jueves, 1 de noviembre de 2012

A axitación do aleitamento

11032011-IMG_1151

(traducido e adaptado de http://www.llli.org/lang/espanol/lvaugsep03c.html de Hillary Flower, autora do marabilloso libro "Adventures in tandem nursing")

A axitación do aleitamento é unha fase moi dura para as nais, constituíndo un dos tabús da maternidade, mesmo dentro do movemento prolactancia, polo cal decidimos facernos eco aquí deste tema.

O embarazo parece ser a etapa específica na que se dá este sentimento, afectando a máis dun terzo das mulleres, sobre todo na segunda metade da xestación. Para moitas nais a axitación diminúe ao final do embarazo, mentres que para outras este parece ser o período no que é máis intensa.
Porén, a axitación pode ocorrer tamén a calquera nai que aleita ininterrompidamente, mesmo sen estar embarazada.

A natureza precisa da axitación varía enormemente de muller a muller: algunhas nais describen un sentimento de irritación (tensión, enfado, ansiedade), para outras é unha sensación de grima, mesmo noxo.
A severidade da reacción varía de lixeira (“Por que xa non gozo de aleitar a meu filliño?") a extrema (“Ahhhhhh! Quítenme de aquí a este neno!”). 

A axitación do aleitamento pode vir das nosas raíces coma mamíferas: a agresión maternal é común no mundo animal durante o tempo de destete, e é posíbel que o embarazo faga que os nosos corpos pensen que é tempo de destetar. 

En todo caso, a axitación non é un reflexo da relación materno-filial nin dos sentimentos da nai cara á lactancia.

Quizais o enfoque máis axeitado radique na toma de conciencia persoal sobre estes sentimentos, no diálogo co neno ou nena e na posibilidade para a nai de ter máis tempo para ela.

+info aquí e aquí

E ti, nai lactante, sentiches algunha vez algo parecido?

Susana
bicodeleite@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada