domingo, 22 de noviembre de 2009

Reunión temática: "A evolución do peso nos bebés aleitados"

 Báscula bebé

REUNIÓN TEMÁTICA do mes de Novembro ( 27/11/2009 , ás 17h):

A EVOLUCIÓN DO PESO NOS BEBÉS AMAMANTADOS

O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa a todas as nais e pais.

As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos e prexuizos, e as veces non.

Agora mesmo dispoñemos a nivel mundial de unhas novas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés alimentados exclusivamente con leite materno, sanos e procedentes de distintos paises do mundo.
Estas novas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos seus "caminiños" ou percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.

Cada neno describe a súa propia CURVA de crecemento, que é normal que sexa quebrada e pase por riba e por baixo de varios percentís durante os primeiros meses.

As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo.

É moito mais preocupante hoxe en día na nosa sociedade a obesidade infantil que a posible desnutrición.
O leite materno protexe ás nenas e nenos contra a obesidade a longo prazo.

Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento xenéticamente previsto, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.

Se tendes dúbidas sobre o peso do voso bebé e vos apetece falar sobre este e outros temas relacionados...

Agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.

Ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario