martes, 5 de mayo de 2015

O son que me arrola

E despois de xantar, teremos una actuación musical para os mais pequenos, en colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, que é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.

"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación, e a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Deixámosvos un vídeo da Fundación TIC sobre a actividade para ir abrindo boca.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario