jueves, 31 de octubre de 2013

Así foi o paso de Carlos González por Lugo


Onte despedimos a Carlos González logo de dous días moi ben aproveitados, con dúas charlas no Pazo de Feiras e Congresos: Necesidades Afectivas e Alimentación Infantil, outra charla no Colexio de Médicos, Farmacéuticos e de Enfermaría dirixida a persoal sanitario e asesoras de lactación sobre Uso de Fármacos durante a Lactación Materna e unha mesa redonda, luxazo que gozamos as socias de ambas as dúas asociacións (Bico de Leite e MEL) que asistimos a algunha das xornadas de Crianza con Apego, onde o destrozamos a preguntas e puidemos gozar do seu eterno bo humor.

Se 
tivesemos que resumir o que nos deixaron estas intensas xornadas diría que ningún esforzo por levar adiante unha lactación é pouco comparado co beneficio para o/a neno/a aleitado/a, que o desexo por seguir unha ou outra forma de crianza ha de atender sempre ao instinto propio e do/a neno/a, á ética do adulto que ha de recoñecer o que é correcto e non só en función do "beneficio", e que as nais vivimos uns tempos nos que, como nunca, temos acceso a unha información e recursos privilexiados que nos permiten ser o factor de cambio para lograr fillos/as máis felices e unha sociedade máis sa.

Déixanos un moi bo sabor de boca e ánimos renovados para seguir traballando en favor dos nosos fillos/ás.
Novamente, grazas por todo o traballo dos que fixeron posible esta marabillosa experiencia.

Deixámosvos unhas imaxes que o din todo:







No hay comentarios:

Publicar un comentario