martes, 14 de junio de 2016

Arde Lucus 2016


A XV edición do Arde Lucus, que se celebrará os días 16,17, 18 e 19 de xuño, comprenderá unhas 400 actividades entre as que, por terceiro ano consecutivo, encóntrase a iniciativa das matronas lucenses baixo a denominación de “OBSTETRIX: A MATRONA DENDE ROMA ATA HOXE”.

Esta actividade, organizada polo Colexio de Enfermería de Lugo e en colaboración coa Asociación Galega de Matronas, xurde no 2014 cun claro obxectivo de achegamento e sensibilización á cidadanía sobre o papel da matrona na saúde da muller. Un ano máis, queremos lembrar a tódolos lucenses e visitantes a importancia e trascendencia da nosa profesión ao longo de tódolos tempos.

Tendo presente o carácter dinámico, vivo e en constante renovación desta festa, e valorando a súa repercusión e popularidade sen par, un dos nosos obxectivos para esta edición é a promoción e o fomento da lactancia materna.

Son innegables os beneficios e vantaxes da lactancia materna, sen embargo, no noso día a día como matronas comprobamos que as taxas desta práctica seguen sen achegarse ás desexables, sobre todo en canto a lactancia prolongada se refire. Moitas prácticas habituais, como a separación da nai e o neno, as garderías para recén nados, a falta de apoio no entorno da nai, os falsos mitos ou a suplementación rutinaria con leites artificiais dificultan a lactancia materna.

É por todo elo que faremos unha “QUEDADA PARA AMAMANTAR” o sábado 18 de xuño ás 13 horas no posto das OBSTETRIX na praza de España, á que quedan invitadas tódalas familias que amamantan aos seus bebés.

As nais que se acheguen cos seus bebés serán as auténticas protagonistas nun xesto para facer notar a importancia da lactancia materna que supón un beneficio non só para a nai e o neno, senón tamén para toda a sociedade.


A celebración e difusión deste evento é unha colaboración de:

- Colexio Oficial de Enfermería de Lugo.

- Asociación Galega de Matronas AGAM.

- Asociación Lucense pro lactancia materna Bico de leite.






miércoles, 1 de junio de 2016

Obradoido práctico de porteo respectuoso

O 11 de xuño, de 11 a 13 horas na Casa da Xuventude (rúa Xesús Bal e Gai s/n) teremos un novo obradoiro práctico de porteo respectuoso impartido pola nosa socia e asesora en porteo certificada Elena Belgrano. É precisa a inscrición previa no correo bicodeleite@yahoo.es ata o xoves 9 de xuño. Agardámosvos!!!

miércoles, 25 de mayo de 2016

Lactancia materna e reincorporación ao traballo remunerado.

Tes que voltar a traballar e aínda estás amamantando?

Queres manter a lactancia do teu fillo aínda que teñas que traballar?

É posible, tanto se tes un bebé que aínda toma lactancia materna exclusiva como se xa tes un bebé máis maior pero non queres deixar de darlle o peito.

Este venres 27 de maio, na reunión de nais de Lugo falaremos de Lactancia materna e reincorporación ao traballo remunerado, e de extracción e conservación do leite materno. Achégate a partires das 17 horas ao C.S. da Praza do Ferrol, terceiro andar. Falaremos destes temas e compartiremos experiencias e ideas para facelo posible.

jueves, 25 de febrero de 2016

Próxima charla venres 26 de febreiro

Mañá no noso horario habitual de tarde teremos una nova charla. Falaremos de Lactancia materna e anticoncepción, lactancia materna e embarazo, e lactancia materna en tándem.

O método MELA, qué anticonceptivos se poden usar durante a lactancia materna, qué sucede cando estamos aleitando e hai un novo embarazo, se se pode continuar coa lactancia (xa vos adiantamos que si), e qué é e como funciona a lactancia en tándem e o aleitamento de dous bebés de diferentes idades son algúns dos temas dos que falaremos.

Agardámosvos ás 17 horas no Centro de Saúde da Praza do Ferrol, terceiro andar.

miércoles, 13 de enero de 2016

A Pedagoxía do Abrazo con M. Nieves López


 Medrando en Lugo e Bico de Leite, propóñenvos un novo proxecto... un proxecto para nais/pais e profesionais implicados na educación dos nenos e nenas.

 Será un proxecto de varias sesións, todas elas enlazadas que formarán parte da nosa ESCOLA PARA NAIS E PAIS. Desta volta leva por título A PEDAGOXÍA DO ABRAZO e será impartido íntegramente por M. Nieves López, pedagoga e psicomotricista, formada en Pedagoxía Waldorf e na Pedagoxía do Abrazo de Vinculación según Jirina Prekop. Actualmente Nieves é profesora no CIFP Politécnico de Lugo no módulo de Educación Infantil.

 O obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre as posibilidades que se abren cando miramos a vinculación e o seu desenvolvemento, para comprender cada etapa evolutiva dos nosos nenos/as.
No primeiro obradoiro daremos resposta as preguntas: Apréndese o rol de nai e pai? ou nácese con ese rol incorporado?

 Este proxecto daranos a posibilidade de traballar a Pedagoxía do Abrazo, de facer un momento de paréntese para mirar o proceso vivido e, desde a lixereza da toma de conciencia, permitirnos e posibilitarnos xerar toma de decisións enriquecedoras para acompañar aos nosos nenos e nenas na súa construcción vincular.

 O primeiro taller levarase a cabo o Domingo 31 de xaneiro de 10:30 as 13:30 na Casa das Asociacións de Frigsa.

 O prezo de cada taller é de 10 euros por familia para socios de Bico e de MEL e de 15 euros para familias non socias.

 A reserva levarase a cabo a través das contas de correo medrandoenlugo@gmail.com e bicodeleite@yahoo.es

 As prazas son moi limitadas... ven a vivir esta experiencia da man dos mellores!!

jueves, 7 de enero de 2016

Reunión en Burela

Feliz ano!!!!!

Deixámosvos o aviso que nos comunica a nosa asesora de A Mariña, Montse: este venres haberá reunión en Burela.