martes, 30 de octubre de 2012
EXPOSICIÓN PEL CON PEL
Pois Sí!!! xa temos a exposición de PEL con PEL na nosas máns. Estará exposta no HULA do 5 ó 20 de novembro de 2012.
Animádevos a ir a vela, é preciosa!!!
viernes, 26 de octubre de 2012
Mesa TIRANDO MITOS - QUEBRANDO TABÚS (reeditada)
Hoxe, venres 26 de outubro, ás 17.30 horas na Casa da cultura de Foz celebraremos unha mesa redonda sobre lactación materna, na que intervirán:
Belén García Iglesias, anestesista do Hospital da Costa
Lucía Valea, nai de xemelgos amamantados coa lactación prolongada
Beni Martinez, sexóloga e parteira no CAP de Vilalba
Contaremos tamén coa presenza dun@ d@s pediatras da Costa
Ao final do coloquio podedes facer preguntas e aclararemos dúbidas.
Agardámosvos!
Cartaz
jueves, 25 de octubre de 2012
Reunión temática de Outubro: Lactancia e Sono
Ola!
Este venres día 26 de outubro pola tarde, de 17:00 a 19:00, celebraremos a nosa xuntanza temática mensual.
Faleremos sobre o tema do sono d@s nen@s e os retos que nos pode plantexar.
Estamos dispostas tamén a falar de calquera outra inquedanza que teñades sobre lactancia.
A cita é no noso local.
Esperámosvos!
Este venres día 26 de outubro pola tarde, de 17:00 a 19:00, celebraremos a nosa xuntanza temática mensual.
Faleremos sobre o tema do sono d@s nen@s e os retos que nos pode plantexar.
Estamos dispostas tamén a falar de calquera outra inquedanza que teñades sobre lactancia.
A cita é no noso local.
Esperámosvos!
lunes, 15 de octubre de 2012
O LEITE MATERNO É O OURO BRANCO
Atentas Nais, que os vosos pequenos xa teñen o seu tesouro.
Agora
tócavos probar por se a sorte toca a vosa porta, e de paso colaborar
coa asociación, pois xa temos á venda a lotaría de Nadal, anotade o
número: 13954, pode ser o premiado!.Se queredes conseguila achegádevos algún venres polas nosas reunións en Lugo, Foz y Burela.
Sorte para todas!
lunes, 8 de octubre de 2012
ZOA DE ALEITAMENTO MATERNO
Celébranse as festas do San Froilán, e como nos anos anteriores, Bico de Leite, está presente cunha caseta dispoñible para calquera mamá que a necesite para aleitar o seu bebé, ou tamén para cambiar o cueiro.
Todo o material que hai no interior esta cedido por nais que pertencen a Bico, polo que pedimos dende aqui tamén que o coidedes coma se fose voso.
Felices festas!!!
miércoles, 3 de octubre de 2012
FESTA DA SMLM
Hoxe pasamos unha tarde ben enriquecedora, como ben sabedes, celebramos a Semana Mundial da Lactancia Materna cun acto conmemorativo que consistiu na repartición de grobos brancos como pingas de leite, música, maquillaxe, e a venda das bolsas de Bico, e os libros Pel con Pel, e 5 anos de Bicos.... de Leite.
Este ano é a vixésima edición da SMLM e ademáis celebrase os 10 anos da Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e o Neno Pequeno promovida pola OMS e por UNICEF.
Os obxectivos deste ano son:
1- Lembrar o que sucedeu nos últimos 20 anos de apoio ó aleitamento materno.
2- Conmemorar os éxitos alcanzados a nivel nacional, rexional e global; compartir traballos e casos nacionais co mundo.
3- Evaluar a execución da Estratexia Global para A Alimentación do Lastante e do Neno Pequeno.
4-Chamar á acción para cerrar as feridas nas políticas e programas sobre lactancia materna, alimentación do lactante e do neno pequeno.
5- Chamar a atención pública sobre o estado das políticas e programas sobre lactancia materna e alimentacióndo lactante e do neno pequeno.
Moitas grazas a tod@s e moitos bicos... de leite
Suscribirse a:
Entradas (Atom)