domingo, 22 de noviembre de 2009

Reunión temática: "A evolución do peso nos bebés aleitados"

 Báscula bebé

REUNIÓN TEMÁTICA do mes de Novembro ( 27/11/2009 , ás 17h):

A EVOLUCIÓN DO PESO NOS BEBÉS AMAMANTADOS

O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa a todas as nais e pais.

As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos e prexuizos, e as veces non.

Agora mesmo dispoñemos a nivel mundial de unhas novas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés alimentados exclusivamente con leite materno, sanos e procedentes de distintos paises do mundo.
Estas novas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos seus "caminiños" ou percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.

Cada neno describe a súa propia CURVA de crecemento, que é normal que sexa quebrada e pase por riba e por baixo de varios percentís durante os primeiros meses.

As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo.

É moito mais preocupante hoxe en día na nosa sociedade a obesidade infantil que a posible desnutrición.
O leite materno protexe ás nenas e nenos contra a obesidade a longo prazo.

Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento xenéticamente previsto, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.

Se tendes dúbidas sobre o peso do voso bebé e vos apetece falar sobre este e outros temas relacionados...

Agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.

Ata pronto.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Contos con tetas, de novo: ELLA.


De Angel Sauret

Ella

Editorial la Galera , primeira edición febreiro de 2007.

Este conto gañou o I concurso de contos Infantís "lactancia y crianza" organizado pola Federación Catalana de Grupos de Apoio a la Lactancia Materna (FEDECATA), irmá maior da nosa Fedegalma.

Probablemente foi o libro pioneiro na literatura infantil española sobre lactancia materna.
Trátase de unha historia familiar, a chegada de unha irmá pero dun xeito un pouco diferente ó convencional... nun parto domiciliario e atendido por unha matrona.

Ella 001

O conto é narrado polo irmán maior: Luis, e xira en torno á elección do nome de Ella, aínda que os protagonistas son estes debuxos tan tenros, e esa maneira tan natural de explicar cousas (polo de agora) pouco convencionais...

Ella 2

Un xeito inmellorable de normalizar tanto o nacer na casa, como o dar á teta dende o minuto cero de vida do bebé, todo elo nun ambiente doce e cálido... cos seus destellos de humor...

Hala! Xa tendes outro libriño especial que pedir nas vosas librarías.

(e aínda nos quedan máis no tinteiro!)

Bicos de Leite para todas e todos

sábado, 31 de octubre de 2009

Celebración da Semana Mundial da lactación Materna 2009

Xa con bastante demora, contámosvos:
A festa foi moi ben, o tempo acompañou e coma sempre os meniños e e meniñas foron os protagonistas.
Gústanos compartir estas bonitas imaxes.

IMG_2499

IMG_2490

IMG_2456

smlm 09

smlm 09

smlm 2009 lugo

jueves, 29 de octubre de 2009

REUNIÓN TEMÁTICA 30 de Outubro de 2009: LACTANCIA E SONO

mami y bebe

Como dormen os bebés?
Dormen moito ou pouco?
Co paso do tempo dormen máis ou menos?
Cando van durmir toda a noite?
Os cereias de cea para que non esperten, mito ou realidade?
Os nenos de teta durmen peor que os de biberón?
É malo durmir os pais cos bebés?

Se vos facedes algunha destas preguntas, ou se estades deseperad@s porque o voso fillo non pega ollo... Seguro que vos compensa vir a visitarnos este venres de 17 a 19 horas.
Falaremos destes temas e outros que se prantexen, compartiremos coma sempre as nosas experiencias.

As avoas, as cuñadas e as tias tamén están convidadas.

Ata pronto.

jueves, 15 de octubre de 2009

Manifesto da Semana Mundial da Lactación Materna

Semana Mundial da Lactación Materna 2009
A LACTACIÓN MATERNA: UNHA RESPOSTA VITAL EN EMERXENCIAS, ESTAMOS PREPARADOS?

A lactación é un ESCUDO que protexe aos bebés en caso de emerxencia.

En caso de emerxencias, os máis pequenos son sempre os máis vulnerables, nestas circunstancias a mortalidade infantil aumenta entre un 2 e un 70% por mor da desnutrición e das enfermidades.

Unha emerxencia pode acontecer en calquera momento e en calquera lugar, tamén nos países desenvolvidos.

A lactación materna constitúe nestes casos un escudo protector para os bebés, e grazas a ela poderán mesmo salvar a vida.

O fomento do aleitamanto nas situacións normais prepara ás nais e familias para desenvolverse correctamente se se presenta unha emerxencia ,e para seguir dando aos seus fillos un alimento nutricionalmente óptimo, seguro, e completamente sostible: O leite materno.

Como xa se fixo durante a Ofensiva de Gaza (entre outras catástrofes humanitarias) fanse chamamentos internacionais para impedir as doazóns de leite artificial para as familias afectadas, de xeito que non se perxudique a eses nenos e nenas poñendo en perigo a continuidade da lactación materna, clave para a súa saúde e supervivencia.

É importante dar esta información, para contrarrestar outras campañas publicitarias, falsos mitos, e desinformación existentes respecto ó feito de amamantar.

Dándolles a todos os axentes sociais a información e concienciación necesaria para promover e protexer o amamantamento como un xeito de protexer aos nenos e nenas.

A definición de Emerxencias e situacións de crise son:
• Conflitos bélicos
• Desastres Naturais
• Enfermidades graves
• Desamparo ou problemas familiares ( separacións , abandonos , violencia no fogar...)

Podemos polo tanto interpretar que na actual situación de Pandemia de Gripe A , estamos ou poderíamos entrar en estado de emerxencia.

As autoridades sanitarias internacionais e a nosa Ministra de Sanidade recomendan em relación á gripe A:
  1. Manter a lactancia materna polo menos ata os dous anos de idade do bebé para protexelo da gripe H1N1.
  2. As mulleres infectadas de gripe A , que estean lactando aos seus fillos/as , pódeno seguir facendo e recibir antivirais.
  3. Se o bebé está enfermo á súa vez é cando máis precisa do leite da súa nai. Se ela está demasiado feble para aleitalo directamente, pódese alentala para que extraia o leite e lle sexa ofrecido ao bebé, preferiblemente sen biberóns para non interferir na succión posterior ó peito.
  4. A lactación deberíase inciar inmediatamente despois do nacemento, e o peito será ofrecido a miúdo. Evitando o leite de fórmula innecesario para que a inxesta de anticorpos co leite materno sexa o máis alta poible.
Os bebés alimentados ao peito son moito menos vulnerables ás infeccións respiratorias e sofren menos hosptalizacións.

Outra situación grave na actualidade é a alarmante epidemia de obesidade infantil.

Según a OMS, España é un dos países da UE con maiores taxas de obesidade infantil.
Unha das causas disto é a mala alimentación.
Estímase que un 27,6 % dos rapaces e rapazas de entre 2 e 24 anos sofren exceso de peso (sobrepeso ou obesidade).
Un neno/a obeso ten moitas probabilidades de chegar a ser un adulto obeso con todo o que iso conleva en riscos para a súa saúde.
A Lactación Materna protexe da obesidade e é un escudo que funciona durante toda a vida.

Para finalizar:
A práctica da lactación materna ofrece protección aos bebés contra o maltrato e a violencia doméstica xa que contribúe a formar vínculo entre a nai e os fillos/as, que promoven a súa protección instintiva.
A lactación materna ademáis fomenta a autoestima das mulleres e incrementa á súa autonomía ante as discriminacións e desigualdades de xénero.

A Lactación Materna: unha resposta vital en emerxencias.

jueves, 1 de octubre de 2009

Celebración da Semana Mundial da lactación Materna 2009

O vindeiro Sábado día 3, a partir das 12h. xunto os cantóns ó fondo da Praza Maior, preto do kiosko celebraremos unha pequena festa do aleitamento, onde vos convidamos a todos a gozar de

- música e xogos para os máis pequenos
- reparto de globos brancos para reivindicar a baixa maternal de 6 meses
- concentración de nais lactantes na que aproveitaremos para dar o peito ó aire libre cando os meniños o precisen e normalizar así o feito de aleitar ós nosos fillos
- a lectura dun manifesto coas nosas reivindicacións:

A protección, promoción e normalización da lactación materna, en todos os ámbitos da vida e da sociedade, tamén en situacións de emerxencias.

smlm2007

O lema deste ano da Semana Mundial da Lactación Materna é “Lactación materna unha resposta vital en emerxencias, estamos preparados?” sobre o que vos seguiremos facendo reflexionar ó longo da semana vindeira.

smlm-2009

Agardámosvos o sábado día 3 de Outubro, ás 12h. xunto ós cantóns ó fondo da Praza Maior preto do kiosko.

Lembrámosvos tamén que mañá hai reunión de nais no horario habitual.