miércoles, 13 de enero de 2016

A Pedagoxía do Abrazo con M. Nieves López


 Medrando en Lugo e Bico de Leite, propóñenvos un novo proxecto... un proxecto para nais/pais e profesionais implicados na educación dos nenos e nenas.

 Será un proxecto de varias sesións, todas elas enlazadas que formarán parte da nosa ESCOLA PARA NAIS E PAIS. Desta volta leva por título A PEDAGOXÍA DO ABRAZO e será impartido íntegramente por M. Nieves López, pedagoga e psicomotricista, formada en Pedagoxía Waldorf e na Pedagoxía do Abrazo de Vinculación según Jirina Prekop. Actualmente Nieves é profesora no CIFP Politécnico de Lugo no módulo de Educación Infantil.

 O obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre as posibilidades que se abren cando miramos a vinculación e o seu desenvolvemento, para comprender cada etapa evolutiva dos nosos nenos/as.
No primeiro obradoiro daremos resposta as preguntas: Apréndese o rol de nai e pai? ou nácese con ese rol incorporado?

 Este proxecto daranos a posibilidade de traballar a Pedagoxía do Abrazo, de facer un momento de paréntese para mirar o proceso vivido e, desde a lixereza da toma de conciencia, permitirnos e posibilitarnos xerar toma de decisións enriquecedoras para acompañar aos nosos nenos e nenas na súa construcción vincular.

 O primeiro taller levarase a cabo o Domingo 31 de xaneiro de 10:30 as 13:30 na Casa das Asociacións de Frigsa.

 O prezo de cada taller é de 10 euros por familia para socios de Bico e de MEL e de 15 euros para familias non socias.

 A reserva levarase a cabo a través das contas de correo medrandoenlugo@gmail.com e bicodeleite@yahoo.es

 As prazas son moi limitadas... ven a vivir esta experiencia da man dos mellores!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario