Semana Mundial da Lactación Materna 2009
A LACTACIÓN MATERNA: UNHA RESPOSTA VITAL EN EMERXENCIAS, ESTAMOS PREPARADOS?
A LACTACIÓN MATERNA: UNHA RESPOSTA VITAL EN EMERXENCIAS, ESTAMOS PREPARADOS?
A lactación é un ESCUDO que protexe aos bebés en caso de emerxencia.
En caso de emerxencias, os máis pequenos son sempre os máis vulnerables, nestas circunstancias a mortalidade infantil aumenta entre un 2 e un 70% por mor da desnutrición e das enfermidades.Unha emerxencia pode acontecer en calquera momento e en calquera lugar, tamén nos países desenvolvidos.
A lactación materna constitúe nestes casos un escudo protector para os bebés, e grazas a ela poderán mesmo salvar a vida.
O fomento do aleitamanto nas situacións normais prepara ás nais e familias para desenvolverse correctamente se se presenta unha emerxencia ,e para seguir dando aos seus fillos un alimento nutricionalmente óptimo, seguro, e completamente sostible: O leite materno.
Como xa se fixo durante a Ofensiva de Gaza (entre outras catástrofes humanitarias) fanse chamamentos internacionais para impedir as doazóns de leite artificial para as familias afectadas, de xeito que non se perxudique a eses nenos e nenas poñendo en perigo a continuidade da lactación materna, clave para a súa saúde e supervivencia.
É importante dar esta información, para contrarrestar outras campañas publicitarias, falsos mitos, e desinformación existentes respecto ó feito de amamantar.
Dándolles a todos os axentes sociais a información e concienciación necesaria para promover e protexer o amamantamento como un xeito de protexer aos nenos e nenas.
A definición de Emerxencias e situacións de crise son:
• Conflitos bélicos
• Desastres Naturais
• Enfermidades graves
• Desamparo ou problemas familiares ( separacións , abandonos , violencia no fogar...)
Podemos polo tanto interpretar que na actual situación de Pandemia de Gripe A , estamos ou poderíamos entrar en estado de emerxencia.
As autoridades sanitarias internacionais e a nosa Ministra de Sanidade recomendan em relación á gripe A:
- Manter a lactancia materna polo menos ata os dous anos de idade do bebé para protexelo da gripe H1N1.
- As mulleres infectadas de gripe A , que estean lactando aos seus fillos/as , pódeno seguir facendo e recibir antivirais.
- Se o bebé está enfermo á súa vez é cando máis precisa do leite da súa nai. Se ela está demasiado feble para aleitalo directamente, pódese alentala para que extraia o leite e lle sexa ofrecido ao bebé, preferiblemente sen biberóns para non interferir na succión posterior ó peito.
- A lactación deberíase inciar inmediatamente despois do nacemento, e o peito será ofrecido a miúdo. Evitando o leite de fórmula innecesario para que a inxesta de anticorpos co leite materno sexa o máis alta poible.
Outra situación grave na actualidade é a alarmante epidemia de obesidade infantil.
Según a OMS, España é un dos países da UE con maiores taxas de obesidade infantil.
Unha das causas disto é a mala alimentación.
Estímase que un 27,6 % dos rapaces e rapazas de entre 2 e 24 anos sofren exceso de peso (sobrepeso ou obesidade).
Un neno/a obeso ten moitas probabilidades de chegar a ser un adulto obeso con todo o que iso conleva en riscos para a súa saúde.
A Lactación Materna protexe da obesidade e é un escudo que funciona durante toda a vida.
Para finalizar:
A práctica da lactación materna ofrece protección aos bebés contra o maltrato e a violencia doméstica xa que contribúe a formar vínculo entre a nai e os fillos/as, que promoven a súa protección instintiva.
A lactación materna ademáis fomenta a autoestima das mulleres e incrementa á súa autonomía ante as discriminacións e desigualdades de xénero.
A Lactación Materna: unha resposta vital en emerxencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario