Eu son Susana e teño unha nena de case ano e medio, o cal me permite ver con claridade a morea de obxectos superfluos que acumulei para o seu nacemento:
- Berce (durme connosco desde a alta hospitalaria)
- Carriño (aparqueino cando ela tiña seis semanas e descubrín os portabebés)
- Hamaca (que imita o balanceo do camiñar materno -os bebés prefiren o orixinal!)
- Mamadeiras e chupetes (usamos a teta para todo)
- Cantidades inxentes de roupa (cando, aínda hoxe, pasa a maior parte do tempo en pixama)
- Babeiros e puchos (non os atura)
- Xoguetes con moitas luces e sons (e o que realmente a apaixoa son os botes, os cargadores de móbil e mais as pinzas da roupa)
- Caixas de publicidade e mostras que nos deron nos cursos de educación maternal (e xa postos, o tempo que invertín asistindo a eles...)
- Consellos infundados, non pedidos e contradictorios entre sí
Máis adiante aínda me insistiron en que mercase andador, parqueciño e cadeira de paseo... Mais xa non caín;)
Cal é a vosa experiencia neste tema?