Deixámosvos unas fotiños do obradoiro de masaxe infantil do sábado pasado. Graciñas a todas.
jueves, 12 de noviembre de 2015
martes, 27 de octubre de 2015
Obradoiro de masaxe infantil
Temos programado un novo obradoiro de masaxe infantil, será o 07 de novembro de 2015 ás 11 na Casa da Xuventude coa nosa compañeira Belén García Iglesias, fisioterapeuta, asesora de lactancia e nai de tres fillos.
O prazo de inscrición é ata o 05 de novembro no noso correo, bicodeleite@yahoo.es Non vos esquezades, as prazas son limitadas.
Lembrade que teredes que traer una mantiña, una esteira ou colchón, e aceite de masaxe, preferentemente vexetal.
Agardámosvos!!!
O prazo de inscrición é ata o 05 de novembro no noso correo, bicodeleite@yahoo.es Non vos esquezades, as prazas son limitadas.
Lembrade que teredes que traer una mantiña, una esteira ou colchón, e aceite de masaxe, preferentemente vexetal.
Agardámosvos!!!
lunes, 5 de octubre de 2015
Obradoiro de nanas para acolar de Medrando en Lugo
As nosas familias compañeiras de Medrando en Lugo organizan un Obradoiro de Nanas para acolar con Ugia Pedreira ao que nos invitan a asistir co mesmo custo que para as súas familias socias. Desde Bico queremos agradecérllelo e invitarvos a todos/as os/as socios/as a asistir. Deixámosvos co precioso texto co que o explican e coa información e o cartel.
"Se puidésemos gardar na alma un momento fermoso das nosas
vidas seguramente sería estar en brazos das nosas nais e dos nosos pais,
sentíndonos seguros, protexidos, comprendidos... e se a isto lle sumamos a súa
voz tranquila, cunha nana fermosa, con palabras de amor de seguro o momento non
pode ser mellor!!!!
Da man de Ugia
Pedreira traballaremos o significado da voz e o seu poder sentimental pasando
polo mapa emocional que nos acompaña dende a nenez: medo, cólera, alegría...
O impacto da nosa voz
está presente tanto no útero materno como nos primeiros anos de vida. A
repercusión da voz entre nai e fillo/a e entre pai e fillo/a será parte das
conversas de este obradoiro.
Será o domingo 18 de
outubro as 11:00 horas, a duración do mesmo é de dúas horas e os peques serán
benvidos para poder gozar máis que ninguén destas nanas para acolar.
O prezo do obradoiro
é de 10 euros para socios de Medrando en Lugo e Bico de Leite e para o resto de
familias 15 euros.
Non quedes sen a túa
praza e ven a vivir un momento de música con Ugia Pedreira que de seguro
gardarás na alma!!!!Reservas en medrandoenlugo@gmail.com "
domingo, 4 de octubre de 2015
Semana Mundial da Lactancia Materna 2015: Amamantar e traballar: logremos que sexa posible!!!!
Dende Bico de leite e dende todo o movemento social a favor
da lactancia materna, recoñecemos:
Que a lactancia materna é un Dereito de todas as familias.
Que o apoio ás familias que amamantan pasa por unha boa
información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de
conciliación familiar e laboral axeitadas, e tamén pola implicación de todos os
seus membros e da comunidade.
Temos en conta:
Que os índices de inicio e prevalencia da lactancia materna
experimentaron un aumento constante ao longo dos últimos 20 anos, o que
representa que cada vez máis mulleres amamantan e o fan durante máis tempo.
Que esta evolución desenvolveuse paralelamente á
incorporación masiva das mulleres ao mercado do traballo remunerado.
Que ao longo de todo este período, dende todos os sectores,
fóronse reclamando novas medidas que permitan unha igualdade efectiva de homes e
mulleres, que non incorran na falla de equidade ao desprezar ou ningunear a
diferenza biolóxica, nin vaian en detrimento dunha axeitada crianza dos fillos.
Cremos necesario
Empoderar e apoiar a todas as mulleres que traballan nos
sectores formais e informais, para que poidan combinar o seu traballo e a
crianza dos seus fillos e fillas, e en particular, para que poidan amamantar.
Cando falamos de traballo, referímonos a todo o que poidan
chegar a realizar as mulleres: como traballadoras asalariadas ou autónomas, por
tempadas ou por contrato, e tamén incluimos o traballo doméstico, de coidado e
crianza que habitualmente non recibe remuneración e queda invisibilizado.
E polo tanto, pedimos:
TEMPO: Seis meses
de licenza de maternidade pagada.
ESPAZO: Centros
infantis en ou preto dos lugares de traballo, e lugares privados para extraerse
e almacenar o leite materno.
APOIO: De
empregadores/as, administración, superiores, compañeiros e compañeiras de
traballo con actitudes positivas para amamantar en público, así como seguridade
laboral e ninguna discriminación por maternidade.
Feliz Semana Mundial 2015!!!
martes, 29 de septiembre de 2015
Estamos de sorteo en Facebook!!!
Estamos a punto de acadar os 1000 seguidores e para celebralo sortearemos unha bolsa de Bico de leite, un libro conmemorativo dos 5 anos de Bico de leite, e o libro "El poder de las caricias" de Adolfo Gómez Papí. Para poder participar no sorteo, que terá lugar cando academos os 1000 seguidores, momento no que vos informaremos da data concreta, tedes que:
1.- Ser seguidores de Bico de leite.
2.- Compartir esta entrada públicamente.
1.- Ser seguidores de Bico de leite.
2.- Compartir esta entrada públicamente.
3.- Darlle "me gusta" á publicación.
4.- Comentar nesta mesma entrada.
A participar, e moita sorte a todos!!!!
https://www.facebook.com/Bico-de-leite-Asociación-lucense-pro-lactancia-materna-268269748868/timeline/
4.- Comentar nesta mesma entrada.
A participar, e moita sorte a todos!!!!
https://www.facebook.com/Bico-de-leite-Asociación-lucense-pro-lactancia-materna-268269748868/timeline/
lunes, 21 de septiembre de 2015
Voltamos aos relatorios dos venres de finais de mes
Xa voltamos das vacacións (aínda que estivemos aí todo o verán), e como os nenos, iniciamos o curso co noso habitual relatorio dos últimos venres de mes.
Este venres 25 de setembro falaremos dos primeiros días dos bebés e do establecemento da lactancia; qué podemos agardar neses primeiros días de maternidade e paternidade, qué favorece un bo establecemento da lactancia e qué signos debemos vixiar para asegurarnos de que está ben encamiñada. Aínda que todas as charlas están abertas a futuros país, esta o está especialmente, así que agardámosvos!!!!
Este venres 25 de setembro falaremos dos primeiros días dos bebés e do establecemento da lactancia; qué podemos agardar neses primeiros días de maternidade e paternidade, qué favorece un bo establecemento da lactancia e qué signos debemos vixiar para asegurarnos de que está ben encamiñada. Aínda que todas as charlas están abertas a futuros país, esta o está especialmente, así que agardámosvos!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)