martes, 23 de julio de 2024

Festa biqueira Semana Mundial da Lactancia Materna 2024



 

    Bico de leite convídavos a celebrar connosco a Semana Mundial da Lactancia Materna 2024, o vindeiro xoves 1 de agosto pola tarde cunha festa familiar moi especial 

    Esperamos vervos a moitas familias dende as 17:00 h ata as 20:00 h ao fondo do parque de Frigsa, fronte ao centro social da Milagrosa e a biblioteca municipal.

Haberá xogos, merenda e ... ¡¡¡ maxia con Lore Lavand !!!

    Co lema “Pechando a brecha: apoiando a lactación materna en todas as situacións”, a SMLM 2024 céntrase na importancia de que todas as nais que queiran poidan amamantar con éxito aos seus fillos, independentemente das diversas circunstancias de cada muller e de cada familia.

    Queremos que sexa un lugar cómodo, nun entorno natural que conta con:

- prazas de aparcadoiro para familias que se desprazan en coche con carriños de bebés

- zonas próximas de xogo infantil e sombras naturais.

    Contamos coa inestimable colaboración do  Concello de Lugo , que sempre apoia ás asociacións sen ánimo de lucro, en especial a Concellería de Benestar Social.

Agardámosvos !!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario