lunes, 27 de abril de 2009

Arantxa

Eu son Arantxa e teño tres fillos, Alicia, de cinco anos e medio e á que aleitei durante catro, Nacho, de tres e medio, aleitado ata os tres anos, e Laura, de case catro mesiños. Aleitei en tándem durante dous anos, o destete de Alicia foi pactado, o de Nacho foi espontáneo durante o embarazo de Laura.


Para min aleitar ós meus fillos era o natural, non concebía non facelo, pero aínda pensaba que había mulleres que non tiñan leite suficiente, ou que non tiñan bo leite. Cando quedei preñada de Alicia, xa me informara o suficiente para saber que non era así, e que eu aleitaría ós meus fillos. O que non sabía era que o faría prolongadamente. Hoxe, eu, persoalmente, non concibo unha crianza que non conleve un aleitamento prolongado.

Cheguei a Bico de Leite no embarazo de Nacho, cando xa Alicia me fixera percorrer o camiño que me fixo libre e que me levou a buscar outras respostas porque as convencionais non valían con ela, respostas ás que cheguei gracias á lactancia materna. Alí atopei a mulleres que pensaban como eu, que aleitaban prolongadamente e sen prexuizos, e que querían facer da lactancia materna o que nunca debeu deixar de ser, e loitar contra a desinformación, e axudar a outras nais a aleitar ós seus bebés. E alí descubrín a miña vocación de asesora, quizais porque aínda que físicamente as miñas lactancias foron moi boas, psicolóxicamente non o foron tanto (nenos “baixiños de peso”, nenos que mamaban todo o día, que durmían pouco….. a eterna sombra da falta de leite), e sentía a necesidade de comunicar a outras nais que todo iso era normal, e que aleitar ós nosos bebés é o máis fermoso da crianza. Sentía a necesidade de axudar a que outras nais poideran experimentar o que se sinte ó alimentar ós teus fillos, cando te miran co bico na boca, cando acariñan o peito, cando aleitas a un bebé maior.

Ogallá chegue o día en que non fagamos falta, pero ata entón, seguiremos a traballar xuntas, gracias por estar ahí.

4 comentarios:

  1. Hola,
    Meu nome e María e son nai dunha nena de sete meses e medio. Os sete meses máis felices da miña vida. Dende sempre pensei que si un día tiña un fillo o amamantaría, non cabía outra opción. Cal foi a miña sorpresa cando naceu a miña nena, que me atopei cun mundo de falsos mitos da lactancia materna que me apabullou! Todos e todas tiñan dereito a opinar aunque no se lle pedira consello. Eu dixen, só lle vou a facer caso a miña matrona, e aunque os primeiros días moi lentamente, todo foi según tiña que ir. Tamén teño que agradecer a incondicional colaboración e apoio do meu marido, que fixo todo o posible para que a hora da lactancia, tanto a nena como eu estivesemos cómodas. Agora intento facer oidos sordos todo sobre estes mitos, a pesar que acabo dicindo "eu non son especial, está ocurrindo o que a natureza manda" E o que me da risa e que se quedan escandalizadas. Eu quédome co que lín nunha publicación e é "se unha nai do terceiro mundo non se plantexa se lle vai a dar biberón, porque non pode, e é capaz de sacar adiante o seu bebé, ¿cómo unha nai do primeiro mundo -sobrealimentada- non vai a ser capaz?". Para mí é o mellor momento do día, cando estamos a miña nena e máis eu e ela enganchada o meu peito! Agora que o sei, para mín sería moi triste non habelo feito. Tomou lactancia materna hasta os seis meses de forma exclusiva, e agora pois toma a súa papilla de verduras o mediodía e a de fruta pola merenda, pero eso sí, sígolle dando o peito sen horarios, sempre que a ela lle apetece (se ten sede, se ten mimo, se ten fame..., eu non me pregunto o por qué nin miro a hora do reloj para o peito). Asombroume a túa adicación de catro anos a túa nena maior, ¿cómo levaches a presión social? Porque a mín empezanme a mirar raro, e só ten sete meses... e quero chegar como mínimo os dous anos que recomenda a OMS, pero non terei inconvinte de dar mais.... Pero xa me din agora que estou tola e que eso non é bó para a miña nena... obviamente pasarei de esto, pero fastídianme este tipo de comentarios... Meu marido sigue a apoiarme, e é máis, cando empecei coa alimentación complementaria deulle a él máis pena que a mín, e aínda me dixo, é cedo para estas cousas...

    ResponderEliminar
  2. Hola, alégrome de que leves unha lactancia tan satisfactoria para tí e a túa nena, xa verás que aínda che queda moito por desfrutar. Halágame que fales de dedicación á miña nena maior, a verdade é que penso que non podería telo feito de outra forma, como dixen, ela foi quen me guiou, cando naceu Nacho, ela era moi pequeniña, 23 meses, e estaba totalmente enganchada á teta aínda, así que non vin outra saída que seguir. O certo é que os últimos seis meses que tomou teta foron moi relaxados, pedía cada 10-15 días, así que pactamos o destete cando cumprira catro anos.
    En canto á presión social, o certo é que non sufrín moita, pero penso que se tí o tes claro (e parece que o tes) e tes o apoio do teu home, pois os demás que digan o que queiran, está demostrado que a lactancia prolongada non só non prexudica aos bebés-nenos, senón que os beneficia, así que sen máis, intenta que non che afecten os comentarios, e listo.

    Graciñas por escribir, e se queres, xa sabes cando e onde nos reunimos, pódeste achegar cando queiras aínda que non teñas ningún problema coa lactancia.

    Bicos, Arantxa.

    ResponderEliminar
  3. Hola, chámome Patricia e teño un bebé de 14 meses ao que lle dou peito. Escribo esto porque me sentín identificada coa túa historia, o que dis da túa filla maior. O meu fillo tamén me ensinou moitas cousas, tivemos uns comezos algo complicados pero superámolos e agora colaboro cunha asociación coma a túa. Quero animar dende aquí a quen lea isto porque a lactancia é un camiño cheo de sorpresas. Gracias a todas as asesoras por estar ahí, por axudarme a chegar ata aquí, por permitirme descubrir un mundo máxico, intenso e cheo de emocions. Mil bicos.

    ResponderEliminar
  4. Gracias a tí por contárnolo, Patricia. Eu tamén teño que agradecerlle moitas cousas á lactancia, e a todas as persoas que, física ou virtualemtente, me acompañaron neste camiño.

    Biquiños.

    ResponderEliminar