por seguir unha ou outra forma de crianza ha de atender sempre ao instinto propio e do/a neno/a, á ética do adulto que ha de recoñecer o que é correcto e non só en función do "beneficio", e que as nais vivimos uns tempos nos que, como nunca, temos acceso a unha información e recursos privilexiados que nos permiten ser o factor de cambio para lograr fillos/as máis felices e unha sociedade máis sa.

Déixanos un moi bo sabor de boca e ánimos renovados para seguir traballando en favor dos nosos fillos/ás.
Novamente, grazas por todo o traballo dos que fixeron posible esta marabillosa experiencia.

Deixámosvos unhas imaxes que o din todo:







miércoles, 30 de octubre de 2013

Venres festivo - local pechado

Este venres 1 de novembro non haberá reunión, debido a que o local do Sergas permanecerá pechado. Recordamos as nais que necesiten facer algunha consulta que poden escribir ao correo: bicodeleite@yahoo.es ou chamar aos números que aparecen no noso blog:

http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html

E mañá, feliz Samaín!.

Bicos de cabazas con leite ;)


martes, 29 de octubre de 2013

Quedaches sen reserva...?. Aínda estás a tempo!.



Chegou o gran día!!!. Hoxe comezan as Xornadas de Crianza con Apego impartidas por o pediatra e autor Carlos González.


Moitos de vos quedástedes sen poder facer a reserva das entradas, polo que poñeremos a venda algúnhas entradas en taquilla por un prezo de 20 euros por familia (a apertura de portas será dende as 16:00 horas).



Non quedes sen vivir esta experiencia!.

sábado, 26 de octubre de 2013

E aínda máis cousas co pediatra Carlos González...!



Achégase o gran día e Carlos González estará con nós ós vindeiros martes e mércores. As xornadas tiveron moi boa acollida tanto na nosa cidade como fóra das murallas lucenses superando as expectativas previstas pola organización.

Xa só nos queda vivilo xuntos!!!. Pero... non podíamos deixar pasar a ocasión de ter a Carlos González en Lugo e non telo aínda que sexa un ratiño en exclusividade para nos, así que...@s soci@s de MEL e Bico de Leite que xa temos solicitado e abonado as nosas entradas para as Xornadas de Crianza con Apego, teremos ademáis o privilexio de compartir unha mesa redonda con él o mércores 30 ás 11:00 horas.

Carlos González en directo e sentado a mesa con nós só se vive unha vez, reserva a túa praza e prepara as túas preguntas, inscríbete en bicodeleite@yahoo.es







miércoles, 23 de octubre de 2013

Xuntanza Temática: Lactancia e Sono




Cómo dormen os bebés?.

Dormen moito ou pouco?.

Co paso do tempo, dormen máis ou menos?.
Cando van durmir toda a noite?
Os cereias de cea para que non esperten, mito ou realidade?
Os nenos de teta durmen peor que os de biberón?
É malo durmir os pais cos bebés?



Se vos facedes algunha destas preguntas, ou se estades deseperad@s porque o voso fillo non pega ollo, seguro que vos compensa vir a visitarnos este venres 25, de 17 a 19 horas: Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.




Falaremos destes temas e outros que se prantexen, compartiremos coma sempre as nosas experiencias.



As avoas, as cuñadas e as tías tamén están convidadas.

Vos esperamos!

lunes, 7 de octubre de 2013

Asi foi a nosa celebracion da SMLM

Onte celebramos a Semana Mundial da Lactación Materna, desfrute entre globos, lectura do manifesto, ademais dunha tetada pública da cal vos compartimos o enlace á noticia en CRTVG:

http://www.crtvg.es/informativos/defenden-os-beneficios-da-lactacion-materna-cunha-tetada-publica-675191#.UlJSXBNytTg.facebook

Do resto, as imaxes falan máis que as palabras, deixámosvolas aquí:










viernes, 4 de octubre de 2013

ÚLTIMA HORA. CASETA DE LACTANCIA

Como sabedes, todos os anos colaboramos co Concello de Lugo á hora de ofrecer un servizo cidadán durante as festas do San Froilán: unha
caseta de Lactancia Materna no parque de Rosalía.
En dita caseta, podedes aleitar aos vosos pequenos e pequenas, así como cambiarlles o cueiro, nun lugar protexido da choiva e cun mínimo de comodidade.Tamén contades con información gratuíta sobor da lactancia materna.

Anunciámosvos que este ano 2013, por causas alleas a esta asociación, a caseta
non conta con luz eléctrica, polo que o seu horario de uso estará limitado ás horas de luz natural.

Un saúdo.
A Xunta Directiva.

jueves, 3 de octubre de 2013

Celebración Semana Mundial da Lactación Materna 2013: Cercano, continuo y oportuno.


O vindeiro domingo 6 de outubro do 2013  ás  17:30 horas celebraremos a Semana Mundial da Lactación Materna ao carón do caseto de lactancia, que está instalado no parque de Rosalía de Castro xunto a Policía Local, ven a celebralo con nós, convidámosvos a todos/as a gozar deste acto conmemorativo onde imos repartir globos brancos como pingas de leite e compartir cos nosos/as cativos/as.

Esperámoste!!!


martes, 1 de octubre de 2013

Lotaría de Nadal

Xa temos á venda a lotaría de Nadal, anotade o número: 18.909, pode ser o premiado!.

Se queredes conseguila achegádevos algún venres polas nosas reunións en Lugo, Foz e Burela.

Sorte para todas!

domingo, 29 de septiembre de 2013

Algo grande está a piques de chegar!!!



BICO DE LEITE ten a honra de anunciarvos e convidarvos a unha nova actividade na que contaremos cun referente indiscutible para a lactancia materna e a crianza con apego como é o noso ben querido pediatra Carlos González. 
As asociacións "Bico de Leite" e "Medrando en Lugo" traeremos o vindeiro mes de outubro á nosa cidade ao

"Dr CARLOS GONZÁLEZ!!!"


Gozaremos dos seus sabios consellos e coñecementos, facéndonos partícipes do bo e fermoso que resulta unha crianza con apego, e máis de cal é o modo máis axeitado de dar unha alimentación infantil, dende dar o peito á alimentación complementaria ..., e todas esas cousiñas de lactancia e crianza que no día a día como nais ou pais nos xorden/ asaltan e preguntámonos.







"Durante años vi la lactancia con ojos de médico. Es la mejor nutrición, protege contra muchas enfermedades, salva miles de vidas, su promoción es una cuestión de salud pública... 
Luego tuve tres hijos, y algo cambió. Vi a mis hijos mamar y a mi esposa dar el pecho, y sentí ... ¿orgullo, admiración, asombro, embeleso, envidia? Mucho he leído desde entonces sobre lo que siente un padre en tales circunstancias pero aún no soy capaz de dar una descripción adecuada. La vida tiene profundidades que las palabras no alcanzan a sondar.
Comprendí que la lactancia no es una herramienta para conseguir la salud, sino una parte de la salud misma. No es un medio, sino un fin.[...] Son partes normales de una vida plena. Ahora sé que la lactancia no es un esfuerzo, y mucho menos un sacrificio, que la mujer hace por el bien de su hijo, sino una parte de su propia vida, de su ciclo sexual y reproductivo. Un derecho que nadie le puede arrebatar."

Carlos González (Un Regalo para toda vida. Guía de la lactancia materna).




 As Xornadas de Crianza con Apego será unha actividade conxunta coa asociación MEDRANDO EN LUGO (http://medrandoenlugo.es/ ) coa que temos o gusto de organizar esta fantástica actividade.
Terán lugar os días 29 e 30 de outubro, coa seguinte temática:


-29 de outubro ás 17:00h: Necesidades afectivas dos nenos/as



-30 de outubro ás 17:30h: Alimentación infantil.



Celebraranse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 

asistencia ás conferencias será baixo reserva previa na nosa conta de correo electrónico bicodeleite@yahoo.es ou no de MEL medrandoenlugo@gmail.com


O prezo para asistir as dúas charlas será de 15 euros para familias socias e 20 para as non socias. Tamén existe a posibilidade de acudir a unha soa charla por un prezo de 10 euros os socios e 15 os non socios.



Facilitaremos un espazo e monitores para os pequenos biqueiros/ as e meleiros/as.



A data límite de reserva será o 25 de outubro ou ata completar aforo.



Esperámosvos, vide a compartilas connosco, non volo perdades!!! :-D



jueves, 26 de septiembre de 2013

Reunión Temática: A falta de leite

O venres 27 de setembro de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, sito na rúa Doutor Garcia Portela 11-baixo, teremos a nosa primeira reunión temática do curso 2013-2014, para falar do tema que nalgún momento ó longo da nosa lactancia nos preocupou a todas:

A FALTA DE LEITE

Os estudos e informes oficiais, advirten reiteradamente que as preocupantes tasas de lactación materna se deben a unha falsa hipogalactia, derivada da falta de apoio social e institucional.

Se tendes dificultades, ou o tivestes e o superastes, se ós tres meses "se vos foi o leite" e deixastes de dar peito e non queredes que vos volva pasar ou queredes saber que foi o que pasou e como evitalo ou solucionalo, que se pode, achegádevos a falar un rato con outras mamás, acompañadas polos vosos bebés ou nenos e nenas e por quen vós queirades.

Agardámosvos!


martes, 17 de septiembre de 2013

Cancelada próxima reunión semanal en Foz


Informamos as persoas interesadas que este venres non se fará a reunión semanal en Fozdebido a que a nosa Montse se encontra convalecente dunha operación e xusto lle acaban de dar a alta.

Recordámosvos que en Lugo estaremos no horario habitual, e como sempre, podedes facer consultas telefónicas ou por email.


Manterémosvos informados sobre as novidades en canto ás reunións en Foz.




domingo, 1 de septiembre de 2013

Despedindo ao verán... e preparándonos para máis.


Falta moi poco para dicir adeus ao calorciño estival e continuar a rutina de sempre.

En Bico de Leite, quedamos con bo sabor de boca, pois estas vacacións nos deixaron:
  • As experiencias compartidas con cada nai que acudiu ás reunións de tódolos venres, pois as nosas asesoras traballan arreo todo o ano.
  • Unha marabillosa Xornada de Actualizacións en LM, coa nosa Patricia, da cal vos deixamos algunhas fotos.
  • Pero ademais, con moitisima ilusión en Bico de Leite estamos a xuntar tódolos ingredientes, porque algo moi moi grande vai ter lugar... idevos preparando.... ¡en breve teredes mais noticias!.




miércoles, 31 de julio de 2013

Axenda Bico de Leite en Burela



Montse, dende a costa, cóntanos como vai a axenda as próximas dúas semanas:

Este venres 2 de agosto, non haberá reunión de Bico de Leite a Mariña en Burela. Como xa sabeís a maioría, estou en continúa formación, así que me toca ir a clase.

Fan unha xornada de actualización en lactación moi interesante a cargo da nosa querida Patricia Lopez Izquierdo

Serán 2 días, o xoves día 1 en Bico de Leite Lugo e o venres repetimos en Alma, A Coruña Culleredo.

A seguinte reunión será o 16 de agosto en Foz, pero para calquera consulta non dudeís en chamarnos:


http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html



martes, 30 de julio de 2013

EMER/GENTES

Patricia López: ''Falaremos sobre as actualizacións na lactancia''


30/07/2013 - Andrea Andión/ El Progreso (Lugo)
Que temas se tratarán nesta xornada?
Será unha sesión moi participativa na que falaremos sobre varias cuestións e problemas da lactancia materna. Exporanse as novas investigacións e actualizacións sobre o tema.
Cando e onde será?
Será o día 1 de agosto no centro Lug2, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00.
A quen vai dirixida?
A asesores en lactancia e nais que xa teñan un mínimo de coñecementos nesta materia.
Fonte: El Progreso

sábado, 13 de julio de 2013

Xornada con Patricia: "Actualizacións en Lactación Materna". ¡BOAS NOVAS!


¡Xa temos o lugar!

Será en Centro Lug2, R/Pintor Corredoira, 4.

Fecha: 01 de agosto de 2013

Horario: De 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 hrs.

Comparte: Patricia López Izquierdo, Consultora Certificada en Lactación Materna IBCLC 311-77983.

O prezo será de 5€ non socias/ os, de balde para socias/ os.

Entregarase certificado de asistencia a quen cubra o requisito de asistir polo menos a 5 das 6 horas de duración da xornada.

A nosa Patri vén a compartirnos "Actualizacións en Lactación Materna", unha selección de temas varios e de interese para asesoras de lactación dentro e fóra da nosa asociación, e en xeral, a toda persoa interesada en temas de LM.

Para novas seguidoras, Patricia foi asesora de Bico de Leite dende os seus inicios ata que marchou a outros horizontes fóra de Lugo. Está formada como IBCLC (International Board Certified Lactation Consultant) e é un luxo para nós contar coa súa presenza.

Pois xa temos todo a punto, non esquezades confirmar a vosa asistencia, os que aínda non o fixeron:

bicodeleite@yahoo.es  teléfono: 670 41 98 05

Ata entón!






Ver mapa más grande

viernes, 12 de julio de 2013

Reunións de verán

En la foto: Susana y Eva

No verán (xullo e agosto) seguimos a reunirnos coma sempre.

Ven a coñecernos, compartir as túas inquedanzas, resolver as túas dúbidas, ou mesmo a visitarnos.

En Lugo:
Cada venres, na Aula de Educación Maternal do Sergas sita na rúa Doutor Portela nº 11 baixo , en horario de 11 a 13h agás o segundo e último venres de mes que son pola tarde de 17 a 19h. 

Na Mariña lucense:
As reunións de nais son o primeiro venres de mes de 18 a 20h na Casa da Cultura de Burela e o terceiro venres de mes na casa da Xuventude de Foz de 18 a 20h.

Para calquera consulta podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico no enderezo: bicodeleite@yahoo.es

E tamén nos teléfonos de consultoría:


En Lugo:
Esther 629 83 60 08
Arantxa 
982 15 06 18 / 608 446 503
Chus 619 94 57 93


Na Mariña:
Montse 649 75 59 81 (Foz e Burela)

En Vilalba e Viveiro:
Beni 630 58 17 46

Contamos contigo.


Un bico...de leite.