¡Xa temos o lugar!
Será en Centro Lug2, R/Pintor Corredoira, 4.
Fecha: 01 de agosto de 2013
Horario: De 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 hrs.
Comparte: Patricia López Izquierdo, Consultora Certificada en Lactación Materna IBCLC 311-77983.
O prezo será de 5€ non socias/ os, de balde para socias/ os.
Entregarase certificado de asistencia a quen cubra o requisito de asistir polo menos a 5 das 6 horas de duración da xornada.
A nosa Patri vén a compartirnos "Actualizacións en Lactación Materna", unha selección de temas varios e de interese para asesoras de lactación dentro e fóra da nosa asociación, e en xeral, a toda persoa interesada en temas de LM.
Para novas seguidoras, Patricia foi asesora de Bico de Leite dende os seus inicios ata que marchou a outros horizontes fóra de Lugo. Está formada como IBCLC (International Board Certified Lactation Consultant) e é un luxo para nós contar coa súa presenza.
Pois xa temos todo a punto, non esquezades confirmar a vosa asistencia, os que aínda non o fixeron:
bicodeleite@yahoo.es teléfono: 670 41 98 05
Ata entón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario