domingo, 4 de octubre de 2015

Semana Mundial da Lactancia Materna 2015: Amamantar e traballar: logremos que sexa posible!!!!

Dende Bico de leite e dende todo o movemento social a favor da lactancia materna, recoñecemos:
Que a lactancia materna é un Dereito de todas as familias.
Que o apoio ás familias que amamantan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas, e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
Temos en conta:
Que os índices de inicio e prevalencia da lactancia materna experimentaron un aumento constante ao longo dos últimos 20 anos, o que representa que cada vez máis mulleres amamantan e o fan durante máis tempo.
Que esta evolución desenvolveuse paralelamente á incorporación masiva das mulleres ao mercado do traballo remunerado.
Que ao longo de todo este período, dende todos os sectores, fóronse reclamando novas medidas que permitan unha igualdade efectiva de homes e mulleres, que non incorran na falla de equidade ao desprezar ou ningunear a diferenza biolóxica, nin vaian en detrimento dunha axeitada crianza dos fillos.
Cremos necesario
Empoderar e apoiar a todas as mulleres que traballan nos sectores formais e informais, para que poidan combinar o seu traballo e a crianza dos seus fillos e fillas, e en particular, para que poidan amamantar.
Cando falamos de traballo, referímonos a todo o que poidan chegar a realizar as mulleres: como traballadoras asalariadas ou autónomas, por tempadas ou por contrato, e tamén incluimos o traballo doméstico, de coidado e crianza que habitualmente non recibe remuneración e queda invisibilizado.
E polo tanto, pedimos:
TEMPO: Seis meses de licenza de maternidade pagada.
ESPAZO: Centros infantis en ou preto dos lugares de traballo, e lugares privados para extraerse e almacenar o leite materno.
APOIO: De empregadores/as, administración, superiores, compañeiros e compañeiras de traballo con actitudes positivas para amamantar en público, así como seguridade laboral e ninguna discriminación por maternidade.
Feliz Semana Mundial 2015!!!
 
 
 

  
 
 




 
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada