martes, 1 de marzo de 2011

Relatorio na Mariña

mariña

O venres 25 de marzo ás 17.30, na Casa da Cultura de Foz, temos a sorte de contar coa colaboración dunha das nosas socias fundadoras, Beni Martínez, matroa e conselleira de lactancia por Unicef.
A charla leva por título "Normalizando o aleitamento materno" e está dirixida a nais e pais -presentes ou futuros;)
Coma sempre, podedes vir acompañados de quen queirades -nenos e nenas incluídos!
A entrada é libre e gratuíta -vémonos alí?   

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada