miércoles, 18 de enero de 2012

Boa sorte

En decembro a nosa Patricia mudouse a Burriana (Castellón) coa súa familia, deixando en Bico de leite un oco irreemplazable. Como coidamos que non lle demos a homenaxe que merecía, tras todos estes anos de activismo e de axuda desinteresada ás nais lactantes, velaquí unha pequena entrada para que saiba que a botamos moitísimo de menos. Así se despedíu dela unha de nós hai uns días:
 
Ola Patri, entereime da túa partida o martes porque fun ao cole e preguntei por Román. Xa sei que sempre ando na verza, pero cando lía na lista algo do estilo "cando veña", pensei que estabas de vacacións, non que nos deixases. Primeiro, moita sorte alá onde esteas, malia que sei que non a precisas, ti mesma es garantía de éxito. Non pode ser doutra forma que adique un anaco da miña noite a darche as grazas por todo aquelo que aquí deixas feito. Coñecéndote, imaxino que tentarás seguir o máis vinculada posible a Bico, pero como nai, sinto enormemente non terte preto. Es un exemplo enorme para min como nai, pero sobre todo como muller, levas a chispa en todo o que fas e Bico perde un brazo sen ti. Como biqueira recente, tentarei aportar aquilo que teño, que non é máis que a ilusión por un proxecto compartido e pola necesidade innegable de defender aquilo no que creo, só son unha nai que quere dar a teta con liberdade e ser prexuízos.
Non sei o que poderei aportar, pero aquí me tedes. Grazas por todo o que fas e mil bicos, pisa forte, algunhas intentamos seguirte. Un bico de leite emocionado para ti e un enorme para Román, foi un pracer enorme compartir tan bos anacos de descubrimento xuntos. Na miña retina quedan moitas risas, algún que outro momento de frustación e moita ledicia por telo coñecido. É un gran neno. SORTE. (Rocío)


E para pechar esta entrada, en representación de todas as nais ás que axudou Patricia, velaquí unha fermosa imaxe da segunda lactancia da Rocío:

álex

3 comentarios:

  1. artedoeixokris@yahoo.es24 de enero de 2012, 11:19

    Boas, chámome Cristina e vou aproveitar con esta carta para cubrir dous obxectivos: por un lado aportar tamén a miña pequena homenaxe a Patricia e por outro agradecer a Bico de Leite a súa axuda desinteresada co meu primeiro fillo Lois no cal tivo unha parte importantisima a propia Patricia. Agora me explico.
    Na reunión de O Parto é Noso deste último sábado a monitora Susana, colaboradora tamén de Bico, pediume que escribise algo no blog para agradecer o voso traballo e eu pronta aquí estou.
    Ben, eu decidín a lactancia natural como un deber inexcusable para meu fillo máis que por instinto maternal, ó meu redor non coñecía mulleres cercanas a min que o conseguisen con éxito: miña nai non aleitou a nengún dos seus fillos agás a min o primeiro mesiño, miña irmá que o intentou tamén as primeiras semáns ate que o pediatra de turno xa lle colocou a marca de leite maternizada na man e a recomendación de sustituir teta, tampouco nengunha amiga con fillos antes ca min. Pero como a información da lactancia natural está presente en boca de profesionais e todo tipo de posters e panfletiños durante as revisións do embarazo parecíame “egoista “ non darlle o peito. Pero tras o parto dinme conta que moitas veces quedanse na publicidade pero non na verdadeira axuda, refirome a parte dos profesionais que non todos, e iso fai fracasar en moitos casos nos primeiros tempos, a unha nai surxenlle mil e unha preguntas e temores como novata, cometes pequenos fallos que a veces son como unha bola de neve que cada vez se fai máis grande ate que te afunde na decisión de abandoar a lactancia polos biberóns.
    O meu bote salvavidas foi esta asociación, co seu esforzo de colocar posters e puntos de información en consultas e Centros de Saúde fixome non tirar a toalla sen ter pedido axuda antes. Ahí entrou en escena Patricia, a primeira persóa coa que contactei, tanto por telefono como despois en persóa transmitiume tranquilidade e seguridade asi como coa súa alegría e campachanería renovoume as gañas de seguir e o pensamento de que non podía ser tan difícil, superei as distintas etapas da incorporación laboral, a introducción de sólidos, o primeiro ano…todas cos consellos dela. Para ti Patricia grazas de novo, o teu don para axudar e informar é tan áxil e natural que por favor non o deixes. Sorte nesta etapa da túa vida.
    Tamén agradecer a Esther coa que falei menos pero que si observei o seu traballo no hospital e a paciencia coa que axuda as nais recentes a aleitar sobrepasando incluso o seu horario laboral.
    E este agradecemento non sería completo se non nombrase a matrona de Fingoi, Ana, muller enerxética e cariñosa onde as haxa que no meu caso, tres días despois de sair do hospital, coa subida do leite, os peitos a reventar e un bebe baixo de peso que non tiña forzas para mamar cheguei con bagoas á súa consulta a unha incómoda hora das 2 da tarde e recibiunos cos brazos abertos, despelotoume na camilla, púxome cómoda con canta almofada atopou na consulta e charlando e manipulando o pequerrechín aguantou unha toma intermitente de case dúas horas co papa e comigo dando consellos prácticos sempre con un soriso, ¡e nen sequera lle toco en cupo!.
    Por iso repito que tamén hai moi bós profesionais que si entenden as nosas dúbidas e que dar de mamar nada sabe de reloxos. Agora todo pareceme tan sinxelo que a veces teño que facer un esforzo por lembrar cales eran os problemas que lle vía, a verdade é que dar de mamar é moi fácil, pero equivocarse moito máis!, je, je.
    Unha aperta a todas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Cristina!
    Un bico de leite
    Susana

    ResponderEliminar