Por razóns de dispoñibilidade das nosas asesoras, a reunión de nais de Lugo deste venres 24 de febreiro terá lugar pola tarde, de 17 a 19 horas no lugar de sempre.
Agardámosvos!!!
miércoles, 22 de marzo de 2017
domingo, 12 de febrero de 2017
Asemblea Xeral 2017
Onte tivemos a nosa asemblea anual na que falamos de diversos temas e
renovamos a xunta directiva. Queremos darlle as gracias a Gloria que
sae, e dámoslle a benvida como Vicepresidenta a Montse. Gracias a todas
as que asististedes.
domingo, 15 de enero de 2017
Comezamos o ano con boas novas
"Unha Consultora de Lactación Certificada (IBCLC, International Board Certified Lactation Consultant polas súas siglas en inglés) é unha profesional da saúde especializada no manexo clínico da lactación materna. O IBLCE (International Board of Lactation Consultant Examiners) é o organismo internacional independente encargado de certificar a todas as IBCLCs do mundo.
As Consultoras Certificados en Lactación Materna traballan dentro duns estándares e de acordo a un código ético establecido polo IBLCE e aceptado polas propias Consultoras.
Para obter a certificación, é necesario acreditar previamente unha serie de horas de prácticas, coñecementos de anatomía e fisioloxía da Lactación e o crecemento infantil, e formación específica en Lactación Materna. Unha vez cubertos estes requisitos previos, é necesaria a superación dun exámen teórico, de dificultade universitaria, e a reacreditación cada cinco anos, como medio para garantir a actualización de coñecementos das Consultoras.
Hai máis de 27.450 IBCLCs traballando en 96 países de todo o mundo".
En Bico de leite xa contamos desde hai anos cunha asesora que é IBCLC, Patricia López Izquierdo, pero desde finais do ano pasado, temos unha nova asesora que é IBCLC, trátase de Esther Martínez Bécares, membro fundadora do noso grupo, presidenta do mesmo nos seus comezos, e membro da Xunta Directiva en varias ocasións.
Parabéns, Esther, estamos moi moi moi orgullosas de tí!!!
Aquí podedes vela asesorando a unha nai no Arde Lucus :-)

miércoles, 23 de noviembre de 2016
Ma...ma...maxia!
O sábado pasamos unha fantástica tarde en Foz con Zampacontoz e Ma...Ma...Maxia. Deixámosvos unhas fotiños.
domingo, 2 de octubre de 2016
Semana Mundial da Lactancia Materna
WABA
(Alianza Mundial a prol da Lactación Materna), entidade que traballa
conxuntamente coa OMS e UNICEF e coordina cada ano a celebración da Semana
Mundial da Lactación Materna (SMLM) fixo público o que será o lema da Semana
Mundial de Lactación Materna 2016:
Lactación Materna: clave para o
desenvolvemento sostible?
A
SMLM 2016 centrarase na relación da lactación materna coa sustentabilidade e
máis importante aínda, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
O
desenvolvemento sustentable significa o desenvolvemento que satisfai as
necesidades do presente sen comprometer as capacidades das xeracións futuras de
satisfacer as súas propias necesidades. A lactación materna é clave para o
desenvolvemento sustentable xa que vincula a lactación materna coa nutrición e
a seguridade alimentaria; a saúde co desenvolvemento e a supervivencia;
logrando unha produtividade económica e un potencial educativo completo xa que
a lactación materna é unha práctica ambientalmente sostible de alimentación en
comparación con outras alternativas.
No
2016 definiuse un novo conxunto de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
(ODS) baseados nos “asuntos pendentes” dos Obxectivos de Desenvolvemento do
Milenio e guiarán os programas de desenvolvemento para os próximos 15 anos.

Hai
17 obxectivos que se aplican a todos os países por igual, que abarcan non só
cuestións xerais como o cambio climático e a redución da pobreza senón tamén
cuestións máis específicas, que inclúen:
1.
Acabar coa fame e mellorar a desnutrición e a
sobre nutrición;
2.
Garantir unha vida sa e a promoción do
benestar;
3.
Garantir unha educación equitativa, e
4.
Garantir a produción agrícola e o consumo
sustentables.
Con
todo, a lactación materna non se menciona expresamente en ningún dos
obxectivos. Por tanto, o movemento da lactación materna ten que situar a
lactación materna en todas as formas posibles. Isto axudará a asegurar que a
lactación materna non se esqueza na nova era dos ODS.
Obxectivos da SMLM 2016:
·
Informar sobre os novos Obxectivos de
Desenvolvemento Sustentable (ODS) e como se relacionan coa lactación materna e
a alimentación de lactantes, nenos e nenas pequenas (ALNP).
·
Ancorar firmemente a lactación materna como
unha compoñente clave do desenvolvemento sustentable.
·
Impulsar unha variedade de accións de
lactación materna e alimentación infantil a todos os niveis, na nova era dos
ODS.
·
Participar e colaborar cunha ampla gama de
actores para a promoción, protección e apoio da lactación materna.
Feliz Semana Mundial da Lactancia Materna!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)