viernes, 13 de diciembre de 2013

Inauguración da Exposición Fotográfica "Amar, aleitar, vivir".


Dende Bico de Leite desexamos convocarvos á próxima inauguración da exposición fotográfica "Amar, aleitar, vivir".

O acto terá lugar na Sala de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti, o martes 17 de decembro, ás 12 hs.

Esta exposición permanente, témola que agradecer á xenerosidade de Purriños fotógrafos e da matrona de Vilalba, Benita Martínez.

As irmás Purriños, fotógrafas de prestixio recoñecido alén das nosas fronteiras, e nais que amamantan, quixeron amosar a fermosura que existe no acto de aleitar. Quixéronnolo regalar a Bico de leite.

Dende a nosa asociación, que ten como unha das súas finalidades a normalización social da lactancia materna, quixemos aproveitar este xeneroso ofrecemento para facer algo grande, algo dirixido á toda a sociedade luguesa...E así foi como naceu este fermoso proxecto, no que xa levamos traballando dende febreiro deste ano.

Todos sabemos a importancia social e sanitaria que ten o aleitamento materno, e tamén que unha imaxe vale máis ca mil palabras. O noso benquerido Hospital é unha porta aberta a toda a sociedade, un lugar perfecto onde amosar estas fermosas fotografías.

Dende o Hula acolleuse a osa iniciativa con todo o entusiasmo dende o principio e a colaboración ten sido un éxito.

O noso máis sinceiro agradecemento a todas as familias que aceptaron posar para as fotógrafas e regalarnos a todosos lugueses a súa imaxe.

Esperamos que sexa desfrutada por todo Lugo, porque é unha exposición dende o noso corazón para que chegue ao corazón de todos e todas.

Amar, aleitar vivir:
No devir da vida alimentamos aos nosos fillos,... non só co xantar, senón con agarimos, con fermosas historias, coas artes todas.
Nestas fermosas imaxes, que din máis que mil palabras, amósasenos ese fermoso fluir de vida que se regala no aleitamento materno, unha arte humana, que outorga a mellor herdanza.”

Graciñas a todas polo voso apoio día a día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario