domingo, 12 de junio de 2011
Así foi o noso obradoiro de porteo
Velaquí un resumo do que aprendemos coa Marta:
- Primeiro explicounos os beneficios de levar así aos nosos fillos e ás nosas fillas...
. Dá confianza tanto ao bebé coma á persoa que o portea
. Favorece o sono e mais a saúde do bebé
. Facilita o aleitamento
. Permite facer outras tarefas sen desatender ao bebé
. Porteando non existen barreras arquitectónicas
- Logo vemos (e probamos) os seguintes tipos de portabebés...
. Fulares (elástico, semielástico e tecido)
. Bandolera
. Meitai
. Mochila ergonómica
Se queredes saber máis, aquí podedes consultar a guía da Rede Canguro... mais agora vexamos unhas fotos da parte práctica do obradoiro;)
MIL GRAZAS...
... á Marta (quedamos encantadas contigo!) -e á súa tía, que coidou da pequena Julia;)
... aos medios de comunicación que difundiron esta actividade
... ás estupendas organizadoras
... e, por suposto, ás persoas que asististes e participastes no obradoiro!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario