jueves, 15 de noviembre de 2012

Crises de crecemento I


(traducido e adaptado de www.lactaranda.org.es)

2011-12-16 19_59_13

Estas crises, debidas ben á necesidade de aumentar a produción de leite, ben á maduración do bebé, adoitan facer dubidar ás nais da súa capacidade para aleitar, polo que consideramos preciso informarvos sobre elas.

CRISE dos 15-17 DÍAS 
- Franxas amplas ( hai nenos/as que a comezan entre os 12 e os 20 días).
- O bebé precisa máis leite, cómpre aumentar a produción. Nestes días vai recibir a maior cantidade de leite da súa lactancia, en torno a 1’5 litro ao día. 
- Mama de xeito constante. 
- Dura 3-4 días.

CRISE das 6-7 SEMANAS
- Hai un cambio de composición do leite que fai que momentaneamente estea máis salgado.
- O bebé amósase amolado por ese cambio da composición e tén un patrón de conduta bastante habitual: comeza succionar e inmediatamente se pon tenso, arquea as costas, tensa as pernas, tira da mamila... 
- Resólvese nunha semana, dúas como moito.

CRISE dos 3 MESES 
- É a máis coñecida. 
- É a crise que máis abandonos rexistra.
- Os bebés neste momento saben mamar moi ben, moi rápido. En 2-5 minutos poden baleirar o peito. Cando a nai tenta volvelo ofrecer, o bebé está inquedo, protesta… e a nai víveo coma un rexeitamento directo.
- O bebé comeza ter máis conexións neuronais e empeza ver máis aló da cara e do peito da mamá e distráese con facilidade. Desengánchase deseguido, mira a nai, sorrí... O bebé fai un parón no crecemento, que a nai vive como que queda con fame, mais non é así.
- Aos 3 meses só maman ben cando están dormidos ou cansos, cando non hai estímulos que os distraian.
- É unha crise bastante desesperante porque é bastante longa. Pode durar un mes ou mes e medio, que é o que tarda o bebé en aprender que súa mamá produce leite cando el a pide. Até entón a nai fabrica leite deseguido, mais a partir dos 3 meses fabrícaa no momento en que o bebé lla pide. 
-Algúns nenos sófrena aos 4 meses.

Susana
bicodeleite@yahoo.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada