Dende Bico de leite e dende todo o movemento social a favor
da lactancia materna, recoñecemos:
Que a lactancia materna é un Dereito de todas as familias.
Que o apoio ás familias que amamantan pasa por unha boa
información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de
conciliación familiar e laboral axeitadas, e tamén pola implicación de todos os
seus membros e da comunidade.
Temos en conta:
Que os índices de inicio e prevalencia da lactancia materna
experimentaron un aumento constante ao longo dos últimos 20 anos, o que
representa que cada vez máis mulleres amamantan e o fan durante máis tempo.
Que esta evolución desenvolveuse paralelamente á
incorporación masiva das mulleres ao mercado do traballo remunerado.
Que ao longo de todo este período, dende todos os sectores,
fóronse reclamando novas medidas que permitan unha igualdade efectiva de homes e
mulleres, que non incorran na falla de equidade ao desprezar ou ningunear a
diferenza biolóxica, nin vaian en detrimento dunha axeitada crianza dos fillos.
Cremos necesario
Empoderar e apoiar a todas as mulleres que traballan nos
sectores formais e informais, para que poidan combinar o seu traballo e a
crianza dos seus fillos e fillas, e en particular, para que poidan amamantar.
Cando falamos de traballo, referímonos a todo o que poidan
chegar a realizar as mulleres: como traballadoras asalariadas ou autónomas, por
tempadas ou por contrato, e tamén incluimos o traballo doméstico, de coidado e
crianza que habitualmente non recibe remuneración e queda invisibilizado.
E polo tanto, pedimos:
TEMPO: Seis meses
de licenza de maternidade pagada.
ESPAZO: Centros
infantis en ou preto dos lugares de traballo, e lugares privados para extraerse
e almacenar o leite materno.
APOIO: De
empregadores/as, administración, superiores, compañeiros e compañeiras de
traballo con actitudes positivas para amamantar en público, así como seguridade
laboral e ninguna discriminación por maternidade.
Feliz Semana Mundial 2015!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario