tag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post7072801130866739408..comments2024-02-07T13:45:28.130+01:00Comments on Bico de leite: ArantxaBico de leitehttp://www.blogger.com/profile/17941472713494337641noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-526222500723538532010-07-10T09:37:45.580+02:002010-07-10T09:37:45.580+02:00Gracias a tí por contárnolo, Patricia. Eu tamén te...Gracias a tí por contárnolo, Patricia. Eu tamén teño que agradecerlle moitas cousas á lactancia, e a todas as persoas que, física ou virtualemtente, me acompañaron neste camiño.

Biquiños.Arantxahttps://www.blogger.com/profile/15420542862511607805noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-17919234680462186682010-07-06T01:36:58.741+02:002010-07-06T01:36:58.741+02:00Hola, chámome Patricia e teño un bebé de 14 meses ...Hola, chámome Patricia e teño un bebé de 14 meses ao que lle dou peito. Escribo esto porque me sentín identificada coa túa historia, o que dis da túa filla maior. O meu fillo tamén me ensinou moitas cousas, tivemos uns comezos algo complicados pero superámolos e agora colaboro cunha asociación coma a túa. Quero animar dende aquí a quen lea isto porque a lactancia é un camiño cheo de sorpresas. Gracias a todas as asesoras por estar ahí, por axudarme a chegar ata aquí, por permitirme descubrir un mundo máxico, intenso e cheo de emocions. Mil bicos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-62532845822184406282010-04-10T23:27:16.205+02:002010-04-10T23:27:16.205+02:00Hola, alégrome de que leves unha lactancia tan sat...Hola, alégrome de que leves unha lactancia tan satisfactoria para tí e a túa nena, xa verás que aínda che queda moito por desfrutar. Halágame que fales de dedicación á miña nena maior, a verdade é que penso que non podería telo feito de outra forma, como dixen, ela foi quen me guiou, cando naceu Nacho, ela era moi pequeniña, 23 meses, e estaba totalmente enganchada á teta aínda, así que non vin outra saída que seguir. O certo é que os últimos seis meses que tomou teta foron moi relaxados, pedía cada 10-15 días, así que pactamos o destete cando cumprira catro anos.
En canto á presión social, o certo é que non sufrín moita, pero penso que se tí o tes claro (e parece que o tes) e tes o apoio do teu home, pois os demás que digan o que queiran, está demostrado que a lactancia prolongada non só non prexudica aos bebés-nenos, senón que os beneficia, así que sen máis, intenta que non che afecten os comentarios, e listo.

Graciñas por escribir, e se queres, xa sabes cando e onde nos reunimos, pódeste achegar cando queiras aínda que non teñas ningún problema coa lactancia.

Bicos, Arantxa.Arantxahttps://www.blogger.com/profile/15420542862511607805noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2711017077338183917.post-57923194786912849902010-04-07T18:51:55.481+02:002010-04-07T18:51:55.481+02:00Hola,
Meu nome e María e son nai dunha nena de set...Hola,
Meu nome e María e son nai dunha nena de sete meses e medio. Os sete meses máis felices da miña vida. Dende sempre pensei que si un día tiña un fillo o amamantaría, non cabía outra opción. Cal foi a miña sorpresa cando naceu a miña nena, que me atopei cun mundo de falsos mitos da lactancia materna que me apabullou! Todos e todas tiñan dereito a opinar aunque no se lle pedira consello. Eu dixen, só lle vou a facer caso a miña matrona, e aunque os primeiros días moi lentamente, todo foi según tiña que ir. Tamén teño que agradecer a incondicional colaboración e apoio do meu marido, que fixo todo o posible para que a hora da lactancia, tanto a nena como eu estivesemos cómodas. Agora intento facer oidos sordos todo sobre estes mitos, a pesar que acabo dicindo "eu non son especial, está ocurrindo o que a natureza manda" E o que me da risa e que se quedan escandalizadas. Eu quédome co que lín nunha publicación e é "se unha nai do terceiro mundo non se plantexa se lle vai a dar biberón, porque non pode, e é capaz de sacar adiante o seu bebé, ¿cómo unha nai do primeiro mundo -sobrealimentada- non vai a ser capaz?". Para mí é o mellor momento do día, cando estamos a miña nena e máis eu e ela enganchada o meu peito! Agora que o sei, para mín sería moi triste non habelo feito. Tomou lactancia materna hasta os seis meses de forma exclusiva, e agora pois toma a súa papilla de verduras o mediodía e a de fruta pola merenda, pero eso sí, sígolle dando o peito sen horarios, sempre que a ela lle apetece (se ten sede, se ten mimo, se ten fame..., eu non me pregunto o por qué nin miro a hora do reloj para o peito). Asombroume a túa adicación de catro anos a túa nena maior, ¿cómo levaches a presión social? Porque a mín empezanme a mirar raro, e só ten sete meses... e quero chegar como mínimo os dous anos que recomenda a OMS, pero non terei inconvinte de dar mais.... Pero xa me din agora que estou tola e que eso non é bó para a miña nena... obviamente pasarei de esto, pero fastídianme este tipo de comentarios... Meu marido sigue a apoiarme, e é máis, cando empecei coa alimentación complementaria deulle a él máis pena que a mín, e aínda me dixo, é cedo para estas cousas...Anonymousnoreply@blogger.com