martes, 6 de agosto de 2024

Agradecementos festa biqueira SMLM 2024



En Bico de leite comezamos a Semana Mundial da Lactación Materna (SMLM) cunha festa ao grande.

Queremos agradecer a todas as familias que compartiron con nós esta marabillosa tarde do xoves 1 de agosto.

Ata o tempo foi o noso aliado!!!

Enviamos o noso máis sincero agradecemento a: 

* Exmo Concello de Lugo, Concellería de Benestar Social de Maiores, por facilitarnos os espazos

* Total Sport polos seus divertidos xogos con monitoras dedicadas aos cativos

* Manuel Manuel pola deliciosa merenda e o servizo atento a cada detalle

* Lore Lavand e o seu equipo pola súa chispa, profesionalidade e por deseñar un espectáculo personalizado para a nosa causa: emotivo, vibrante e divertido... "pura maxia"


* Praline para o deseño exclusivo das nosas galletas decorativas para regalarvos, elaboradas con cariño e detalle, deliciosas...  mmmm

* Jacobo por materializar a tecnoloxía que nos permitiu alzar a voz e dar visibilidade ao lema deste 2024...

* Asason polas cadeiras cómodas e mesas de apoio útiles

* El Progreso, por amosar  interese nesta actividade e axudarnos a colocar a lactación materna no lugar que merece

* Todas as socias que puxeron o seu grao de area para organizar e facer realidade este soño.


#SMLM2024 Pechando a brecha: apoiando a lactación materna para todas


No 2025 seguiremos celebrando e visibilizando o mellor agasallo para as nosas crianzas... e no camiño apoiando e axudando ás familias biqueiras que confían en nós.


Grazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario