viernes, 1 de abril de 2011

Ampliación da redución de xornada

O artigo 37,5 do Estatuto dos traballadores dispón:
"Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de 8 anos ou unha persoa con discapacidade fisica, psíquica ou sensorial, que non exerza actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, de entre un oitavo e a metade da súa duración".
Moitas persoas gozan xa desta posibilidade, coa finalidade de pasar máis tempo con seus fillos e súas fillas. Agora está en marcha unha petición para ampliar a súa duración a 12 anos, que podedes asinar aquí.
Grazas pola vosa colaboración!   

2 comentarios:

  1. Engadir soamente que ese tempo de redución aparece na seguridade social como cotizado a tempo completo a efectos das prestacións da seguridade social, importantísimo nun futuro de xubilacións os sesenta e moitos.....
    rosana

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola túa aportación!
    Un biquiño

    ResponderEliminar