Este venres temos a nosa xuntanza temática, de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.
Imos falar do peso do bebé. O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa as nais e os pais.
As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos, prexuizos ou desinformación...e as veces non.
Existen a nivel mundial de unhas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés aleitados exclusivamente con leite materno, sans e procedentes de distintos países do mundo.
Estas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.
As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo e depende de cada neno/a.
Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.
Se queredes saber máis sobre este tema, ou tendes calquera outra dúbida/consulta e vos apetece falar, agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario