viernes, 11 de diciembre de 2015

18.909

Aínda non tes a nosa lotaría? Podes adquirila nas nosas reunións ou nos establecementos colaboradores, aínda estás a tempo.

Florería As Camelias, na Av. de A Coruña 165, baixo.
A Despensa do Avó Francisco na rúa Mallorca 2, baixo.
Nana de luna, na rúa García Abad 28, baixo.
El Faro de los tres mundos, na rúa San Marcos 9 baixo.
Farmacia Rego Lodos, na Av. das Américas 59, baixo.
Gero Sonajero, na rúa Portugal 53, baixo.

Animádevos, este ano toca!!!

martes, 24 de noviembre de 2015

Xa está aquí a lotaría de Nadal

Xa temos á vosa disposicións a Lotaría de Nadal de Bico de leite. Podedes adquirir as vosas participacións nas reunións de nais, e nos nosos establecementos colaboradores:

Florería As Camelias, na Av. de A Coruña 165, baixo.
A Despensa do Avó Francisco na rúa Mallorca 2, baixo.
Nana de luna, na rúa García Abad 28, baixo.
El Faro de los tres mundos, na rúa San Marcos 9 baixo.
Farmacia Rego Lodos, na Av. das Américas 59, baixo.
Gero Sonajero, na rúa Portugal 53, baixo.

Xa sabes, xoga con nós e colabora coa nosa Asociación.



jueves, 12 de noviembre de 2015

martes, 27 de octubre de 2015

Obradoiro de masaxe infantil

Temos programado un novo obradoiro de masaxe infantil, será o 07 de novembro de 2015 ás 11 na Casa da Xuventude coa nosa compañeira Belén García Iglesias, fisioterapeuta, asesora de lactancia e nai de tres fillos.

O prazo de inscrición é ata o 05 de novembro no noso correo, bicodeleite@yahoo.es Non vos esquezades, as prazas son limitadas.

Lembrade que teredes que traer una mantiña, una esteira ou colchón, e aceite de masaxe, preferentemente vexetal.

Agardámosvos!!!

lunes, 5 de octubre de 2015

Obradoiro de nanas para acolar de Medrando en Lugo


As nosas familias compañeiras de Medrando en Lugo organizan un Obradoiro de Nanas para acolar con Ugia Pedreira ao que nos invitan a asistir co mesmo custo que para as súas familias socias. Desde Bico queremos agradecérllelo e invitarvos a todos/as os/as socios/as a asistir. Deixámosvos co precioso texto co que o explican e coa información e o cartel.
"Se puidésemos gardar na alma un momento fermoso das nosas vidas seguramente sería estar en brazos das nosas nais e dos nosos pais, sentíndonos seguros, protexidos, comprendidos... e se a isto lle sumamos a súa voz tranquila, cunha nana fermosa, con palabras de amor de seguro o momento non pode ser mellor!!!!
Da man de Ugia Pedreira traballaremos o significado da voz e o seu poder sentimental pasando polo mapa emocional que nos acompaña dende a nenez: medo, cólera, alegría...

O impacto da nosa voz está presente tanto no útero materno como nos primeiros anos de vida. A repercusión da voz entre nai e fillo/a e entre pai e fillo/a será parte das conversas de este obradoiro.
Será o domingo 18 de outubro as 11:00 horas, a duración do mesmo é de dúas horas e os peques serán benvidos para poder gozar máis que ninguén destas nanas para acolar.

O prezo do obradoiro é de 10 euros para socios de Medrando en Lugo e Bico de Leite e para o resto de familias 15 euros.
Non quedes sen a túa praza e ven a vivir un momento de música con Ugia Pedreira que de seguro gardarás na alma!!!!
Reservas en medrandoenlugo@gmail.com "

 

domingo, 4 de octubre de 2015

Semana Mundial da Lactancia Materna 2015: Amamantar e traballar: logremos que sexa posible!!!!

Dende Bico de leite e dende todo o movemento social a favor da lactancia materna, recoñecemos:
Que a lactancia materna é un Dereito de todas as familias.
Que o apoio ás familias que amamantan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas, e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
Temos en conta:
Que os índices de inicio e prevalencia da lactancia materna experimentaron un aumento constante ao longo dos últimos 20 anos, o que representa que cada vez máis mulleres amamantan e o fan durante máis tempo.
Que esta evolución desenvolveuse paralelamente á incorporación masiva das mulleres ao mercado do traballo remunerado.
Que ao longo de todo este período, dende todos os sectores, fóronse reclamando novas medidas que permitan unha igualdade efectiva de homes e mulleres, que non incorran na falla de equidade ao desprezar ou ningunear a diferenza biolóxica, nin vaian en detrimento dunha axeitada crianza dos fillos.
Cremos necesario
Empoderar e apoiar a todas as mulleres que traballan nos sectores formais e informais, para que poidan combinar o seu traballo e a crianza dos seus fillos e fillas, e en particular, para que poidan amamantar.
Cando falamos de traballo, referímonos a todo o que poidan chegar a realizar as mulleres: como traballadoras asalariadas ou autónomas, por tempadas ou por contrato, e tamén incluimos o traballo doméstico, de coidado e crianza que habitualmente non recibe remuneración e queda invisibilizado.
E polo tanto, pedimos:
TEMPO: Seis meses de licenza de maternidade pagada.
ESPAZO: Centros infantis en ou preto dos lugares de traballo, e lugares privados para extraerse e almacenar o leite materno.
APOIO: De empregadores/as, administración, superiores, compañeiros e compañeiras de traballo con actitudes positivas para amamantar en público, así como seguridade laboral e ninguna discriminación por maternidade.
Feliz Semana Mundial 2015!!!
 
 
 

  
 
 




 
   

martes, 29 de septiembre de 2015

Estamos de sorteo en Facebook!!!

Estamos a punto de acadar os 1000 seguidores e para celebralo sortearemos unha bolsa de Bico de leite, un libro conmemorativo dos 5 anos de Bico de leite, e o libro "El poder de las caricias" de Adolfo Gómez Papí. Para poder participar no sorteo, que terá lugar cando academos os 1000 seguidores, momento no que vos informaremos da data concreta, tedes que:
1.- Ser seguidores de Bico de leite.
2.- Compartir esta entrada públicamente.
3.- Darlle "me gusta" á publicación.
4.- Comentar nesta mesma entrada.
A participar, e moita sorte a todos!!!!

https://www.facebook.com/Bico-de-leite-Asociación-lucense-pro-lactancia-materna-268269748868/timeline/


 

lunes, 21 de septiembre de 2015

Voltamos aos relatorios dos venres de finais de mes

Xa voltamos das vacacións (aínda que estivemos aí todo o verán), e como os nenos, iniciamos o curso co noso habitual relatorio dos últimos venres de mes.

Este venres 25 de setembro falaremos dos primeiros días dos bebés e do establecemento da lactancia; qué podemos agardar neses primeiros días de maternidade e paternidade, qué favorece un bo establecemento da lactancia e qué signos debemos vixiar para asegurarnos de que está ben encamiñada. Aínda que todas as charlas están abertas a futuros país, esta o está especialmente, así que agardámosvos!!!!

martes, 30 de junio de 2015

Cambio da reunión de nais do venres 3 de xullo

Informámosvos que este venres 03 de xullo, por imposibilidade das asesoras, a reunión de nais trasladarase da mañá á tarde. Estaremos no C.S. da Praza do Ferrol, no 3º andar, a partires das 17 horas e ata as 19 horas. Graciñas.

domingo, 14 de junio de 2015

Obradoiro de masaxe infantil do 13 de xuño

E onte gozamos cos asistentes ao obradoiro de masaxe infantil, pais, nais e bebés, deixámosvos coas fotiños. Gracias a todos e todas.






martes, 2 de junio de 2015

Cambio da reunión de nais do venres

Informámosvos que este venres, por imposibilidade das asesoras, a reunión de nais trasladarase da mañá á tarde. Estaremos no C.S. da Praza do Ferrol, no 3º andar, a partires das 17 horas e ata as 19 horas. Graciñas.

domingo, 31 de mayo de 2015

Obradoiro de masaxe infantil

E non paramos, o día 13 de xuño, na Casa da Xuventude, teremos un novo obradoiro de masaxe infantil impartido pola nosa socia, asesora de lactancia e fisioterapeuta Belén García Iglesias.

Inscricións no noso correo bicodeleite@yahoo.es ata o día 11 de xuño.

Vide co voso bebé, una mantiña e esteira ou colchón se tedes, e aceite de masaxe preferiblemente vexetal.

Máis información sobre os beneficios do masaxe en:


 

Fotos do obradoiro práctico de porteo

E xa podemos ver algunhas fotos do obradoiro práctico de porteo de onte, graciñas a todos e todas!!!!!









martes, 19 de mayo de 2015

Obradoiro práctico de porteo respectuoso

Agora que xa coñecemos os beneficios de portear e diferentes tipos de portabebés, queremos dar un paso mais. Se queres saber como portear de forma segura e practicar cos distintos portabebés, este é o teu obradoiro. Lembrade que é precisa a inscrición previa antes do día 28 de maio.

lunes, 18 de mayo de 2015

Grazas

Porque en Bico de leite somos una familia, aquí vos deixamos a foto de familia dos que estivemos na nosa festa de X aniversario. Grazas de novo a todos e todas.

lunes, 11 de mayo de 2015

Festa do X aniversario

Gracias a todos e todas os que compartistes este día de celebración. Pasámolo de maravilla, falamos de lactancia e tamén de mil temas mais, puxémonos nostáxicas lembrando os nosos inicios, pero tamén miramos ao futuro con ilusión, coa ilusión que nos da o voso apoio, ver a eses bebés que un día mamaron na nosa reunión xa correndo e tomando teta aínda. Gracias á Xunta Directiva polo traballo destes meses, gracias ás socias, gracias ás nais que facedes posible Bico, e gracias aos pais, que como ben se dixo na nosa mesa redonda, son moitas veces os grandes invisibles na lactancia, e ao mesmo tempo, pilares fundamentais.

Retomamos a nosa actividade habitual con forzas renovadas, e deixámosvos unhas imaxes dos nenos gozando da animación, da nosa emotiva mesa redonda, das asesorías, do obradoiro de cociña, das actuacións de O son que me arrola da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy e de Cé Orquestra Pantasma, e do xantar.

















 

 



 
 









 

jueves, 7 de mayo de 2015

Cé Orquestra Pantasma

E remataremos o día da festa coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Que non sabedes quen é? Pois aquí volo contamos: o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais que comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.




Lembrade que mañá é o último día para inscribirvos ao xantar.

martes, 5 de mayo de 2015

O son que me arrola

E despois de xantar, teremos una actuación musical para os mais pequenos, en colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, que é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.

"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación, e a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Deixámosvos un vídeo da Fundación TIC sobre a actividade para ir abrindo boca.



 

viernes, 1 de mayo de 2015

As diferentes caras da lactancia

A nosa mesa redonda da Festa de X aniversario versará sobre as diferentes caras da lactancia. Hai tantas lactancias como díadas nai-bebé, incluso a mesma nai pode experimentar grandes diferencias entre as lactancias dos seus fillos. Queremos mostrar que, sexan cales sexan as circunstancias persoais de cada un, traballes na casa ou fóra, teñas a profesión que teñas, podes dar lactancia materna ao teu fillo. Así que contaremos con:

- Esther Martínez Bécares, matrona, asesora de lactancia, e primeira presidenta de Bico de leite.

- Guadi Galego, cantante e artista.

- Cristina Azanza, deportista.

- Chus Conde, enfermeira na planta de obstetricia e asesora de lactancia.

- Montse Espíndola, nai a tempo completo e asesora de lactancia.

Con elas e co público falaremos de todas esas caras da lactancia, as que nos poden resultar coñecidas, e as máis alleas . Vinde compartilas con nós!!!!

jueves, 30 de abril de 2015

Fotos do obradoiro para avós e avoas

Aquí vos deixamos as fotiños do obradoiro do día 29 para avós e avoas. Gracias aos asistentes, a Esther, a nosa asesora, e á Área de Benestar e Igualdade do Concello de Lugo.





miércoles, 29 de abril de 2015

Unha década acompañando lactancias



 
 
Bico de leite somos mulleres, somos nais,e tamén somos nenas e nenos, país, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, respostas, pero tamén interrogacións... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo máis sobre o que iso significa para as nenas e nenos, para as nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren...

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...

Por todo isto, dámosvos as grazas, por crer en nós, por axudarnos, por colaborar e participar, por compartirnos as túas experiencias. Grazas ás socias e ás asesoras, por dar ese anaquiño de vós, ás nais, e a todas as que fixestes, facemos e faran,... para seguir dando información e apoio a quen o desexe ou precise, e facer medrar esta gran familia que hoxe somos: "Bico de Leite". Agardámosvos o día 1o de maio na Casa da Xuventude a partires das 10.30 horas para pasar o día xuntos.
 
Non esquezades inscribirvos para o xantar no noso correo electrónico bicodeleite@yahoo.es

 
Grazas
Bicos... de leite