lunes, 5 de octubre de 2015

Obradoiro de nanas para acolar de Medrando en Lugo


As nosas familias compañeiras de Medrando en Lugo organizan un Obradoiro de Nanas para acolar con Ugia Pedreira ao que nos invitan a asistir co mesmo custo que para as súas familias socias. Desde Bico queremos agradecérllelo e invitarvos a todos/as os/as socios/as a asistir. Deixámosvos co precioso texto co que o explican e coa información e o cartel.
"Se puidésemos gardar na alma un momento fermoso das nosas vidas seguramente sería estar en brazos das nosas nais e dos nosos pais, sentíndonos seguros, protexidos, comprendidos... e se a isto lle sumamos a súa voz tranquila, cunha nana fermosa, con palabras de amor de seguro o momento non pode ser mellor!!!!
Da man de Ugia Pedreira traballaremos o significado da voz e o seu poder sentimental pasando polo mapa emocional que nos acompaña dende a nenez: medo, cólera, alegría...

O impacto da nosa voz está presente tanto no útero materno como nos primeiros anos de vida. A repercusión da voz entre nai e fillo/a e entre pai e fillo/a será parte das conversas de este obradoiro.
Será o domingo 18 de outubro as 11:00 horas, a duración do mesmo é de dúas horas e os peques serán benvidos para poder gozar máis que ninguén destas nanas para acolar.

O prezo do obradoiro é de 10 euros para socios de Medrando en Lugo e Bico de Leite e para o resto de familias 15 euros.
Non quedes sen a túa praza e ven a vivir un momento de música con Ugia Pedreira que de seguro gardarás na alma!!!!
Reservas en medrandoenlugo@gmail.com "

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario