A autora do libro "Dormir sin lágrimas", que vos recomendamos dende Bico de leite sobre o sono infantil, acaba de sacar outro libro titulado "La crianza feliz". Este non podemos recomendárvolo porque aínda non tivemos oportunidade de lelo, pero o que si podemos é recomendarvos ir a escoitala e a preguntarlle dúbidas e intercambiar opinións mañá, mércores 6 de maio, ás 17:30h no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, na cidade da Coruña.
O acto está organizado por kanguras, irmás de vocación na cidade de Hércules.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario