lunes, 28 de marzo de 2011

Publicidade




Dunha banda, queremos comentarvos que vén de publicarse na prensa unha pequena entrevista á nosa presidenta sobre a xuntanza temática do pasado venres. Podedes lela aquí.
Esta semana a nosa asociación apareceu en varias ocasións en El progreso e mais na edición luguesa de La Voz de Galicia, así que desexamos aproveitar para agradecer aos devanditos xornais que nos axuden a publicitar a nosa actividade e así chegar a un maior número de persoas.






Doutra banda, informámosvos de que xa temos trípticos actualizados.
De facervos falla, achegádevos a unha das nosas xuntanzas e levade os que precisedes...
Podedes informarvos sobre outras formas de colaborar connosco aquí.
Moitas grazas!!

2 comentarios:

  1. A través desa entrevista recordei que existía este grupo de lactancia na provincia de Lugo.
    Son nai de tres fillas e estou a favor da lactancia materna, a min ninguén me axudou cando o necesitaba e coa filla mediana botei man de vos e axudástesme, dende aquela non volvera ata xunto de vos.
    Fai case un ano fixen un blog sobre a miña maternidade, encantaríame que pasarádes por alí e gustaríame poder enlazarvos no meu blog.

    ResponderEliminar
  2. Cartafol,
    Tés uns blogs ben chulos. Moitas grazas por enlazarnos!!!
    Alegrámonos de axudarte cando o precisabas, podes voltar polas xuntanzas coas túas nenas cando queiras.
    Unha aperta,
    Susana

    ResponderEliminar