Bico de Leite convídavos
a unha sesión de contacontos e obradoiro e xiran ao redor do tema da lactancia
materna o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 18:00 na Bibllioteca Nodal de
Lugo(Ramón Ferrero) para nenos e nenas de entre 4 e 9 anos que leva por título
“Ma-Ma…Maxia!!”
Coa colaboración de
“Zampacontoz” gozaremos duha sesión de contacontos musical a partires do conto "Maxia"de Charo Pita
editado por OQO.
O conto e a música guiarannos na procura do segredo que fai calmar a un bebé cando este chora e parece ter fame. Os nenos e as nenas participarán nas accións musicais con xogos rítmicos e melodías sinxelas que axudarán ao protagonista a ir avanzando na intrépida busca da...máxica receita.
Unha vez rematado o conto, realizaremos un pequeno obradoiro de debuxo ao redor do tema da lactancia materna. Coas obras dos artistas posteriormente faremos unha exposición.

Para poder participar os vosos nenos e nenas
deberán ser socios da biblioteca ou ter solicitado o carné e teredes que
inscribirvos na actividade na mesma biblioteca dende o luns da mesma semana.
Recomendámosvos facelo ese mesmo luns pois as plazas nestas actividades
complétanse nos primeiros días.
Animádevos a participar coas vosas pequechas e
pequechos!!! Esperámosvos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario