martes, 27 de octubre de 2015

Obradoiro de masaxe infantil

Temos programado un novo obradoiro de masaxe infantil, será o 07 de novembro de 2015 ás 11 na Casa da Xuventude coa nosa compañeira Belén García Iglesias, fisioterapeuta, asesora de lactancia e nai de tres fillos.

O prazo de inscrición é ata o 05 de novembro no noso correo, bicodeleite@yahoo.es Non vos esquezades, as prazas son limitadas.

Lembrade que teredes que traer una mantiña, una esteira ou colchón, e aceite de masaxe, preferentemente vexetal.

Agardámosvos!!!

lunes, 5 de octubre de 2015

Obradoiro de nanas para acolar de Medrando en Lugo


As nosas familias compañeiras de Medrando en Lugo organizan un Obradoiro de Nanas para acolar con Ugia Pedreira ao que nos invitan a asistir co mesmo custo que para as súas familias socias. Desde Bico queremos agradecérllelo e invitarvos a todos/as os/as socios/as a asistir. Deixámosvos co precioso texto co que o explican e coa información e o cartel.
"Se puidésemos gardar na alma un momento fermoso das nosas vidas seguramente sería estar en brazos das nosas nais e dos nosos pais, sentíndonos seguros, protexidos, comprendidos... e se a isto lle sumamos a súa voz tranquila, cunha nana fermosa, con palabras de amor de seguro o momento non pode ser mellor!!!!
Da man de Ugia Pedreira traballaremos o significado da voz e o seu poder sentimental pasando polo mapa emocional que nos acompaña dende a nenez: medo, cólera, alegría...

O impacto da nosa voz está presente tanto no útero materno como nos primeiros anos de vida. A repercusión da voz entre nai e fillo/a e entre pai e fillo/a será parte das conversas de este obradoiro.
Será o domingo 18 de outubro as 11:00 horas, a duración do mesmo é de dúas horas e os peques serán benvidos para poder gozar máis que ninguén destas nanas para acolar.

O prezo do obradoiro é de 10 euros para socios de Medrando en Lugo e Bico de Leite e para o resto de familias 15 euros.
Non quedes sen a túa praza e ven a vivir un momento de música con Ugia Pedreira que de seguro gardarás na alma!!!!
Reservas en medrandoenlugo@gmail.com "

 

domingo, 4 de octubre de 2015

Semana Mundial da Lactancia Materna 2015: Amamantar e traballar: logremos que sexa posible!!!!

Dende Bico de leite e dende todo o movemento social a favor da lactancia materna, recoñecemos:
Que a lactancia materna é un Dereito de todas as familias.
Que o apoio ás familias que amamantan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas, e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
Temos en conta:
Que os índices de inicio e prevalencia da lactancia materna experimentaron un aumento constante ao longo dos últimos 20 anos, o que representa que cada vez máis mulleres amamantan e o fan durante máis tempo.
Que esta evolución desenvolveuse paralelamente á incorporación masiva das mulleres ao mercado do traballo remunerado.
Que ao longo de todo este período, dende todos os sectores, fóronse reclamando novas medidas que permitan unha igualdade efectiva de homes e mulleres, que non incorran na falla de equidade ao desprezar ou ningunear a diferenza biolóxica, nin vaian en detrimento dunha axeitada crianza dos fillos.
Cremos necesario
Empoderar e apoiar a todas as mulleres que traballan nos sectores formais e informais, para que poidan combinar o seu traballo e a crianza dos seus fillos e fillas, e en particular, para que poidan amamantar.
Cando falamos de traballo, referímonos a todo o que poidan chegar a realizar as mulleres: como traballadoras asalariadas ou autónomas, por tempadas ou por contrato, e tamén incluimos o traballo doméstico, de coidado e crianza que habitualmente non recibe remuneración e queda invisibilizado.
E polo tanto, pedimos:
TEMPO: Seis meses de licenza de maternidade pagada.
ESPAZO: Centros infantis en ou preto dos lugares de traballo, e lugares privados para extraerse e almacenar o leite materno.
APOIO: De empregadores/as, administración, superiores, compañeiros e compañeiras de traballo con actitudes positivas para amamantar en público, así como seguridade laboral e ninguna discriminación por maternidade.
Feliz Semana Mundial 2015!!!