miércoles, 29 de enero de 2014

O PESO NOS BEBÉS AMAMANTADOS


Este venres temos a nosa xuntanza temática, de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.

Imos falar do peso do bebé. O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa as nais e os pais.

As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos, prexuizos ou desinformación...e as veces non.

Existen a nivel mundial de unhas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés aleitados exclusivamente con leite materno, sans e procedentes de distintos países do mundo.

Estas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.

As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo e depende de cada neno/a.

Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.

Se queredes saber máis sobre este tema, ou tendes calquera outra dúbida/consulta e vos apetece falar, agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.


sábado, 18 de enero de 2014

MA-MA....MAXIA !!





Bico de Leite convídavos a unha sesión de contacontos e obradoiro e xiran ao redor do tema da lactancia materna o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 18:00 na Bibllioteca Nodal de Lugo(Ramón Ferrero) para nenos e nenas de entre 4 e 9 anos que leva por título “Ma-Ma…Maxia!!”
Coa colaboración de “Zampacontoz” gozaremos duha sesión de  contacontos musical a partires do conto "Maxia"de Charo Pita editado por OQO.
O conto e a música guiarannos na procura do segredo que fai calmar a un  bebé cando este chora e parece ter fame. Os nenos e as nenas participarán  nas accións musicais con xogos rítmicos e melodías sinxelas que axudarán ao protagonista a ir avanzando na intrépida busca da...máxica receita.
Unha vez rematado o conto, realizaremos un pequeno obradoiro de debuxo ao redor do tema da lactancia materna. Coas obras dos artistas posteriormente faremos unha exposición.
Para poder participar os vosos nenos e nenas deberán ser socios da biblioteca ou ter solicitado o carné e teredes que inscribirvos na actividade na mesma biblioteca dende o luns da mesma semana. Recomendámosvos facelo ese mesmo luns pois as plazas nestas actividades complétanse nos primeiros días.

Animádevos a participar coas vosas pequechas e pequechos!!! Esperámosvos.

domingo, 5 de enero de 2014

Feliz Día de Reis


Neste Dia de Reis, queremos facervos partícipes de noso sentir:

Que o benestar das nais e os seus bebés aleitados siga sendo a estrela que guía o noso labor.


Que o traballo en equipo, feito con dedicación, cariño e ben facer, sexan as ofrendas para cada unha das persoas que se acheguen ás nosas actividades este ano.

E que poidamos descubrir as raíñas magas que todas levamos dentro. 




Un bico...de leite.

viernes, 3 de enero de 2014

Obradoiro de portabebés

Arrincamos este 2014 cun obradoiro de portabebés o día 10 de xaneiro de 18.30 a 20.00 horas, no local do Sergas (aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo) despois da reunión semanal. 


Imparte: Bea de Ser Doulas 
http://serdoulas.blogspot.com.es/2011/11/beatriz-fernandez-doula-y-asesora-en.html

Será precisa inscrición previa, o aforo previsto é de 20 persoas.

As inscricións a través de: bicodeleite@yahoo.es


Ese día a reunión rematará media hora antes do habitual