domingo, 15 de enero de 2017

Comezamos o ano con boas novas

"Unha Consultora de Lactación Certificada (IBCLC, International Board Certified Lactation Consultant polas súas siglas en inglés) é unha profesional da saúde especializada no manexo clínico da lactación materna. O IBLCE (International Board of Lactation Consultant Examiners) é o organismo internacional independente encargado de certificar a todas as IBCLCs do mundo.

As Consultoras Certificados en Lactación Materna traballan dentro duns estándares e de acordo a un código ético establecido polo IBLCE e aceptado polas propias Consultoras.

Para obter a certificación, é necesario acreditar previamente unha serie de horas de prácticas, coñecementos de anatomía e fisioloxía da Lactación e o crecemento infantil, e formación específica en Lactación Materna. Unha vez cubertos estes requisitos previos, é necesaria a superación dun exámen teórico, de dificultade universitaria, e a reacreditación cada cinco anos, como medio para garantir a actualización de coñecementos das Consultoras.

Hai máis de 27.450 IBCLCs traballando en 96 países de todo o mundo".


En Bico de leite xa contamos desde hai anos cunha asesora que é IBCLC, Patricia López Izquierdo, pero desde finais do ano pasado, temos unha nova asesora que é IBCLC, trátase de Esther Martínez Bécares, membro fundadora do noso grupo, presidenta do mesmo nos seus comezos, e membro da Xunta Directiva en varias ocasións.

Parabéns, Esther, estamos moi moi moi orgullosas de tí!!!

Aquí podedes vela asesorando a unha nai no Arde Lucus :-)





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada