tag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post2286854835838117078..comments2024-02-07T13:45:28.130+01:00Comments on Bico de leite: Boa sorteBico de leitehttp://www.blogger.com/profile/17941472713494337641noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-43045339974622067632012-01-24T20:55:16.060+01:002012-01-24T20:55:16.060+01:00Moitas grazas Cristina!
Un bico de leite
SusanaMoitas grazas Cristina!
Un bico de leite
SusanaBico de leitehttps://www.blogger.com/profile/17941472713494337641noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-54027346470817974572012-01-24T11:19:19.980+01:002012-01-24T11:19:19.980+01:00Boas, chámome Cristina e vou aproveitar con esta c...Boas, chámome Cristina e vou aproveitar con esta carta para cubrir dous obxectivos: por un lado aportar tamén a miña pequena homenaxe a Patricia e por outro agradecer a Bico de Leite a súa axuda desinteresada co meu primeiro fillo Lois no cal tivo unha parte importantisima a propia Patricia. Agora me explico.
Na reunión de O Parto é Noso deste último sábado a monitora Susana, colaboradora tamén de Bico, pediume que escribise algo no blog para agradecer o voso traballo e eu pronta aquí estou.
Ben, eu decidín a lactancia natural como un deber inexcusable para meu fillo máis que por instinto maternal, ó meu redor non coñecía mulleres cercanas a min que o conseguisen con éxito: miña nai non aleitou a nengún dos seus fillos agás a min o primeiro mesiño, miña irmá que o intentou tamén as primeiras semáns ate que o pediatra de turno xa lle colocou a marca de leite maternizada na man e a recomendación de sustituir teta, tampouco nengunha amiga con fillos antes ca min. Pero como a información da lactancia natural está presente en boca de profesionais e todo tipo de posters e panfletiños durante as revisións do embarazo parecíame “egoista “ non darlle o peito. Pero tras o parto dinme conta que moitas veces quedanse na publicidade pero non na verdadeira axuda, refirome a parte dos profesionais que non todos, e iso fai fracasar en moitos casos nos primeiros tempos, a unha nai surxenlle mil e unha preguntas e temores como novata, cometes pequenos fallos que a veces son como unha bola de neve que cada vez se fai máis grande ate que te afunde na decisión de abandoar a lactancia polos biberóns.
O meu bote salvavidas foi esta asociación, co seu esforzo de colocar posters e puntos de información en consultas e Centros de Saúde fixome non tirar a toalla sen ter pedido axuda antes. Ahí entrou en escena Patricia, a primeira persóa coa que contactei, tanto por telefono como despois en persóa transmitiume tranquilidade e seguridade asi como coa súa alegría e campachanería renovoume as gañas de seguir e o pensamento de que non podía ser tan difícil, superei as distintas etapas da incorporación laboral, a introducción de sólidos, o primeiro ano…todas cos consellos dela. Para ti Patricia grazas de novo, o teu don para axudar e informar é tan áxil e natural que por favor non o deixes. Sorte nesta etapa da túa vida.
Tamén agradecer a Esther coa que falei menos pero que si observei o seu traballo no hospital e a paciencia coa que axuda as nais recentes a aleitar sobrepasando incluso o seu horario laboral.
E este agradecemento non sería completo se non nombrase a matrona de Fingoi, Ana, muller enerxética e cariñosa onde as haxa que no meu caso, tres días despois de sair do hospital, coa subida do leite, os peitos a reventar e un bebe baixo de peso que non tiña forzas para mamar cheguei con bagoas á súa consulta a unha incómoda hora das 2 da tarde e recibiunos cos brazos abertos, despelotoume na camilla, púxome cómoda con canta almofada atopou na consulta e charlando e manipulando o pequerrechín aguantou unha toma intermitente de case dúas horas co papa e comigo dando consellos prácticos sempre con un soriso, ¡e nen sequera lle toco en cupo!.
Por iso repito que tamén hai moi bós profesionais que si entenden as nosas dúbidas e que dar de mamar nada sabe de reloxos. Agora todo pareceme tan sinxelo que a veces teño que facer un esforzo por lembrar cales eran os problemas que lle vía, a verdade é que dar de mamar é moi fácil, pero equivocarse moito máis!, je, je.
Unha aperta a todas.artedoeixokris@yahoo.esnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-57522130115589682132012-01-20T15:57:47.105+01:002012-01-20T15:57:47.105+01:00Graciñas...:´)Graciñas...:´)patricia López Izquierdohttps://www.blogger.com/profile/10502359937145877530noreply@blogger.com