sábado, 9 de agosto de 2025

Reunión de nais martes 12 agosto 2025

 


Vémonos este martes as 17h! Lembra que podes vir despois das 17h marchar antes das 19h ☺️

Estaremos alí esas dúas horas para conversar, compartir e aprender~

#lugo #lactancia #lactanciamaterna

Manifesto Semana Mundial da Lactancia Materna 2025





Este pasado xoves, 31 de xullo, celebramos o nos 20 aniversario. @esthermbecaresibclc, unha das socias fundadoras, matrona e experta en lactancia, leu un manifiesto por mor da semana mundial da lactancia materna e desta andadura de 20 anos xa! Compartimos un pequeño fragmento do mismo #lactancia #lactanciamaterna #lugo


"Bico de leite é un xogo de palabras que reflexa o sentido profundo do acto de amamantar... por unha banda está o sentido de bico como o bico do peito , mamila ou pezón, que é a parte da anatomía da muller que entra en contacto profundo co bebé no aleitamento, reflictindo o aspecto fisiolóxico da lactancia, como proceso nutritivo... e por outra está o sentido de bico con su acepción habitual, como sinal de amor, salientando o aspecto emocional do feito de amamantar, o vínculo de contacto íntimo, ese bico físico que nai e fillo intercambian con todo o seu corpo e a súa alma e que convirte a lactancia materna en moito máis ca un proceso nutritivo."

lunes, 28 de julio de 2025

jueves, 26 de junio de 2025

Reunión de nais 27 de xuño 2025


Vémonos este venres na última reunión do mes!
De 11:00h a 13:00h, cada unha ven cando pode e marcha cando o precisa.
Esperámoste!


lunes, 9 de junio de 2025

Reunión de nais 10 xuño 2025


Vémonos este martes á tardiña!
Lembra que podes vir co teu bebé...tamén parella, amiga. nai , avoa...
A reunión comeza ás 17 h e remata ás 19h, mais podes vir cando o precises e marchar cando queiras...

 

lunes, 12 de mayo de 2025

Calendario reunións maio 2025


 Aquí tedes o calendario das actividades de Bico para este mes de maio.... 
E atención, atención!!!! Este mes como novidade!!!! 
Estreamos as reunións de pais "en lactancia".
Vas ser pai? Xa tes un fillo? Túa parella decidiu amamantar o voso bebé?


En Bico de Leite atoparás o lugar para compartir experiencias, dúbidas e inquietudes 
Esperamos que vos animedes a vir!!!


sábado, 5 de abril de 2025

Reunións de nais mes de abril 2025

 


Estas son as datas das reunións de nais do mes de abril...
Xa as podedes anotar nas vosas axendas!!!!
Agardámosvos en Rúa Calzada das Gándara 1, Urbanización Paradai. Lugo!

viernes, 28 de marzo de 2025

Reunión de nais venres 28 marzo de 2025

 

VIERNES 28 REUNIÒN DE NAIS AS 11:00
📍 Farémolo no local que vimos usando en Rúa Calzada das Gándaras, 1.
Podes vir co teu bebé xa fora da pel 🤱, co teu neno ou nena 👩‍👧‍👦 ou si estás embarazada 🤰. Podes vir acompañada de quen queiras!
As reunions de nais consiste en nais voluntarias e asesoras de lactancia, que se presentan e dan paso a cada nai para que se presente e comente a súa situación e as dudas que poda ter, así como dificultades ou algún tema do que lle apeteza falar e trataremos os temas entre todas.
Achégate!

Se tes dúbidas consulta sen compromiso no email: bicodeleite@yahoo.es

lunes, 10 de marzo de 2025

Reunión de nais martes 11 marzo 2025

 

Farémolo no local que vimos usando en Rúa Calzada das Gándaras, 1.
Podes vir co teu bebé xa fora da pel 🤱, co teu neno ou nena 👩‍👧‍👦 ou si estás embarazada 🤰. Podes vir acompañada de quen queiras!
As reunions de nais consiste en nais voluntarias e asesoras de lactancia, que se presentan e dan paso a cada nai para que se presente e comente a súa situación e as dudas que poda ter, así como dificultades ou algún tema do que lle apeteza falar e trataremos os temas entre todas.
Achégate!

Se tes dúbidas consulta sen compromiso no email: bicodeleite@yahoo.es

martes, 11 de febrero de 2025

Reunión de nais 11 febreiro 2025

 


MARTES 11 REUNIÒN DE NAIS 17:00

📍 Farémolo no local que vimos usando en Rúa Calzada das Gándaras, 1.
Podes vir co teu bebé xa fora da pel 🤱, co teu neno ou nena 👩‍👧‍👦 ou si estás embarazada 🤰. Podes vir acompañada de quen queiras!
As reunions de nais consiste en nais voluntarias e asesoras de lactancia, que se presentan e dan paso a cada nai para que se presente e comente a súa situación e as dudas que poda ter, así como dificultades ou algún tema do que lle apeteza falar e trataremos os temas entre todas.
Achégate!
Se tes dúbidas consulta sen compromiso no email: bicodeleite@yahoo.es

domingo, 15 de diciembre de 2024

Taller BABY SIGN xoves 19 de decembro 2024

 


📆 Este xoves temos taller en Bico!
Serà ás 17:00 (Dura unha hora) no local da Calzada das Gándaras, 1 (Urbanización Paradai).
A importancia da comunicación con as nosas crianzas comeza antes da fala. Neste taller coñeceremos os signos básicos para iniciarnos na habilidade de signar aos nosos bebés (Baby Sign)
✍🏼 Se precisas mais información escribe a bicodeleite@yahoo.es

jueves, 5 de diciembre de 2024

sábado, 9 de noviembre de 2024

Reunión nais martes 12 novembro 2024

 

Tes plan para o próximo martes 12?
Si estás embarazada ou tes unha crianza lactante achégate ao local que usamos para facer as REUNIÓNS DE NAIS. Será pola tarde.
Estas reunións son gratuitas e nelas compartimos dúbidas, comentamos vivenzas e preocupacións e pasamos un rato agradable entre as mulleres e as familias que vides.
Non e necesario anotarse previamente e son gratis, pero si tes dúbidas podes escribirnos a bicodeleite@yahoo.es
Vémonos, un bico de leite!

sábado, 12 de octubre de 2024

Espazo para aleitar no San Froilán 2024


 Xa fuche ao San Froilán?
Visita a caseta de lactancia se necesitas un espazo tranquilo para aleitar
Grazas ao Concello de Lugo por contar con nós outro ano máis.

lunes, 7 de octubre de 2024

Reunión de nais martes 8 de Outubro 2024

 

🐙 Arrancamos o San Froilán con reunión de nais 🐙
Achégate ao local en Calzada das Gándaras mañá martes día 8 pola mañá, as 17:00
Estas reunións son para compartir e poñer en común dúbidas e vivenzas.
Si estás embarazada ou tes un lactante esta reunión interésache.

📩 Se quedas con dúbidas podes escribir a bicodeleite@yahoo.es

miércoles, 25 de septiembre de 2024

Reunión de nais venres 27 de setembro 2024

 


Continuamos cas reunións de nais!

Achégate ao noso local en Calzada das Gándaras o próximo venres 27 de setembro pola mañá, as 11:00.
Estas reunións son para compartir e poñer en común dúbidas e vivenzas.
Si estás embarazada ou tes un lactante esta reunión interésache.
Se quedas con dúbidas podes escribir a bicodeleite@yahoo.es

lunes, 9 de septiembre de 2024

Reunión nais martes 10 de setembro 2024

 


Retomamos as reunións de nais!

Achégate ao noso local en Calzada das Gándaras o próximo martes día 10 de setembro pola tarde, as 17:00.
Estas reunións son para compartir e poñer en común dúbidas e vivenzas.
Si estás embarazada ou tes un lactante esta reunión interésache.
Se quedas con dúbidas podes escribir a bicodeleite@yahoo.es

martes, 6 de agosto de 2024

Agradecementos festa biqueira SMLM 2024



En Bico de leite comezamos a Semana Mundial da Lactación Materna (SMLM) cunha festa ao grande.

Queremos agradecer a todas as familias que compartiron con nós esta marabillosa tarde do xoves 1 de agosto.

Ata o tempo foi o noso aliado!!!

Enviamos o noso máis sincero agradecemento a: 

* Exmo Concello de Lugo, Concellería de Benestar Social de Maiores, por facilitarnos os espazos

* Total Sport polos seus divertidos xogos con monitoras dedicadas aos cativos

* Manuel Manuel pola deliciosa merenda e o servizo atento a cada detalle

* Lore Lavand e o seu equipo pola súa chispa, profesionalidade e por deseñar un espectáculo personalizado para a nosa causa: emotivo, vibrante e divertido... "pura maxia"


* Praline para o deseño exclusivo das nosas galletas decorativas para regalarvos, elaboradas con cariño e detalle, deliciosas...  mmmm

* Jacobo por materializar a tecnoloxía que nos permitiu alzar a voz e dar visibilidade ao lema deste 2024...

* Asason polas cadeiras cómodas e mesas de apoio útiles

* El Progreso, por amosar  interese nesta actividade e axudarnos a colocar a lactación materna no lugar que merece

* Todas as socias que puxeron o seu grao de area para organizar e facer realidade este soño.


#SMLM2024 Pechando a brecha: apoiando a lactación materna para todas


No 2025 seguiremos celebrando e visibilizando o mellor agasallo para as nosas crianzas... e no camiño apoiando e axudando ás familias biqueiras que confían en nós.


Grazas

martes, 23 de julio de 2024

Festa biqueira Semana Mundial da Lactancia Materna 2024



 

    Bico de leite convídavos a celebrar connosco a Semana Mundial da Lactancia Materna 2024, o vindeiro xoves 1 de agosto pola tarde cunha festa familiar moi especial 

    Esperamos vervos a moitas familias dende as 17:00 h ata as 20:00 h ao fondo do parque de Frigsa, fronte ao centro social da Milagrosa e a biblioteca municipal.

Haberá xogos, merenda e ... ¡¡¡ maxia con Lore Lavand !!!

    Co lema “Pechando a brecha: apoiando a lactación materna en todas as situacións”, a SMLM 2024 céntrase na importancia de que todas as nais que queiran poidan amamantar con éxito aos seus fillos, independentemente das diversas circunstancias de cada muller e de cada familia.

    Queremos que sexa un lugar cómodo, nun entorno natural que conta con:

- prazas de aparcadoiro para familias que se desprazan en coche con carriños de bebés

- zonas próximas de xogo infantil e sombras naturais.

    Contamos coa inestimable colaboración do  Concello de Lugo , que sempre apoia ás asociacións sen ánimo de lucro, en especial a Concellería de Benestar Social.

Agardámosvos !!!!