A XV edición do Arde Lucus, que se celebrará os días 16,17, 18 e 19 de xuño, comprenderá unhas 400 actividades entre as que, por terceiro ano consecutivo, encóntrase a iniciativa das matronas lucenses baixo a denominación de “OBSTETRIX: A MATRONA DENDE ROMA ATA HOXE”.
Esta actividade, organizada polo Colexio de Enfermería de Lugo e en colaboración coa Asociación Galega de Matronas, xurde no 2014 cun claro obxectivo de achegamento e sensibilización á cidadanía sobre o papel da matrona na saúde da muller. Un ano máis, queremos lembrar a tódolos lucenses e visitantes a importancia e trascendencia da nosa profesión ao longo de tódolos tempos.
Tendo presente o carácter dinámico, vivo e en constante renovación desta festa, e valorando a súa repercusión e popularidade sen par, un dos nosos obxectivos para esta edición é a promoción e o fomento da lactancia materna.
Son innegables os beneficios e vantaxes da lactancia materna, sen embargo, no noso día a día como matronas comprobamos que as taxas desta práctica seguen sen achegarse ás desexables, sobre todo en canto a lactancia prolongada se refire. Moitas prácticas habituais, como a separación da nai e o neno, as garderías para recén nados, a falta de apoio no entorno da nai, os falsos mitos ou a suplementación rutinaria con leites artificiais dificultan a lactancia materna.
É por
todo elo que faremos unha “QUEDADA PARA AMAMANTAR” o sábado 18
de xuño ás 13 horas no posto das OBSTETRIX na praza de España, á
que quedan invitadas tódalas familias que amamantan aos seus bebés.
As nais que se acheguen cos seus bebés serán as auténticas protagonistas nun xesto para facer notar a importancia da lactancia materna que supón un beneficio non só para a nai e o neno, senón tamén para toda a sociedade.
A
celebración e difusión deste evento é unha colaboración de:
- Colexio
Oficial de Enfermería de Lugo.
-
Asociación Galega de Matronas AGAM.
-
Asociación Lucense pro lactancia materna Bico de leite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario